WANTED: NUBES POR OURENSE

Este ano non pode ser. A seca que estamos a sufrir debido á influencia dos anticiclóns que nos acompañan dende hai semanas conseguíu que a actividade que tiñamos programada de "Á Caza Fotográfica de Nubes por Ourense" terminase sen capturas. O pasado día 1o de marzo Ourense acadou a máxima temperatura de Europa! (ver noticia). Sen nubes non hai chuvia e sen chuvia os nosos embalses están baixo mínimos, no que vai de ano tan só choveu 11 días!! (ver noticia). Comeza a ser preocupante e nalgunhas zonas da provincia comezouse a restrición da auga para cultivo

Pantano de Cachamuíña. Foto:Faro de Vigo dixital

Noutros anos os "trofeos" obtidos por estas datas eran máis que salientables, pero non puido ser desta vez. En fin, non desistiremos, a partir de mañá seguro que algunhas nubes pasarán pola cidade ¿de que tipo serán? Namentres, Rebeca de 1ºB non quixo que quedásemos en branco e acudíu ao "coto" de Internet para ofrecernos o seguinte traballo:

Á CAZA FOTOGRÁFICA DE NUBES POR OURENSE on PhotoPeach

Comentarios