domingo, 26 de abril de 2015

ABRINDO PORTAS 2015: CATEDRAL DE OURENSE


Debuxo Jorge Arranz

Continuando co proxecto de patrimonio e cidade que se ven desenvolvendo dende hai varios cursos no colexio, o alumnado de 2º de ESO profundou no coñecemento da Catedral de Ourense. Para isto contamos coa colaboración dun dos mellores expertos na materia como é Jesús Manuel García Díaz, periodista especializado en patrimonio e autor da tese sobre a Praza de San Martiño e que conta con innumerables artigos e publicacións amais dunha ampla experiencia nas visitas guiadas á Sé Auriense.

Dende unha perspectiva histórica abordamos esta segunda fase do proxecto Abrindo Portas 2015. Nunha primeira etapa percorrimos a cerca e as portas medievais da cidade. Nesta segunda fase achegámonos a unha das súas construcións significativas. A Catedral é un deses elementos simbólicos que caracterizan a Ourense, pero decatámonos que seguía a ser unha gran descoñecida. Para dar solución a isto, partimos dun estudo previo con materiais propios que nos axudou a coñecela e tamén para preparar a visita ás nosas aulas dun experto na materia como é Jesús Manuel García Díaz. Descubrimos que é unha catedral, a evolución histórica das plantas, o simbolismo, as fases construtivas, os diferentes estilos artísticos, os avatares que sufríu ao longo da historia e algúns segredos que de seguro o noso alumnado non esquecerá. Dúas xornadas teóricas na aula e unha visita guiada remataron esta fase do proxecto.

A Catedral, sen dúbida, é un deses lugares onde podemos afinar os sentidos. Escoitar os sons das campás, a música do órgano, o eco das voces no seu interior, o son das pisadas e o canto na liturxia. O olor das velas, do incienso ou as flores. A vista, coas súas dimensións cara o ciborio, o magnífico Pórtico do Paraíso, as cores, marcas de canteiro, relevos e frescos. Tamén o tacto sobre as frías pedras, a reixería ou a madeira do coro.

Patrimonio e cidade ao servizo da educación.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER