miércoles, 25 de marzo de 2015

ESPÍRITO TED PARA A TÚA AULA


De seguro son ben coñecidas para moitos docentes as famosas charlas TED ou as súas variantes TEDx. As primeiras porque dubido que alguén no mundo do ensino ainda non coñeza a Sir Ken Robinson e o video máis visto da historia dos TED: As escolas matan a creatividade. Nas segundas , os TEDx, tiven  a sorte de poder participar en dúas ocasións no #TEDxGalicia,  en Ourense no 2012 e Pontevedra no 2013, experiencias ambas moi positivas.

Crédito


As charlas TED teñen unhas condicións que non son aptas para calquera conferenciante. Algunhas  delas poderían servir para optimizar a nosa "performance" na aula.

1.- Non sexas previsible. Esperta a curiosidade dende o primeiro minuto para enganchar e captar a atención do alumnado. Non hai nada peor que un profesor previsible e aburrido e nada máis gratificante que un profesor que é quen de captar a atención do alumnado e espertar o seu interés, un #profesorinteresante.

Créditos
2. Terás un gran soño. Amosa algo maravilloso ou ben comparte algo interesante co teu alumnado que non compartiras antes.
Crédito

3. Non venderás o teu proxecto como se fose algo fora do normal. Falamos de vender, porque en realidade somos como comerciais que venden un produto, neste caso é o coñecemento. Non esquezas aplicar o principio AIDA, Atención, Interés, Desexo e Acción.
Crédito

4. Lembrarás en todo momento que rir é bo. Fai que eles rían tamén. Que as clases sexan divertidas non quere dicir que non sexan serias. Nunha entrada anterior analizamos como ser un "profesor Tamariz".
Créditos

5. Amósalles a túa curiosidade e a túa paixón. Crea expectativas porque son como o envoltorio do produto. As expectativas non se crean lendo apuntes ou o libro, con isto conseguimos matar a curiosidade e difumínanse as expectativas. Invítalles a pensar, para que falen, poidan expresarse con liberdade e se sintan a gusto. Fomenta a participación dotando de espazos na aula para compartir inquedanzas, esas que están no entorno inmediato e lle son familiares.
Crédito

6. Abandona o ego persoal. O neno que levamos dentro xa non existe, calquera tempo pasado non foi mellor, senon diferente. Se preparamos as sesións pensando no neno que nós fumos teremos moitas posibilidades de non chegar e non conectar coas súas motivacións.

Crédito
7. Fala dos teus éxitos e tamén dos teus fracasos, dos teus medos, as túas vivencias e experiencias. Compartimos tempo e compartimos vida.
Crédito







webgrafía:

http://blogs.elpais.com/laboratorio-de-felicidad/2013/05/curiosidad.html
http://www.cosasdeeducacion.es/como-despertar-la-curiosidad-en-el-alumno/
http://www.efdeportes.com/efd47/sueno.htm
http://jccubeirojc.blogspot.com.es/2013/06/las-reglas-de-ted-para-una-presentacion.html
http://justificaturespuesta.com/5-consejos-para-motivar-a-tus-alumnos-en-clase/

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER