domingo, 26 de abril de 2015

ABRINDO PORTAS 2015: CATEDRAL DE OURENSE


Debuxo Jorge Arranz

Continuando co proxecto de patrimonio e cidade que se ven desenvolvendo dende hai varios cursos no colexio, o alumnado de 2º de ESO profundou no coñecemento da Catedral de Ourense. Para isto contamos coa colaboración dun dos mellores expertos na materia como é Jesús Manuel García Díaz, periodista especializado en patrimonio e autor da tese sobre a Praza de San Martiño e que conta con innumerables artigos e publicacións amais dunha ampla experiencia nas visitas guiadas á Sé Auriense.

Dende unha perspectiva histórica abordamos esta segunda fase do proxecto Abrindo Portas 2015. Nunha primeira etapa percorrimos a cerca e as portas medievais da cidade. Nesta segunda fase achegámonos a unha das súas construcións significativas. A Catedral é un deses elementos simbólicos que caracterizan a Ourense, pero decatámonos que seguía a ser unha gran descoñecida. Para dar solución a isto, partimos dun estudo previo con materiais propios que nos axudou a coñecela e tamén para preparar a visita ás nosas aulas dun experto na materia como é Jesús Manuel García Díaz. Descubrimos que é unha catedral, a evolución histórica das plantas, o simbolismo, as fases construtivas, os diferentes estilos artísticos, os avatares que sufríu ao longo da historia e algúns segredos que de seguro o noso alumnado non esquecerá. Dúas xornadas teóricas na aula e unha visita guiada remataron esta fase do proxecto.

A Catedral, sen dúbida, é un deses lugares onde podemos afinar os sentidos. Escoitar os sons das campás, a música do órgano, o eco das voces no seu interior, o son das pisadas e o canto na liturxia. O olor das velas, do incienso ou as flores. A vista, coas súas dimensións cara o ciborio, o magnífico Pórtico do Paraíso, as cores, marcas de canteiro, relevos e frescos. Tamén o tacto sobre as frías pedras, a reixería ou a madeira do coro.

Patrimonio e cidade ao servizo da educación.


miércoles, 25 de marzo de 2015

ESPÍRITO TED PARA A TÚA AULA


De seguro son ben coñecidas para moitos docentes as famosas charlas TED ou as súas variantes TEDx. As primeiras porque dubido que alguén no mundo do ensino ainda non coñeza a Sir Ken Robinson e o video máis visto da historia dos TED: As escolas matan a creatividade. Nas segundas , os TEDx, tiven  a sorte de poder participar en dúas ocasións no #TEDxGalicia,  en Ourense no 2012 e Pontevedra no 2013, experiencias ambas moi positivas.

Crédito


As charlas TED teñen unhas condicións que non son aptas para calquera conferenciante. Algunhas  delas poderían servir para optimizar a nosa "performance" na aula.

1.- Non sexas previsible. Esperta a curiosidade dende o primeiro minuto para enganchar e captar a atención do alumnado. Non hai nada peor que un profesor previsible e aburrido e nada máis gratificante que un profesor que é quen de captar a atención do alumnado e espertar o seu interés, un #profesorinteresante.

Créditos
2. Terás un gran soño. Amosa algo maravilloso ou ben comparte algo interesante co teu alumnado que non compartiras antes.
Crédito

3. Non venderás o teu proxecto como se fose algo fora do normal. Falamos de vender, porque en realidade somos como comerciais que venden un produto, neste caso é o coñecemento. Non esquezas aplicar o principio AIDA, Atención, Interés, Desexo e Acción.
Crédito

4. Lembrarás en todo momento que rir é bo. Fai que eles rían tamén. Que as clases sexan divertidas non quere dicir que non sexan serias. Nunha entrada anterior analizamos como ser un "profesor Tamariz".
Créditos

5. Amósalles a túa curiosidade e a túa paixón. Crea expectativas porque son como o envoltorio do produto. As expectativas non se crean lendo apuntes ou o libro, con isto conseguimos matar a curiosidade e difumínanse as expectativas. Invítalles a pensar, para que falen, poidan expresarse con liberdade e se sintan a gusto. Fomenta a participación dotando de espazos na aula para compartir inquedanzas, esas que están no entorno inmediato e lle son familiares.
Crédito

6. Abandona o ego persoal. O neno que levamos dentro xa non existe, calquera tempo pasado non foi mellor, senon diferente. Se preparamos as sesións pensando no neno que nós fumos teremos moitas posibilidades de non chegar e non conectar coas súas motivacións.

Crédito
7. Fala dos teus éxitos e tamén dos teus fracasos, dos teus medos, as túas vivencias e experiencias. Compartimos tempo e compartimos vida.
Crédito







webgrafía:

http://blogs.elpais.com/laboratorio-de-felicidad/2013/05/curiosidad.html
http://www.cosasdeeducacion.es/como-despertar-la-curiosidad-en-el-alumno/
http://www.efdeportes.com/efd47/sueno.htm
http://jccubeirojc.blogspot.com.es/2013/06/las-reglas-de-ted-para-una-presentacion.html
http://justificaturespuesta.com/5-consejos-para-motivar-a-tus-alumnos-en-clase/

lunes, 9 de febrero de 2015

DESTREZAS DE PENSAMENTO: PONTES DE OURENSE

David Perkins dí que "o obxectivo de ensinar a pensar é o de preparar ao alumnado para que, nun futuro, poidan resolver problemas con eficacia, tomar decisións ben meditadas e disfrutar de toda unha vida de aprendizaxe."

Fonte da imaxe: enlace

As destrezas de pensamento diferéncianse das rutinas en que son máis elaboradas e apóianse en organizadores gráficos como os que amosamos no documento de traballo desta entrada. Foi empregado para o tema de arte do XIX en 4º de ESO. O obxectivo é facer visible o pensamento para desenvolver as distintas habilidades a través de destrezas que nos permitan realizar un tipo de pensamento dun xeito coidadoso e con habilidade.

A destreza de comparar e contrastar axuda a reter na memoria e amosar a relación entre os diversos fragmentos de información. Esta actividade fíxose ao inicio da sesión, acompañada dunha serie de cuestións guía, para que o alumnado tirase as súas propias conclusións.

Fotne da imaxe: enlace

As destrezas de pensamento diferéncianse das rutinas en que son máis elaboradas e apóianse en organizadores gráficos como os que amosamos no seguinte documento de traballo, empregado para o tema de arte en 4º de ESO.


miércoles, 28 de enero de 2015

VISITA AO AHPOu EXPOSICIÓN PAI FEIJOO: RUTINAS DE PENSAMENTO

Un dos motivos da visita ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense realizada neste mes de xaneiro foi, por unha parte, achegarnos á figura do Pai Feijoo e completar "in situ" os contidos dos ilustrados galegos e por outra, reflexionar sobre o significado da estatua do Pai Feijoo nos xardíns que, actualmente, levan o seu nome e daquelas fora un terreo propiedade do Bispado, correspondente á parte traseira do Seminario de San Fernando.



Cita Pablo Sánchez Ferro, director do AHPOu, que "estamos nun contexto de creación de identidades colectivas burguesas da sociedade liberal decimonónica, entre as que emerxe o sentimento galeguista, a reivindicación dunha historia e dunha realidade cultural propia e diferenciada en relación co resto dos pobos." 



No ano 1842 o provincialista Antolín Faraldo comezou a reivindicar a figura do Pai Feijoo aos que lle seguirían Murguía ou Lamas Carvajal. Ante a escasez de recuros económicos decídese convocar un certame literario e unha comisión, como impulsores da iniciativa. Aínda que a idea de erixir unha estatua a este ourensán ilustre xorde a mediados do XIX non se materializará ata o 8 de setembro de 1887, data da súa inauguración. A obra é do escultor catalán Soler, e dicir como curiosidade que custou 30.000 pesetas da época.




Unha rutina de pensamento que pode axudar para o inicio da unidade ou deste tema en concreto é KWL (Que sei-Que quero saber-Que aprendín). 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER