martes, 15 de abril de 2014

ENCONTROS CON... PABLO SÁNCHEZ FERRO





"Encontros con" é unha tarefa integrada nun proxecto de intelixencias múltiples que estamos a desenvolver ao longo do curso. Traballamos de xeito especial a intelixencia interpersoal, que é a capacidade de comprender aos demais e interactuar eficazmente con eles, e a lingüístico-verbal que responde á capacidade de formular o pensamento en palabras e empregar a linguaxe de xeito eficaz.

A entrevista foi realizada o día 10 de marzo de 2014 nas instalacións do AHPOu por un grupo de alumnos e alumnas de 2º ESO e participaron un total de 60 alumnos na redacción do cuestionario que compartimos nunha entrada anterior.



O feito de potenciar o patrimonio resposde a un dobre motivo. O primeiro é de carater legal. Segundo dispón a Lei de Patrimonio Cultural da Comunidade Autónoma de Galicia 8/1995 de 30 de outubro na disposición adicional 4ª "o coñecemento do patrimonio cultural de Galicia será valorizado dentro do sistema educativo obrigatorio, nos seus diferentes niveis". A propia LOE no capítulo 3, art.23 j, establece que debemos de "coñecer, valroar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos demais, así como o patrimonio artístico e cultural", material e inmaterial.

O segundo motivo é a firme convicción de que para valorar o noso patrimonio debemos coñecelo e estudalo dende unha perspectiva motivadora. A moticavión abre as portas do coñecemento e só podemos aprender aquelo que amamos.

Torre dos Brancos e sé do AHPOu. Foto: José L. Guede

Disfrutade destos minutos con Pablo Sánchez Ferro e atención ao final, non fagades como nas películas que temos a mala costume de levantarnos ser ver os créditos. Á volta das vacacións de Semana Santa continuaremos co noso terceiro convidado co que xa contactamos, e ademais teremos dúas sorpresas moi interesantes que se sumarán a este proxecto.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER