lunes, 17 de marzo de 2014

VISITA AO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE


Foto AHPOu

O pasado 10 de marzo un grupo de 30 alumnos e alumnas de 2º de ESO desprazouse ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense para desenvolver unha actividade encuadrada no proxecto "Encontros con" e que integraremos como unha actividade máis do proxecto titulado "Abrindo Portas". Entendo que encaixa nos obxectivos propostos inicialmente e contribúe a enriquecer sobre a marcha o proxecto, engadíndose ás tarefas que xa temos realizadas.

Para ambos casos o obxectivo principal é descubrir o patrimonio local e aproveitar as múltiples posibilidades que nos ofrece a cidade, como unha gran aula aberta á nosa disposición. Non podemos deixar pasar a oportunidade de descubrir a enorme riqueza da que dispomos e poñela en valor a través da ollada dos máis novos. "Abrindo Portas" céntrase inicialmente nun período concreto que é a Idade Media pero que desexo continúe adiante e poida ampliar épocas históricas e tamén prehistóricas.

"Encontros con" dá resposta a un proxecto de intelixencias múltiples no que a intelixencia lingüística e interpersoal xogan un papel destacado. A intelixencia interpersoal é a maneira de interactuar eficazmente con outros. A intelixencia lingüístico-verbal responde á capacidade de formular o pensamento en palabras e empregar a linguaxe de maneira eficaz. O formato de entrevista cumple estas expectativas e o cuestionario parte dun traballo cooperativo previo.

Foto José L. Guede

Misturando ambos proxectos xurdíu a ocasión de realizar esta actividade grazas á colaboración do director do AHPOu, Pablo Sáchez Ferro que amosou un gran interés ao ser a primeira vez que un grupo de estudantes de estas características acudía ao Arquivo. Un reto, cun traballo previo para acordar os aspectos básicos desta experiencia, e tamén un logro.

Foto AHPOu

Segundo publica o propio Arquivo "Visitar o AHPOu serviu para descubrir ao alumnado o valor do do patrimonio documental como fonte de coñecemento do pasado. A actividade consistiu no comentario de documentos, nun percorrido polas instalacións e nunha entrevista ao director."


Foto AHPOu

A entrevista nestos momentos estamos a editala e darlle formato, tivemos un pequeno contratempo e faise necesario cortar un par de minutos. O feito de grabar en directo é o que ten, asumimos esos riscos pero teremos que tomar nota para vindeiras ocasións e evitar que se perda parte da información.

Pablo Sánchez nun momento da visita cun grupo de alumnos mentres outro realizaba unha actividade diferente no propio Arquivo.
Foto José L. Guede

Comparto o documento íntegro da entrevista realizada, evidentemente as respostas que non teño transcritas son o máis interesante. Haberá que agardar ao video.




Observaredes que ao remate da entrevista hai dúas cuestións que anticipan un novo proxecto: Recunchos de Ourense.
As conclusións do alumnado foron moi positivas e as compartiremos proximamente. Agradezo a Pablo Sánchez Ferro e aos técnicos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense a súa predisposición, colaboración e profesionalidade para que esta experiencia fose un éxito.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER