viernes, 15 de junio de 2012

POBOS PRECOLOMBINOS

Marta Otero de 2ºA ofrécenos esta animación sobre os pobos precolombionos que está realmente ben.


Nunha das entradas que levan por título "a man ou a máquina" xa vos fixen referencia a algunhas ferramentas para deseñar as vosas propias historias. Seguirei ampliando este apartado para ofrecervos máis alternativas que poidan ser de interés para os vosos traballos.



Marta nesta ocasión decidiuse por Go Animate, unha ferramenta 2.0 de animación  online de rexistro gratuito e sen necesidade de instalar ningún programa no teu ordenador. Esta versión gratuita limita o tempo de duración dos videos e non deixa descargalo no disco duro pero sí compartilo a través das redes sociais.

Unha vez realizado o rexistro o seu manexo é moi intuitivo. Seleccionamos o ambiente que máis nos encaixe coa historia que queremos contar, ou a que máis nos guste. Selccionar as persoaxes e os diálogos. Existe unha divertida opción que é a de poñer a nosa cara subindo unha imaxe dende o noso ordenador.


martes, 5 de junio de 2012

40 ANIVERSARIO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Alá polo 1972, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente (DMMA). Ver vídeo.

Este día é un dos principais vehículos de difusión e sensibilización en temas medio ambientais que as Nacións Unidas ten para promover políticas de concienciación global. Iste ano 2012 conmemóranse o 40º aniversario e o lema é "Economía verde ¿Inclúete?".


Fonte da imaxe: enlace

No 1974 nace o primeiro lema, "Só unha Terra". No 1989 fíxose en Bélxica un especial fincapé no quecemento global e no 2007 en Noruega abordouse o tema do desxeo. No 2004 tivo como sé mundial a Barcelona baixo o lema "Búscanse mares e Océanos ¿Vivos ou Mortos?" Antes de centrar o tema no lema de este ano, gustaríame presentarvos unha ferramenta realmente curiosa e que amosa o cambio que sufrirían as costas ante o desxeo en relación aos lemas que sinalei anteriormente. Centreime na costa galega e concretamente nas Rías Baixas, naqueles lugares onde adoitamos pasar as nosas vacacións de verán.

Flood.firetree.net é un simulador de inundacións con Google Maps co que se pode observar o efecto da subida dos niveis de mar sobre as costas que vai dende 1 metro ata os 60 metros. A miña simulación amosa resultados espectaculares e  foi a seguinte:

Baiona - 7 metros
Baiona - 60 metros


Ría de Vigo - 60 metros

Sanxenxo e as Ons - 60 metros
Illas Cíes e Ría de Vigo - 60 metros


Como indiquei ao inicio do post, este ano o lema fai referencia á economía verde que se define como a ciencia da xestión da sustentabilidade entendida como a capacidade da humanidade para vivir dentro dos límites ambientais. Brasil é a sé desde 2012 e xa se están a desenvolver políticas de concienciación como a campaña de separar o lixo, separeolixo.com que pretender concienciar á sociedade brasileña nun cambio de hábitos destacando no só os beneficios medio ambientais senon tamén sociais e económicos. Unha das imaxes típicas dos países latinoamericanos que me chamou a atención nas miñas visitas, foi á dos recollelatas. Iste é un anuncio da TV brasileña en relación a esta campaña e aos recollelatas.




A nosa contribución, amáis da concienciación medioambiental e de recilcaxe que se ven facendo dende hai anos unida aos proxectos desenvolvidos no Colexio, como a Plan de Xestión de Residuos e as actividades desenvlovidas no último ano encuadradas dentro do Plan Estratéxico de Centro en materia medioambiental, quixera destacar a recente participación do alumnado de 3º ESO que abordou un proxecto de recuperación das marxes do río Barbaña, por segundo ano consecutivo e coordinado polo profesor de Bioloxía Juan Carlos. Esta actividade está encuadrada dentro do Proxecto Voz Natura que ten como finalidade entre outras, protexer e recuperar os ecosistemas de Galicia.

Algunhas suxestións para celebrar o día recóllense neste pdf, alfabeto do DMMA 77 formas de celebrar.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER