jueves, 29 de marzo de 2012

A MAN OU A MÁQUINA IIII: LIÑAS DO TEMPO


¿Para que estudar Historia? Ista é unha boa pregunta que nos formulamos antes de dar paso ao bloque correspondente á Prehistoria e Historia Antiga en 1º. Para subsanar esta carencia que ten o noso libro de texto, entregamos unha serie de apuntes e actividades para facer esta pequena transición da parte da Xeografía á Prehistoria.

Para algunha das actividades propostas fixemos referencia aos eixos cronolóxicos. Hoxe temos a posibilidade de recurrir a distintas aplicacións na rede. Estos "timelines" ou liñas do tempo dixitais ofrecen múltiples posibilidades como procedemento para as Ciencias Sociais.



Entre todas elas destaco DIPITY, que é a que eu emprego maioritariamente. É unha aplicación que nos permite crear atractivas liñas do tempo na que podemos inserir texto, audio, imaxe, video, mapas, links, etc.A escala na que nos permite movernos vai dende os 500 anos ata 1 hora. De seguido un tutorial e tamén un video neste enlace.



E un exemplo de eixo cronolóxico sobre Castelao.






Outra ferramenta que nos permite crear eixos cronolóxicos dun xeito intuitivo é XTIMELINE. Coma no anterior, é preciso rexistrarse e tamén está en inglés.



Temos a posibilidade de traballar de forma colaborativa e tamén deixar o noso traballo de forma pública para que calquera poida engadir contido. É unha ferramenta moi intuitiva e acepta o emprego de tiles e "Ñ", amais de inserir elementos como imaxes, videos. Ten como dificultade que non admite audios e non é tan atractiva visualemente falando como Dipity.



TIMERIME é unha ferramenta en castelán, pouco atractiva visualmente e algo máis complicado o seu manexo que os anteriores pero en todo caso, unha boa opción para os nosos eixos cronolóxicos. Déixovos un breve titorial.





Para rematar TIMETOAST é outra atractiva aplicación en inglés, novamente, e que nos permite distintas visualizacións dos nosos datos, tanto como liña do tempo ou como listado de acontecementos. Permítenos personalizar os nosos traballos, é intuitiva e moi atractiva.  Como inconvintes, non permite o emprego de "Ñ" ou til, nen inserir video ou audio. Todos os traballos deben ser públicos e obriga a poñer día, mes e ano.

martes, 27 de marzo de 2012

A BOTICA DE 1º

Concluímos o bloque de climatoloxía cunha actividade que comezou así.

"Cóntase que certo día, na selva que hoxe pertence a Perú, unha tormenta derrubou unha árbore que caeu nunha poza de auga estancada. Co paso do tempo, a auga destruíu a cortiza e absorbeu os seus elementos. Un indíxena que pasou por alí e que estaba enfermo das febres da malaria, bebeu auga daquela poza e as febres desapareceron. Non sabemos se os feitos sucederon exactamente así, pero o que sí é certo e que da cortiza desta árbore sacouse en 1638 unha substancia, a quinina, que segue a ser o mellor remedio para combater a malaria, unha grave enfermidade infecciosa á que están expostas miles de persoas no mundo. Esto é só un exemplo. Na actualidade, case a cuarta parte dos medicamentos levan compoñentes ou substancias que se extraen dos bosques ecuatoriais."

BIANCHI, A. A farmacia máis grande do mundo. Ed. Newton 1999

Selva Amazónica - Rain Forest

Plantexámonos o tema da deforestación e tamén os usos que se lle dá á madeira, as funcións dos bosques tropicais e selvas ecuatoriais.

Tala da árbore da caoba


Cando fixemos referencia ao texto co que inicio a entrada de hoxe, orientamos o tema cara ás plantas medicinais que se empregaban antigamente nas nosas aldeas. Uha vez máis recurrimos á axuda dos mellores especialistas na materia, os nosos avós e avoas.

Achegamos información e fixemos uns murais. De seguido pasamos a recolleita de exemplos cos que ilustrar a exposición e o resultado foi o seguinte:

A BOTICA DE 1º on
 

domingo, 18 de marzo de 2012

PROFESOR TAMARIZ

Lía hai uns días un artigo no blog de Raúl Hernández González (@rahego) titulado Los siete trucos de Tamariz para hablar en público que me inspirou a redacción da entrada de hoxe. Para os que a estas alturas non coñezades quen é Juan Tamariz, direivos que é un "mozo" de case oitenta anos, ilusionista, mago ou showman especializado en trucos con cartas e para todo o demáis Wikipedia.

Neste momento de cambio educativo no que nos atopamos, a presencia das TIC´s leva copando páxinas nos diarios, revistas especializadas e e non especializadas, conferencias, cursos, encontros, seminarios, radio, televisión e internet, como non, incluídas as redes sociais con especial atención a Twitter. Das TIC ás TAC; as TIC, TAC, TOC; da escola 1.0 á escola 2.0 e xa vamos en 3.0. As tecnoloxías non son a panacea nen son a solución e moito menos o substituto da educación. Falemos das persoas. A educación é dende as persoas e para as persoas. Un dos secretos de Tamariz é sen dúbida o seu talento para conectar coa audiencia e manexar a atención do espectador. Os mestres somos Tamariz e as TIC as cartas que temos na man, a nosa audiencia o alumnado:


"¿Que podemos aprender os demáis de Juan Tamariz cando nos subamos a un escenario a falar en público?"

¿Que podemos aprender os mestres de Juan Tamariz cando entramos nun aula e falar ante o noso alumnado? Creo que este perfil é perfectamente aplicable para nós como docentes.

  • Naturalidade:
"Tamariz no escenario é absolutamente natural (...) Tamariz fai que todo flúa, que todo pareza no seu sitio. No me cabe dúbida de que o espectáculo está unha e mil veces ensaiado, que todo está definido de antemán; pero ao mesmo tempo está (quizáis polo propio efecto de telo ensaiado tanto) tan perfectamente puido que resulta natural."
Fonte da imaxe: enlace 
Non chega con dominar a materia senon que hai que dominar a arte de transmitir, pero non como hai vinte anos atrás, cos mesmos exemplos, os mesmos apuntes e o mesmo discurso. En Arcix (@ArcixFormacion) recalcan sempre o sentido de recuperar as cuestións, porque recoñezamos que é tremendamente inútil ofrecer respostas a quen non plantexa cuestións.  É preciso potenciar o valor humán da transmisión do coñecemento, presentarse con naturalidade e cuestionarse que é o que ofreces e esperas recibir a cambio. As improvisacións son malas compañeiras nesta aventura. Lanza retos, coma quen non quere que vai con él a cousa, esperta esa curiosidade que está ahí espectante, notarás a diferenza.


  • Cercanía:
"hai quen, ademáis da barreira natural que supón moitas veces o escenario con respecto á audiencia, encárgase de erguer unha barreira adicional; “eu estou eiquí enrriba, vós aí abaixo… eu estou por riba de vós”. Tamariz encárgase de romper calqueiera barreira. É, simplemente, un de nós. Na súa linguaxe, na súa actitude… non hai nada que te alonxe dil, senon máis ben ao contrario."
Fonte da imaxe: enlace


Estaredes dacordo que o rol do mestre está a mudar. Convertémonos en acompañantes dunha aprendizaxe  que é de ida e volta, porque non esquezamos que nós tamén aprendemos con e do alumnado. O que Montserrat del Pozo chama "profesor sherpa". Cando o mestre consegue facer do seu traballo a súa verdadeira vocación consegue, en definitiva, baixarse ao nivel dos que aprenden e reduce ao mínimo a distancia profesor-alumno que en tempos parecía insalvable. Existía unha infranqueable liña vermella que ninguén osaba traspasar. Este é o gran reto que nos agarda. Tras anos de estudos universitarios, os futuros profesores enfrontaranse a un grupo de adolescentes en plena ebullición desexosos de gañar ese pulso inicial. Evidentemente a universidade non prepara para sobrevivir a este reto, sendo a iniciativa persoal, o carisma e o amor pola profesión a que che da esas forzas necesarias para manter, non pola forza da autoridade imposta senon pola forza da palabra e as obras e por tanto pola autoridade outogada, un clima de cercanía. A cercanía será, por tanto, un dos nosos grandes aliados sen dúbida.

Humor:

"o humor é un gran lubricante para a transmisión de ideas, para acadar a sintonía na comunicación, para deixar pegada."
Fonte da imaxe: enlace
Moitos profesores pensan que o humor consiste en colocarse unha nariz vermella.  Conseguir que o teu alumnado desexe vir a primeira hora do luns ás túas clases ou que non se acabe a derradeira sesión do venres é algo que nos sucede con frecuencia ¿verdade? Aprender estratexias ou prácticas para seducir ao alumnado son fundamentais no noso quefacer diario. Que as clases sexan divertidas non quere dicir necesariamente que non sexan serias.


  • Xestualidade:
"a capacidade de comunicación da linguaxe non verbal. Tamariz emprega todo o seu corpo para comunicar. Non dubida en explotar o seu punto histriónico, sen vergonza ningunha, para acompañar o que dí."
Fonte da imaxe: enlace

A xestualidade non é exclusiva do profesor de educación física, o mestre de infantil ou do profesorado de ELE.  A nosa profesión é un traballo comunicativo onde a expresividade xoga un papel fundamental. É importante incoporar vivencias propias á docencia, tanto persoais coma profesionais, convertíndonos en protagonistas creativos da experiencia educativa. A voz, as mans, o corpo en definitiva están ao servizo dos conceptos que queremos transmitir. Que cada clase deixe unha pegada imborrable no alumnado é un logro a acadar.

  • Expectación:
"lembro un dos seus números, con un mazo de cartas. Unha pequena cámara enfocaba a súa man mentres suxeitaba as cartas, e unha pantalla reproducía o momento. Nese momento mirei ao redor; máis de mil persoas tiñan a mirada fixa na pantalla. E o que me resultou máis impresionante: non se escoitaba a ninguén nin respirar. Silencio absoluto, atención plenamente concentrada no que ía acontecer. Se eres capaz de crear un momento coma ise… é que verdadeiramente conseguiches impacto."
Fonte da imaxe: enlace

Lía un tuit de Camino López (@caminologa) no que dicía que o alumnado se distraía con TIC igual que sen TIC. Totalmente dacordo. É a nosa responsabilidade a de crear o ambiente apropiado para a aprendizaxe significativa, esa que chega pola emoción do propio descubrimento. Aportaba tamén a necesidade de que o alumnado cree novos contidos o que xeraría unha nova e interesante expectación para nós coma docentes. Deixamos de ser actores para convertirnos tamén en espectadores. Expectación de ida e volta.

  • Involucración de la audiencia:
"o espectáculo de Tamariz non é do tipo “eu falo, vós mirades”.Está permanentemente facendo participar ao público."
Fonte da imaxe: enlace

O profesor mediador que xenera expectativa, motiva e implica ao alumnado é outro dos asuntos clave no mundo educativo. Involucrar ao alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe e inculcar a pasión por aprender a aprender para toda a vida non só é un dos grandes retos senon que hoxe en día é unha auténtica necesidade. 


  • Pasión:
"un podería pensar que, con case 80 años e toda unha vida nos escenarios, Tamariz debería estar cansado. Que podería adoptar unha actitude funcionarial nos seus espectáculos, “veño, fago o meu, cobro e voume”. O que eu vin no escenario foi un neno absolutamente entusiasmado co que facía. Imaxinábao na súa casa, dando saltos e palmitas cada vez que executara un número. E esa pasión, ese entusiasmo, é a pedra angular que servíu como catalizador de todo o espectáculo. Sen pasión, ¿cómo vas a emocioar, a conmover… a comunicar?"


Se non tes pasión polo que fas non entres nun aula. Lembrade o voso mestre favorito, inspirádevos noutros colegas que, independentemente da idade, amosan unha pasión polo ensino, sentídevos entusiasmados novamente polo voso quefacer diario. Dí Sir Ken Robinson que atopar a túa pasión o cambia todo. ¿Que é o que fai que te ergas cada mañá?, ¿lembras cando foi a derradeira vez que sentiches verdadeira pasión polo ensino?, ¿imaxinas facendo outra cousa que non sexa ensinar?, ¿acudes ás clases con entusiasmo?...

jueves, 15 de marzo de 2012

A CHUVIA ÁCIDA

Siguen as alumnas de 1º ofrecéndonos traballos realmente interesantes. A entrada de hoxe correspóndelle  a Paula de 1º A.



Falounos da Chuvia Ácida e para a súa exposición acompañouse dunha moi lograda maqueta realizada por ela mesma na que recolle o proceso deste fenómeno causado polo ser humán:


A chuvia ácida é unha forma máis de polución na que a chuvia é máis ácida do normal. ¿Que quere dicir máis ácida?, pois que a humidade do aire mistúrase con distintos óxidos de nitróxeno e dióxido de xofre,. Estos gases son emitidos polas fábricas, industrias e tamén as erupcións volcánicas, pero é a combustión de produtos derivados dos combustibles fósiles os que máis contaminan.

En Galicia a zona de As Pontes e Meirama son as de maior índice de contaminación por chuvia ácida. A nosa comunidade emite o 30% do dióxido de xofre de toda España!! No municipio de Noia recolléronse as precipitacións con menor pH, é dicir, as máis contaminantes de España cunha acidez do 3,9 cando o normal é que sexa de 7 para o caso da chuvia.

Central térmica de As Pontes. Fonte da imaxe: enlace


miércoles, 14 de marzo de 2012

WANTED: NUBES POR OURENSE

Este ano non pode ser. A seca que estamos a sufrir debido á influencia dos anticiclóns que nos acompañan dende hai semanas conseguíu que a actividade que tiñamos programada de "Á Caza Fotográfica de Nubes por Ourense" terminase sen capturas. O pasado día 1o de marzo Ourense acadou a máxima temperatura de Europa! (ver noticia). Sen nubes non hai chuvia e sen chuvia os nosos embalses están baixo mínimos, no que vai de ano tan só choveu 11 días!! (ver noticia). Comeza a ser preocupante e nalgunhas zonas da provincia comezouse a restrición da auga para cultivo

Pantano de Cachamuíña. Foto:Faro de Vigo dixital

Noutros anos os "trofeos" obtidos por estas datas eran máis que salientables, pero non puido ser desta vez. En fin, non desistiremos, a partir de mañá seguro que algunhas nubes pasarán pola cidade ¿de que tipo serán? Namentres, Rebeca de 1ºB non quixo que quedásemos en branco e acudíu ao "coto" de Internet para ofrecernos o seguinte traballo:

Á CAZA FOTOGRÁFICA DE NUBES POR OURENSE on PhotoPeach

domingo, 11 de marzo de 2012

O EFECTO INVERNADOIRO

Xabier e Manuel de 1ºB ofrecéronnos o pasado xoves unha exposición, con maqueta incluída, sobre o efecto invernadorio. Funciona, segundo nos contaron, coma un invernadoiro. Comentáronnos que esa capa de gases que envolve a Terra e que coñecemos como atmosfera, permite o paso dagúns raios solares que ao contactar coa superficie terrestre convírtense en calor pero a propia atmosfera impide que esta calor se escape ao espacio e devólveo cara a superficie terrestre novamente.

Ahí van algunhas imaxes da interesante charla:




Debatimos sobre a problemática do quentamento global que na actualidade os científicos prefieren chamar cambio climático (fenómeno provocado polo ser humán) máis que efecto invernadeiro (fenómeno natural). Finalmente propuxemos algunhas medidas que contribúan a emitir menos CO2 e gases CFC (clorofluorocarbonos):
  • Empregar menos o transporte privado (automóbil) e máis o transporte público (bus urbano).
Imaxe greenmob.com.mx

  • Empregar máis a bicicleta.

  • Non empregar determinado tipo de sprais e produtos que conteñen gases CFC
Imaxe Kalipedia


jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER ¿TRABALLADORA?

Doodle de Google para o 8 de marzo do 2012

Hoxe 8 de marzo é o día internacional da muller ¿traballadora? Recentemente no telediario escoitaba os derradeiros datos obtidos dun informe da Comisión Europea que comparaba a homes e mulleres no mundo laboral con varios indicadores para a reflexión. Algúns datos:


As mulleres gañan entre un 17 e un 22% menos que os homes segundo o INE (Instituto Nacional de Estatísitica), chegando a ser un 27,2% menos en Navarra. En datos absolutos as españolas cobran menos en tódolos sectores das actividades económicas en comparación cos varóns.

Por outra parte, o incremento de mulleres con titulación superior non supuxo unha vantaxe senón todo contrario. A maior formación peor remuneración. Pese a que as mulleres representan na actualidade un 59% das novas titulacións universitarias a súa formación non se ve recompensada. Cando eu estudiaba a carreira na facultade de Santiago, a porcentaxe de homes e mulleres titulados e tituladas superiores estaba en torno ao 70-30%, é dicir de cada 10 títulos 7 eran para os homes e 3 para as mulleres. Na actualidade a tendencia invertiuse.

Existe todavía a chamada segregación laboral. As mulleres tenden a desempeñar traballos en sectores que están peor remunerados.



A nosa sociedade aínda mantén estereotipos do pasado a pesar de que se están dando pasos para eliminalos. A conciliación laboral coa vida familiar afecta en maior medida ás mulleres que se ven obrigadas a interrumpir a súa traxectoria profesional para o cuidado dos fillos. E un largo etcétera.

Sempre nos queda o mundo da arte. A muller foi sen dúbida unha fonte inesgotable de inspiración para os artistas (¿cántas mulleres arquitectas, escultoras ou pintoras coñeces?). O seguinte video recolle unha secuencia a través de 90 obras o cincocentos aniversario dos retratos femininos na arte occidental realizado por Philip Scott Johnson. Unha vez visualizado atrévete a realizar o test que vos propoño.




UN PEQUENO TEST SOBRE ARTE

 

lunes, 5 de marzo de 2012

OURENSE MEDIEVAL EN PHOTOPEACH


GUIA DE OCIO MEDIEVAL EN OURENSE on PhotoPeach

domingo, 4 de marzo de 2012

A HISTORIA DUN PROXECTO

Hai dous anos tiven a sorte de formarme nun curso de directivos impartido por Lourdes Bazarra e Olga Casanova de Arcix (@ArcixFormacion). Previamente xa coñecera a Jerónimo García Ugarte nunha charla formativa no noso Colexio. Fora a partir daquel momento cando o meu disco duro vinculou Arcix = "paga a pena asistir" ou "realmente útil". Foron nestos anos menos coincidencias das desexadas pero intensas, a última recentemente o pasado 24 de febreiro en Santiago de Compostela sobre "Liderazgo".



Nós que somos profesionais da aprendizaxe reflexionamos ben pouco sobre a nosa propia necesidade de aprender. Aprender para dar resposta a un momento educativo en pleno proceso de cambio profundo. En ocasións facemos cursos que dan resposta a un plan de formación sin máis intención que decir que nos formamos pero sen analizar esa verdadeira necesidade formativa que vaia en consoancia coas liñas esratéxicas do noso Centro. Nós comezamos a mudar esta mentalidade e avanzamos afortunadamente na dirección correcta.

Camiño. Imaxe Flickr

Grazas a esta formación recibida e ao material que nos aportaron en "Escolas Intelixentes, Escolas que Aprenden", descubrín no cuadernillo de competencias unha actividade dentro de estratexias por proxecto da área de Lingua Castelá en 3º ESO que dicía:


"¿Que guía do Ocio respondería aos intereses dunha persoa da Idade Media? ¿Cómo a valoraría unha persoa do século XXI?" 


A nosa teima do Seminario de seguir profundando na historia local de Ourense levoume a adaptar unha proposta inicial que Lourdes Bazarra e Olga Casanova fixeran para a área de Lingua Castelá en 3º ESO e eu orientei cara á área de Ciencias Sociais de 2º ESO. O resultado foi a Guía de Ocio do Ourense Medieval.



Dunha idea xorden outras moitas, por iso xa estamos pensando no curso que ven, achegando suxestións e propostas de mellora que enriquezcan este proxecto inicial. Farémola interdisciplinar involucrando ás áreas de Lingua Galega, Lingua Castelá, Ciencias Sociais, Música, Educación Física e Tecnoloxía, pode que tamén á Lingua Estranxeira. Xa están algúns dos obxectivos e contidos elaborados pero aínda debemos seguir atando fíos. É certo ques proxectos conlevan moito traballo do profesorado pero só atopo beneficios tanto para nós como para o alumnado e sen lugar a dúbidas é moito máis motivador para eles.



Teño polo tanto que agradecer a quen prendeu a chispa, esa mesma que se apaga con máis facilidade da que se prende se un non aviva o lume. Grazas Olga e Lourdes, Lourdes e Olga.









jueves, 1 de marzo de 2012

GUIA DO OCIO MEDIEVAL EN OURENSE: ALGÚNS TRABALLOS



Rematamos a experiencia, Guía do Ocio Medieval en Ourense, chea de gratas sorpresas. Unha vez superadas as dificuldades iniciais, os rapaces responderon con creces ás expectativas. Houbo certa variedade en canto aos traballos expostos, dende os feitos a man encuadernados, ás manualidades, blogs ou páxinas web.

Un deses resultados produto do traballo colaborativo é a creación dun blog de catro alumnas de 2ºB, Andrea, Aldara, Alejandra e Raquel. Preme sobre a imaxe para acceder.



Temos que seguir dando pasos nas exposicións orais dos grupos. O traballo en grupo non é unha suma de traballos individuais e o grupo é a grapa (Casanova, O) como tampouco son, nalgúns casos, as exposicións unha suma de discursos desconexos . Falta soltura coa palabra. O problema de educar dos pes á cabeza, como sinala Ken Robinson, ten estos inconvintes e máis cando nos acehgamos á etapa de Secundaria e van pasando os niveis educativos. En todo caso a experiencia resultou moi enriquecedora para todos nós e sen lugar a dúbidas repetiremos

Algúns erros detectados:



  1. Nerviosismo e certa inseguridade gestual propios do "directo".
  2. Falla de coordinación entre os compoñenentes do equipo.
  3. Falla material de apoio ou complementario que reforce a exposición.
  4. Pouca formeza no tono de voz que tende a ser baixo baixo e inseguro.
  5. A riqueza do vacabulario, termos específicos e adaptados ás características do traballo.
  6. Lectura do traballo parafraseando longos textos.
  7. Inseguridade na resposta ante preguntas relacionadas co traballo.
  8. Algúns membros teñen escasa ou nula participación.

Algunhas suxestións para o futuro:


  1. Esquecerse dos nervios e falar con seguridade e un tono de voz axeitado.
  2. Establecede a orde de intervencións.
  3. Dirixirse a toda a aula e non ao profesor exclusivamente.
  4. Preparar con anterioridade a exposición. Ensaiar previamente.
  5. Grabarse para correxir posibles erros.
  6. Adecuar o vocabulario ao contexto.
  7. Preparar material de apoio.
  8. Coñecer ben o material de exposición así coma os contidos do traballo.
  9. Todos tendes algo que dicir.

Na vindeira entrada porei as fotos de todo o proceso en ambos grupos.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER