jueves, 29 de marzo de 2012

A MAN OU A MÁQUINA IIII: LIÑAS DO TEMPO


¿Para que estudar Historia? Ista é unha boa pregunta que nos formulamos antes de dar paso ao bloque correspondente á Prehistoria e Historia Antiga en 1º. Para subsanar esta carencia que ten o noso libro de texto, entregamos unha serie de apuntes e actividades para facer esta pequena transición da parte da Xeografía á Prehistoria.

Para algunha das actividades propostas fixemos referencia aos eixos cronolóxicos. Hoxe temos a posibilidade de recurrir a distintas aplicacións na rede. Estos "timelines" ou liñas do tempo dixitais ofrecen múltiples posibilidades como procedemento para as Ciencias Sociais.



Entre todas elas destaco DIPITY, que é a que eu emprego maioritariamente. É unha aplicación que nos permite crear atractivas liñas do tempo na que podemos inserir texto, audio, imaxe, video, mapas, links, etc.A escala na que nos permite movernos vai dende os 500 anos ata 1 hora. De seguido un tutorial e tamén un video neste enlace.



E un exemplo de eixo cronolóxico sobre Castelao.






Outra ferramenta que nos permite crear eixos cronolóxicos dun xeito intuitivo é XTIMELINE. Coma no anterior, é preciso rexistrarse e tamén está en inglés.



Temos a posibilidade de traballar de forma colaborativa e tamén deixar o noso traballo de forma pública para que calquera poida engadir contido. É unha ferramenta moi intuitiva e acepta o emprego de tiles e "Ñ", amais de inserir elementos como imaxes, videos. Ten como dificultade que non admite audios e non é tan atractiva visualemente falando como Dipity.



TIMERIME é unha ferramenta en castelán, pouco atractiva visualmente e algo máis complicado o seu manexo que os anteriores pero en todo caso, unha boa opción para os nosos eixos cronolóxicos. Déixovos un breve titorial.





Para rematar TIMETOAST é outra atractiva aplicación en inglés, novamente, e que nos permite distintas visualizacións dos nosos datos, tanto como liña do tempo ou como listado de acontecementos. Permítenos personalizar os nosos traballos, é intuitiva e moi atractiva.  Como inconvintes, non permite o emprego de "Ñ" ou til, nen inserir video ou audio. Todos os traballos deben ser públicos e obriga a poñer día, mes e ano.

0 COMENTARIOS:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER