domingo, 4 de marzo de 2012

A HISTORIA DUN PROXECTO

Hai dous anos tiven a sorte de formarme nun curso de directivos impartido por Lourdes Bazarra e Olga Casanova de Arcix (@ArcixFormacion). Previamente xa coñecera a Jerónimo García Ugarte nunha charla formativa no noso Colexio. Fora a partir daquel momento cando o meu disco duro vinculou Arcix = "paga a pena asistir" ou "realmente útil". Foron nestos anos menos coincidencias das desexadas pero intensas, a última recentemente o pasado 24 de febreiro en Santiago de Compostela sobre "Liderazgo".



Nós que somos profesionais da aprendizaxe reflexionamos ben pouco sobre a nosa propia necesidade de aprender. Aprender para dar resposta a un momento educativo en pleno proceso de cambio profundo. En ocasións facemos cursos que dan resposta a un plan de formación sin máis intención que decir que nos formamos pero sen analizar esa verdadeira necesidade formativa que vaia en consoancia coas liñas esratéxicas do noso Centro. Nós comezamos a mudar esta mentalidade e avanzamos afortunadamente na dirección correcta.

Camiño. Imaxe Flickr

Grazas a esta formación recibida e ao material que nos aportaron en "Escolas Intelixentes, Escolas que Aprenden", descubrín no cuadernillo de competencias unha actividade dentro de estratexias por proxecto da área de Lingua Castelá en 3º ESO que dicía:


"¿Que guía do Ocio respondería aos intereses dunha persoa da Idade Media? ¿Cómo a valoraría unha persoa do século XXI?" 


A nosa teima do Seminario de seguir profundando na historia local de Ourense levoume a adaptar unha proposta inicial que Lourdes Bazarra e Olga Casanova fixeran para a área de Lingua Castelá en 3º ESO e eu orientei cara á área de Ciencias Sociais de 2º ESO. O resultado foi a Guía de Ocio do Ourense Medieval.



Dunha idea xorden outras moitas, por iso xa estamos pensando no curso que ven, achegando suxestións e propostas de mellora que enriquezcan este proxecto inicial. Farémola interdisciplinar involucrando ás áreas de Lingua Galega, Lingua Castelá, Ciencias Sociais, Música, Educación Física e Tecnoloxía, pode que tamén á Lingua Estranxeira. Xa están algúns dos obxectivos e contidos elaborados pero aínda debemos seguir atando fíos. É certo ques proxectos conlevan moito traballo do profesorado pero só atopo beneficios tanto para nós como para o alumnado e sen lugar a dúbidas é moito máis motivador para eles.



Teño polo tanto que agradecer a quen prendeu a chispa, esa mesma que se apaga con máis facilidade da que se prende se un non aviva o lume. Grazas Olga e Lourdes, Lourdes e Olga.









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER