viernes, 23 de diciembre de 2011

OURENSE 1928


Dicía Federico García Lorca no seu Romancero Gitano publicado precisamente no 1928: 
"A una ciudad lejana ha llegado don Pedro. Una ciudad de oro entre un bosque de cedros."
Poderíamos substituír Don Pedro por Don Augusto (- Pacheco -, segundo a intuición de Rafa Salgado nunha das súas entradas en Ourensenotempo, aínda que noutra anterior cita a José Pacheco polo que a autoría é un tanto incerta) e os cedros polos piñeiros.

Este xenial fotógrafo deixou unha panorámica tomada dende o Salto do Can que o Arquivo Visual Ourensán dános a coñecer. Non deberiades deixar de pasar a oporunidade de observala con detalle nas Galerías Centrais (rúa do Paseo).

Reproducción do Mural de Pacheco nas Galerías Centrais, rúa do Paseo. Foto: José L. Guede

Onte 22 de decembro tivo lugar a inauguración e estará dispoñible ata finais de febreiro.


Para os que quierades facer un "extra" navideño propóñovos unha moi sinxela actividade.

  • Fai unha foto en detalle na zoa do mural  onde se atopen:
1.- Catedral.
2.- Colexio Josefinas.
3.- Igrexa da Trinidade.


¿Qué outros edificios, rúas, pontes, etc., eres capaz de ubicar sen axuda?

domingo, 18 de diciembre de 2011

OURENSE QR

Moitos teredes oído falar dos códigos QR ou cando menos teredes visto uns códigos como o que hoxe acompaña o blog na barra lateral e que inserto de seguido.

Códigos QR / Qr Codes

Os códigos QR (Quick Response) son uns códigos bidimensionais creados no 1994 por unha empresa xaponesa e que esconden tras o contraste dos puntos negros sobre unha superficie branca unha información de texto ou ben a un enlace de internet. Recoñecerédelos pola súa forma inconfundible cuadrada e con tres cuadrados nas esquinas. Unha das vantaxes é qe pode ser lido cun móvil que teña cámara de fotos e ter instalado o programa de lectura de códigos QR. Tamén é imprescindible ter internet no móvil ou ben conectarse a unha rede Wifi.



Unha primeira proposta con códigos QR que faremos será a seguinte:

  • Achegar ao alumnado aos exemplos da arte románica no casco urbano para facilitar o desprazamento a pé.
  • Tomar imaxes e redactar información sobre elementos da arquitectura e escultura románicas.
  • Publicar a información obtida nunha páxina "wap" (páxinas web deseñadas para móviles).
  • Crear un código QR que enlace á páxina wap.
  • Imprimir o código e realizar un mural.







lunes, 12 de diciembre de 2011

OURENSE EN ROMÁNICO: A ARQUITECTURA

A riqueza artística da nosa provincia é incuestionable, e non só artística senon paisaxística e por qué non, tamén humana. Antes de saír a facer un percorrido á S.I. Catedral de Ourense faremos un breve repaso das principais características da arquitectura románica con Ourense como telón de fondo.

Para finalizar, un xogo sobre a construcción dun templo románico moi interesante, pero antes ollade o video.


sábado, 10 de diciembre de 2011

DÍA DOS DEREITOS HUMÁNS

Os dereitos humáns son dereitos que posúen  as persoas polo mero feito de ser seres humáns. Non hai máis requisitos. Ao longo destas semanas profundamos no lonxe que quedaría a sociedade feudal desta afirmación, pero non temos que retroceder tanto no tempo. Por desgraza o termo dereitos segue a estar lonxe de moitas sociedades hoxe en día.

Foto: ilusión óptica en flickr


O percorrido para deixar recollido por escrito estes dereitos universais foi longo e non moi doado precisamente. Cara ao inicio do s. VI Xustiniano redacta o seu Codex Iustinianus no que se recompilaban as antigas constitucións romanas imperiais e tentou establecer un sistema coherente entre dereitos e deberes. Foron os primeiros pasos.

Analizamos en 4º de ESO a loita pola protección dos dereitos das persoas na Revolución Inglesa de 1688, chamada "a Gloriosa". Esta defensa de dereitos culminará coa Declaración de Dereitos (The Bill of Rights). Posteriormente a Declaración da Independencia dos EUA do 1776, a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán no 1789. Finalmente a Declaración Universal dos Dereitos Humans no 1948 . A partir dese momento os países europeos foron incorporando eses dereitos ás súas constitucións recoñecendo así a existencia de tales dereitos e o respecto aos mesmos é un sinónimo dun bo goberno. Aínda queda moito por percorrer.

Imaxe: riacale en flickr
Preséntovos dous xogos. O primeiro Darfur está morrendo é unha simulación onde podes adoptar a identidade dun refuxiado de Darfur que ten que fuxir das forzas que ameazan o campamento. Unha visión do que é a vida para 2.5 millóns de desprazados en Sudán. Preme sobre a imaxe para comezar o xogo.




O seguinte titúlase Contra Vento e Marea no que vivirás as experiencias dun refuxiado. Terás que sortear múltiples dificultades virtuais que por desgraza son moi reais para millóns de persoas no mundo. Serás sometido a interogatorios e tomar as decisións correctas aínda que en ocasións contra a túa propia vontade. Preme na imaxe para ir á páxina do xogo.





lunes, 5 de diciembre de 2011

A LOTERÍA DA VIDA DO HABITANTE 3.607.977.520

Recentemente escribía unha entrada titulada xa somos 7.000 millóns. Nela vos facilitaba unha ligazón para coñecer o número de habitante que vos corresponde. Eu fixen a miña proba e tocoume ser o habitante 3.607.977.520.

Imaxe: crowd_links_luiscossette en flickr


A través doutra colega de profesión, @MestraPrimaria, atopei unha entrada nun dos seus blogs (ten outro de música) un enlace á nova campaña "Todos contamos" de Save the Children a cal me axudará a enriquecer a actividade anterior. Esta campaña permítenos saber cómo sería a nosa vida de ter nacido noutro lugar.

Unha das cuestións plantexadas na aula no tema do feudalismo, foi recoñecer a organización da sociedade estamental. ¿Que determinaba a pertenza a un ou a outro estamento? Como ben diciades, o nacemento determinaba a orde social á que se pertencía. Na actualidade a roda da fortuna do nacemento tamén determina o lugar onde che tocou vivir.

Esta é a miña historia 
(o video dura menos dun minuto)

video


Ola, chámome José Luis, Hossain no meu país. Son un neno nado en Daka, Bangladés.



Os meus pais eran traballadores dos arrozais nunha provincia interior que decidiron buscar sorte en Daka na crecente industria téxtil.


A pesar de que o planeta produce alimentos suficientes para todos os seus habitantes, teño un 27% de posibilidades de padecer desnutrición e con sorte disfrutarei dunha ou dúas comidas diarias.


Meus pais son analfabetos coma o 65% da poboación. Eu teño un 52% de probabilidades de pertencer a ese grupo e penso o tremendamente afortunados que sodes por poder estar escolarizados e non recollendo lixo para a reciclaxe nos vertedoiros da gran cidade, coma o están a facer xa os meus irmáns e fareino eu en canto cumpra dous anos. Algúns nenos teñen sorte e poden acudir ás escolas, eu por desgraza non.


O meu futuro non é moi prometedor ¿verdade? Podería emigrar a Dubai para traballar na construcción, sobreexplotado laboralmente e vivindo en condicións de hacinamento por una salario miserable pero dabondo como para axudar á miña familia.


Bangladés é un deses países que está a crecer, dos chamados países emerxentes aínda que pasiño a pasiño. Algúns dereitos coma o traballo infantil aínda deben ser mellorados. A pobreza segue a ser a razón principal deste problema. Os meus país e os meus cinco irmáns non poderían manterse por sí mesmos por iso eu axudarei á economía familiar moi pronto. O 13% dos nenos e nenas aínda traballan no meu país.



Casarei algún día, a verdade é que agora non penso moito neso. Gustaríame ser xogador de kabbadi ou de cricket. Tiven a gran sorte de nacer neno porque ¿sabedes que unha das formas modernas de ercravitude é o matrimonio infantil? Sí, unha das miñas irmáns, Nasima, casáronna o ano pasado cando cumpríu 12 anos. Foi cun veciño da aldea dos meus pais chamado Abdul, aída estaba solteiro con 14 anos e ambas familias apañaron as condicións da boda. A tasa do matrimonio infantil en Bangladés é do 64% onde moitas nenas son forzadas debido ás tradicións ou aos valores culturais que agardo muden canto antes, porque a miña irmá ten sempre cara de pena e aínda teño dúas irmás que agardo corran mellor sorte, Nazma e Aswini .


A miña esperanza de vida é de 68,3 anos, coma o meu avó Mohammad. Seguirá mellorando nun futuro próximo grazas á colaboración de todos e todas.


Queres crear a tú propia historia? Preme na seguinte imaxe e narra a túa "Lotería da vida".


domingo, 4 de diciembre de 2011

A MAN OU A MÁQUINA: I

Seguimos a introducir ferramentas para a elaboración dos traballos voluntarios co alumnado. Falarei das que máis emprego para  compartir cos que ledes o blog o que estou a facer nalgunhas das miñas clases.


Gmail. ¿Quen non coñece Gmail? Esta ferramenta de correo empregámola básicamente para a comunicación directa e entrega de traballos. Tamén para dar de alta as licencias dixitais dos libros 3D (que non acaban de funcionar nen de convencer tal e coma están plantexados).

Recomendei crear unha conta Gmail evitando dar os datos persoais a Google. O motivo é que segundo a lexislación española de protección de datos (RD 1720/2007 de 21 de decembro que aproba o regulamento de desenvolvemento da LOPD 15/1999 de 13 de decembro) habería que aceptar unhas condicións de uso que para os menores de 14 anos (1º-2º ESO) polo que precisaría a autorización das familias. A fórmula que sigo é a de non aportar datos persoais e poñer como usuario un código fácilmente identificable tanto para min coma para o alumnado. Este tipo de contas impersoais evita a petición de autorizacións e un papeleo menos dos que xa temos habitualmente coma mestres. Esta  conta é de uso exclusivo para as clases de Sociais ou  de calquera uso escolar, outras materias, etc.


Google Docs é un servizo de almacenamento de documentos que poden ser compartidos. Empregámolos para formato Word, PowerPoint ou PDF´s.

Outros servizos cos que adoitamos traballar, por esta orde son:


  • SCRIBD (documentos e pdf´s)






  • ISSUU (pdf´s e tamén documentos). O seu manexo é moi sinxelo e intuitivo.

As primeiras actividades "a man ou a máquina", estiveron relacionadas coa búsqueda e selección de información sobre algún dos temas propostos. Por exemplo, na última saída á exposición Iberos, propuxemos:

- Entrevista imaxinaria a un/unha ibero/a: "Indikortes, o mercenario", "Á Dama de Elche"

- Poster sobre os Iberos con Glogster.

- Comic sobre os iberos: "Iberia, voando ás orixes."

- Presentación en Prezi: "Profesor por un día, os Iberos" (o asentamento, agricultura, comercio, arte ou organización social, a escoller un tema e posterior explicación e posta en común).

- Unha narración: "Abadutiker o comerciante", "A lenda da princesa Himilce"

- Pesentación resume en PhotoPeach (teñen as imaxes da exposición en Picassa e nunha entrada anterior)

Maravillosa historia e curiosa ortografía. Foto Flickr: woodleywonderworks

Esto é tan só unha proposta. Non debemos esquecer o traballo manual e "artesán" que segue a ter un "valor engadido" e que debemos potenciar. Finalmente, por riba de todo e independentemente do soporte...

... A CREATIVIDADE!!!
Déixalles tempo e verás.

Video tomado de José Miguel Bolívar (@jmbolivar) vía blog de Alberto Dotras (@aldotras) The Cool Ruler

viernes, 2 de diciembre de 2011

IBEROS EN CIVITAS AURIENSIS

No primeiro milenio a.C. a península estaba dominada polos celtas e os íberos. Fenicios e gregos tamén se asentaran nas costas mediterráneas. Por motivos de querencia cultural achegámonos dun xeito máis profundo ao mundo celta e certamente pasamos por alto detalles dos íberos.

Para encher esos baleiros acudimos á exposición itinerante que ata o 13 de decembro estará na Alameda: Íberos, a nosa civilización antes de Roma. Nela descubrimos que non existe unha orixe certa sobre este conxunto de pobos pero que xa dende o s. VIII a.C. mantivo relacións cos fenicios e gregos e coñecían a escritura e que se desenvolverá con maior esplendor entre os ss. VI e I a.C. A exposición divídese en varias seccións: o contexto histórico, urbanismo e arquitectura, organización militar e formas de goberno, organización social e vida cotiá, relixiosidade e mundo funerario, comercio e escritura.

Temos pendentes algunhas propostas de traballo polo que non entrarei en máis detalles. Déixovos algunhas imaxes que vos poden servir para elaboralos.


jueves, 1 de diciembre de 2011

COORDENADAS XEOGRÁFICAS

"Arriba, un pouco máis á esqueda....!" ¿Lembrades? Agora xa falamos con máis propiedade. "Ao Norte, cara ao oeste". Exacto no noroeste. Aínda nos falta precisar con maior exactitude e para iso empregamos as coordenadas xeográficas que son ese conxunto de liñas imaxinarias que envolven á Terra no sentido dos meridianos e os paralelos.Penso que quedou ben claro e así o demostráchedes. Insiro un pequeno video para reforzar os contidos e comparto o xogo da pesca para que o teñades dispoñible. Algúns quedáchedes con gañas de seguir faenando...




(t.02 coordenadas xeográficas_1112.act)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER