miércoles, 30 de noviembre de 2011

CONTOS MEDIEVAIS

Paula e José Carlos de 2ºA ofrécennos a súa particular historia ambientada no século X...

domingo, 27 de noviembre de 2011

TOP STORIES


Contos sobre a historia dunha pinga.
Dous exemplos: Brianda e Esteban, que os disfrutedes.


Pingona Nunha Tarde de Primaveira

viernes, 25 de noviembre de 2011

DIEVCM: A VIAXE DE CONCEPCIÓN ARENAL

¿Que quere dicir DIEVCM? Non é unha epigrafía pero ben podería ser. Explícovos. Alá polo ano 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas fixaba o 25 de novembro, data proposta pola República Dominicana, como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (DIEVCM). O por qué desta data podédelo atopar na súa historia en wikipedia ou ampliar neste enlace.

O 25 de novembro xunto ao día 8 de marzo, Día da Muller, son as dúas xornadas escollidas para concienciarnos e sensibilizarnos dun xeito especial de que unha sociedade sen discriminacións por xénero é cada vez máis posible, pero que precisa seguir dando pasos.



Quixera destacar nesta xornada de hoxe a unha galega, defensora dos dereitos da muller e iniciadora do feminismo, penalista e autora dunha importante obra literaria como é Concepción Arenal (Ferrol 1820 - Vigo 1893). A súa biografía en wikipedia e tamén no video da serie documental Mulleres na historia emitida pola TVE que vos recomendo.

Concepción Arenal

Destacar como curiosidade, nalgunha ocasión volo teño comentado, que cara ao ano 1841 acudía como oínte ás clases da Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid vestida coma os homes. A muller non tiña ese dereito. Dende moi antigo o acceso á educación e á información foille negada ás mulleres.

Concepción Arenal
Os seus ollos non viron ese dereito á formación nen o dereito ao voto feminino en España. A primeira muller universitaria foi a viscaína María Goiry quen tivo que solicitar un permiso especial para matricularse na Faculdade de Filosofía e Letras. Foi a primeira muller española en obter titulación universitaria no ano 1896. Tamén foi a primeira muller en obter un doutorado no 1909.


María Goiry e o seu esposo Ramón Menéndez Pidal en plena lúa de  mel.

Non será ata que un 8 de marzo do 1910 unha Real Orde autorice con plenas garantías ás mulleres o ensino universitario e, posteriormente, nun 1 de outubro do 1931 aprobaríase o sufraxio feminino nas Cortes españolas, grazas á dura loita de Clara Campoamor nun mundo eminentemente masculino. Comentar que durante o réxime franquista suprímese o dereito ao voto e a partir do 1947 e ata o 1977, eran únicamente os cabezas de familia (varóns) os que tiñan a posibilidade de sufraxio, sen nengún tipo de garantías legais e democráticas evidentemente. Será Adolfo Suárez quen restaure este dereito ata hoxe.

Clara Campoamor


Na nosa cidade rendimos a nosa particular homenaxe a Concepción Arenal. Podemos ver a súa estatua na actual praza que leva o seu nome. Os datos técnicos da obra atoparédelos neste enlace.

David Simón no seu blog diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com ofrécenos uns datos a ter en conta:
  • Que abogados progresistas inicaron o proxecto de erixir unha estatua a Concepción Arenal?
  • Cal foi o primeiro emprazamento que designou o Concello?
  • Quen son os artistas ourensáns que colaboran na realización do monumento?
Algunha destas cuestións e a información ofrecida nos enlaces anteriores axudaranvos a dar resposta a algunha das cuestións plantexadas na entrada de antes de onte.

O autor do bronce é o escultor segoviano Aniceto Marinas, autor entre outro do Velázquez que nos recibe no Museo do Prado. Máis obras deste autor en wikimedia.

Foto Concepción Arenal: Pablo Gómez                                                                           Foto Velázquex: Wikipedia                     

Veredes de seguido algunhas das postais do Ourense antigo. No blog de Rafa Salgado  , amósanos algunhas das postais históricas deste monumento e os editores das mesmas, datadas a finais do XIX e principios do XX. Ide a ourensenotempo.blogspot.com.


Nestos xardíns que levaron o nome de Concepción Arenal atopábase un kiosko de ladrillo cara á vista de estilo neomudéxar. Era propiedade de Don Vicente Miranda. Foi construído no XIX e posteriormente queimado durante os anos da guerra civil. Ergueríase novamente, pero xa dun xeito máis sinxelo, preto da actual praza de Abastos. Alí, no seu negocio, morrería Don Vicente.

Kiosko de Don Vicente Miranda en primeiro plano á dereita. Á esquerda o monumento a Concepción Arenal e unha vista dos xardíns.

Carmen Benso e Rosa María Cid veñen de publicar a principios deste ano os resultados da súa investigación sobre o papel da muller ourensá nas primeiras décadas do s.XX nun libro titulado Entre a tradición e o cambio en Galicia . Ver noticias do acto en ourensenotempo ou no Faro de Vigo dixital.

Precisamente Rosa María Cid no seu blog mulleresourensas.blogspot.com recolle máis de 300 entradas con referencias ás mulleres ourensás que destacan en diferentes facetas persoais, profesionais e de relevancia para a historia non escrita ata agora do papel relevante que ten xogado a muller galega na nosa sociedade.

O monumento a Concepción Arenal cambiou de ubicación nos mesmos xardíns do Bispo Cesáreo en varias ocasións ata chegar ao seu actual emprazamento no 1969.

Praza de Concepción Arenal. Foto: Chusypa en Panoramio

Unha pesquisa moi doada. Ollade á seguinte imaxe de abaixo e respondede nos comentarios á pregunta.

¿Saberías localizar estas pezas do conxunto monumental a Concepción Arenal e que hoxe adornan un xardín nas inmediacións do Colexio?

PROPOSTA DE TRABALLO.

FAI UNHA ENTREVISTA IMAXINARIA A UNHA MULLER QUE TI CONSIDERES IMPORTANTE PARA A HISTORIA LOCAL OU UNIVERSAL


lunes, 21 de noviembre de 2011

O CAMPO DA FORCA, SÍMBOLO DE AUTORIDADE

Aproveitado o tema do feudalismo en 2º, non quixera deixar pasar a oportunidade de facer referencia a outro lugar na nosa cidade onde tamén se impartía xustiza. Nunha entrada anterior falaba do pelouro. Tamén fixemos referencia ao campo dos desafíos, ese lugar onde os homes da nosa cidade axustaban contas e limpaban así a súa honra, impartindo xustiza pola súa conta.

Hoxe trasladarémonos a este recuncho da nosa cidade para falar dun deses elementos identificativos da xustiza señorial como era a forca. ¿Saberiades ubicar este espazo na actualidade?


Xa dende moi antigo o ser humán aplicou técnicas de castigo e de tortura. Algunhas delas xa as coñecedes, como a crucifixión que se fíxo famosa por Xesucristo ou o desoiamento empregado xa por asirios, aztecas ou chinos dende hai miles de anos e que nos chega, á nosa cultura occidental a través da tradición cristiá de San Bartolomé. 

Esquerda: Cristo crucificado de Velázquez e á dereita: San Bartolomé de Miguel Anxo na Capela Sixtina. Imaxes tomadas de Wikipedia

O poder dos señores feudais ten a súa orixe no século IX, cando a inseguridade reinante na Europa occidental deido á oleada invasora de Maxiares, Normandos e Musulmáns levou aos reis europeos a ter que delegar a defensa dos seus territorios nos nobres. Este dereito coñeceuse como dereito do señor ou dereito de ban e autorizaba a castigar ou xulgar. Veremos como os bispos en Galicia en xeral, e en Ourense en particular, acadarán un gran poder. A nosa cidade será señorío eclesiástico (vasalos directos dun señor nobre feudal eclesiástico).

O Bispo Dn. Diego Velasco consegue no ano 1122 de Tareixa de Portugal, irmanastra de Dona Urraca I, a xursidicción da cidade aproveitando unha disputa entre ambas. Unha das prácticas habituais dos señores era a de conceder "cartas de poboamento" e garantir o rango de cidadáns ás persoas que quixesen acudir á nosa cidade. Cara ao s.XII os grupos de artesáns que se foron asentando en Ourense así coma os comerciantes, acabarán rivalizando co bispo e enfrontándose polo poder. Verémolo noutra ocasión.

Foron varios os símbolos do poder señorial presentes na cidade de Ourense, a Catedral foi un deles, pero hoxe trasladarémonos á Alameda do Cruceiro para falar da forca.


Na Biblia cítase este método de execución e suicidio e que terá un especial protagonismo nas sociedades europeas occidentais.

Ester 6,4

"Entón dixo o rei: «¿Quen anda no patio?» Precisamente nese momento Amán atravesaba o patio exterior do pazo real para ir a pedir ao rei que mandara aforcar a Mardoqueo na forca que preparara para éste."

En España foi un dos métodos de execución máis comúns xunto co garrote. No ano 1832  é abolida a forca manténdose o garrote (no ano 1983 será abolida a pena de morte en España). Tamén recolle Cervantes no Quixote a presencia da forca. O gran realismo nos da a entender que non estaba a falar dunha ficción senon que era habitual na España do XVII e así o reflicte.

"Non tes de que ter medo, porque estos pes e pernas que tentas e non ves sen dúbida son dalgúns foraxidos e bandoleiros que nestas árboles están aforcados; que por eiquí os adoita aforcar a xutiza cando os colle, de vinte en vinte e de trinta en trinta; por onde me dou a entender que debo de estar preto de Barcelona."

En Ourense o chamado Campo da Forca, na actual Alameda do Cruceiro (ou proximidades)*,  foi o lugar elexido para realizar as execucións públicas debido á súa siuación extratéxica. Os camiñantes que chegaban á cidade a través da Ponte Vella terían unha visión terrible das execucións, que eran públicas, atemorizando a todo aquel visitante e dando leccións exemplarizantes para infundir ese temor.

Forca. Foto: Fernando Girón

Para rematar, comentar que na Idade Media, este espazo estaba fóra dos límites da cidade, nun lugar descampado e visible na que se ubicaría a forca, unha estructura permanente.

ANTES DE MARCHAR:


  • ¿QUE EDIFICIO RELACIONADO COA XUSTIZA ESTÁ EMPLAZADO NAS PROXIMIDADES DO CAMPO DA FORCA? ¿CRES QUE FOI UNHA UBICACIÓN ALEATORIA OU INTENCIONADA? RAZOA A RESPOSTA.
  • ¿QUE IMPORTANTE MULLER TEN ADICADO UN MONUMENTO NA PRAZA QUE LEVA O SEU NOME? ¿SABERÍAS INDICAR ÓNDE ESTIVO UBICADA ESTA OBRA ANTERIORMENTE?
  • FINALMENTE, ACHEGA UNHA BREVE INFORMACIÓN SOBRE ESTA MULLER. ¿CRES QUE O SEU TRASLADO FOI REALIZADO EN BASE A UNS CRITERIOS FUNDAMENTADOS? RAZOA A RESPOSTA.




(*) NOTA: algúns auntores sitúana preto da Ponte Vella e do Porto do Terrón na beira dereita cara ao Vao.

domingo, 20 de noviembre de 2011

AXENTES DE FORMACIÓN DO RELEVO

Nesta web podedes xogar cos axentes de formación do relevo e as súas consecuencias. O xogo é sinxelo a pesar de estar en inglés. Teredes que transformar a paisaxe da dereita no que vos amosan na imaxe da esquerda. Con él veredes os efectos de formación do relevo tanto internos coma externos, e o período de tempo aproximado para acadar os efectos que se vos plantexan.

Nas seguintes imaxes explícovos brevemente como funciona, pero se queredes podedes premer sobre a primeira e vos enlazará directamente co xogo.










viernes, 18 de noviembre de 2011

LOUIS DAGUERRE

Hoxe o doodle de Google vai para Louis Daguerre, o que se coñece coma o pai da fotografía. Conmemórase o 224º aniversario do seu nacemento.


Dende Ourense no Tempo estannos a descubrir a historia da fotografía e precisamente esta entrada fala da nosa persoaxe de hoxe, anticipándose nun día a Google.



¿Cómo poderías enlazar este acontecemento co tema da 2ª Revolución Industrial?

domingo, 6 de noviembre de 2011

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


A través da seguinte presentación preténdese, principalmente, facer un percorrido polas principais características da industrialización das sociedades europeas. O termo revolución industrial decribe as grandes transformacións na fabricación e na producción que se produciron a mediados do s.XVIII en Gran Bretaña. Posteriormente espallouse a Francia e Alemaña e tamén a outros países extraeuropeos coma os EUA e Xapón.

A presentación ten a modalidade de avance manual premendo sobre a frecha de avance ou ben, abaixo á dereita, premede sobre o menú "More" e abrirase un despregabre. ogo preme "Fullscreen" para ver a pantalla completa.




jueves, 3 de noviembre de 2011

XA SOMOS 7.000 MILLÓNS

Hai poucos días comentaba co meu compañeiro nos pasillos do colexio a noticia que xa todos coñecedes: somos 7.000.000 millóns. Suma e sigue. Cando impartía clase en 3º de ESO, faciamos unha actividade que se titulaba "xa somos 6.000 millóns". Falo do ano 1998-1999. Para a realización desta actividade, baseárame  nunha desas lembranzas que che quedan do paso pola escola. Eu fixera unha actividade titulada "xa somos 4.000 millóns".

Nunca me plantexara esta pregunta: ¿qué número fun eu? Descubrín a través dun compañeiro de profesión, Isaac Buzo, quen compartíu unha ligazón nas redes sociais informando que a BBC na súa versión en castelán publicaba unha interesante aplicación. Boteille unha ollada e pasei uns minutos.

O resultado do tempo que botei nela vouno compartir convosco. Para o meu experimento escollín a catro xeracións: a miña avoa, a miña nai, eu e mais o meu fillo máis novo. Os datos resultantes foron (preme sobre as imaxes para ampliar):



Para rematar un dato estatístico máis:




E tí ¿qué número es?
Preme sobre o interrogante e descúbreo.

martes, 1 de noviembre de 2011

DÍA DE TÓDOLOS SANTOS: SAMAÍN OU HALLOWEEN

Vexo que os actos relacionados co Halloween semellan que están calando na nosa sociedade, aos poucos, pero vanse metendo "piano, piano". Certo é que nos gusta a festa coma se non costase e eso tamén inflúe. O noso Concello celebra a festa do Samaín para recuperar a tradición auténtica e propia, a pesar de que o pulo que a lingua inglesa está a ter na sociedade galega no último quinquenio tamén axuda a que se escoite máis Halloween que Samaín.



Aproveitei ao chegar esta tarde a casa para revisar o meu Google Reader e leer algunhas entradas que tiña pendentes. Entre elas atopei a do 91º aniversario da revista Nós, en Ourense no Tempo. Ademáis, na entrada de hoxe, o amigo Rafa Salgado no seu blog de Ourense no Tempo, invítanos a contemplar a exposición de fotografía etnográfica da americana Ruth Matilda Anderson na sala de Caixanova sita na Praza Maior. Eu tamén volo recomendo, e algo faremos na clase ao respecto.

Ruth matilda Anderson lendo en Ourense. Fonte da imaxe: ver enlace

Aínda vos estaredes preguntando que ten que ver todo esto co título da entrada. Pois unha de encaixe de bolillos que a ver como sae.

Curioseando, vin que os fondos de Ruth Matilde foron tomados entre o 1924 e o 1926, ano do nacemento da miña avoa Q.E.P.D. No blog de Ourense no Tempo faise alusión á revista Nós e foi Vicente Risco quen dixo precisamente no nº 34 desa revista, que Galicia era o "país dos mortos", conclusión obtida por mor dunha crenza dos pobos antigos peninsulares que a nosa terra fose o "país ond´iban morar as almas dos difuntos" (dato tomado dun artigo do Faro de Vigo dixital). E ahí decidín facer esta entrada, polas coincidencias que vos relato, que aínda que vos parezan enrevesadas..., en realidade (non) o son.  Esas coincidencias foron as datas das fotos tomadas por Ruth, Vivente Risco e e Revista Nós, o culto aos mortos, a lembranza dos meus familiares que xa non están neste mundo e a chegada dunha tradición de tipo anglo-saxona coma o Halloween a unha terra que precisamente adica especial importancia aos defuntos. Vamos, unha macedonia de ideas soltas que acabaron por se converter nun batido, que e a entrada de hoxe.

Taller de decoración de calabazas na Praza da Imprenta. Foto: Iñaki Osorio no Faro de Vigo

O día 1 de novembro é o de Tódolos Santos dende o s.IX cando Gregorio IV decide cristianizar unha festa pagana e que o Papa Urbano IV  adxudicará este día para compensar a posible falla de festa de calquera santo do martiroloxio. Nada de Halloween ou Samaín. Non me vou a parar demasido, pero sí permitídeme que faga un brevísismo percorrido pola historia.



Os celtas celebraban multitudinariamente, baixo o risco de perder a cordura en caso de non asistir, o paso da estación do verán ao inverno. Almaceaban as colleitas para subsistir e tamén celebraban os misterios da vida e a morte. Crían que a porta que separaba o mundo dos vivos do mundo dos mortos abríase nesta noite e as almas regresaban para visitar os seus fogares (de ahí que agora os nenos vaian de casa en casa ofrecendo o truco ou trato - trick or treat -), e deixábaselle comida, castañas ou doces para que non se enfadasen. Tamén encendían lumes para afastar aos malos espíritos e recollíanse alimentos de cada casa para a ofrenda aos deuses. Vaciábase, ademáis, un nabo e púñase dentro unhas brasas para simbolizar o espírito que lles daba forzas e que posteriormente se colocaban nas casas para iluminar o camiño de regreso aso espíritos e darlle a benvida.



Coa romanización en grande parte de Europa, o Samahín desaparece como festa en sí mesma e deixa paso ás celebracións da deusa Pomona, aínda que se conservaron rituais primitivos celtas e o Papa Gregorio IV fundándose no Apocalipse instaura a celebración dos defuntos para que a través das oracións e as boas obras purifiquemos as almas dos defuntos que están no purgatorio.

Cando a mediados do s.XVIII os emigrantes irlandeses chegan ás costas de Norteamérica, levaban con eles as tradicións da súa terra. Cambiaron o nabo pola calabaza e aínda que inicialmente estas tradicións foron perseguidas polas autoridades luteranas, acabarían misturándose con outras crenzas e tradicións indias.

Non son da opinión de incluír festas que non son propias, polo mero feito da festa en sí mesma, pero nesta ocasión teño que recoñecer que a festa do Halloween chegada dos EUA axudounos a recuperar unha tradición tan vella case coma a humanidade, o culto aos mortos, e con ela as raíces celtas da nosa cultura que estiveron esquecidas por anos e anos.

Para rematar, propóñovos como actividade achegar e recompilar tradicións populares relacionadas co día de Tódolos Santos ou do día dos Fieles Difuntos. Preguntade aos avós mentras teñades oportunidade.  Neste artigo atoparedes algunha delas en distintos lugares de Galicia. Eu para rematar dicir que o día de comer as castañas asadas corresponde ao día 1 de novembro en moitos lugares de Galicia agás en Ourense que como sabedes trasladouse ao día 11 de novembro (dos magostos) día de San Martiño. ¿Casualidade ou intencionado?


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER