miércoles, 29 de junio de 2011

FELICES VACACIÓNS

Quixera despedir este curso escolar cun video e desexar a todos os que seguides o blog, pero con especial atención ao alumnado de 4º, unhas felices vacacións. Non deixedes de "pensar diferente", porque a xente que está tan tola como para pensar que pode cambiar o mundo, son os que o acadan.



domingo, 19 de junio de 2011

PELOURO OU PELOURIÑO: ¿XUSTIZA OU TORTURA?

Algúns de vós sentides curiosidade polo pelouro ou pelouriño (picota en castelán) da cidade de Ourense que xa vos comentei en clase. Non adicamos moito tempo ao particular e supoño que estaredes buscando datos. Non atoparedes moitas referencias na rede sobre esta construcción de tipo civil, símbolo da autoridade e da xustiza na cidade, pero sí de moitos que se conservan por España e Portugal e do que podedes extraer ideas.

Pelouriño na praza municipal de Lisboa. Fonte: skyscrapercity-jrg85
Pelouriño de Villaescusa de Haro (Cuenca) Fonte: spaincenter.org

Tentarei achegarvos algúns datos de interés que vos axuden na composición do voso traballo.

Os pelouros segundo a acepción portuguesa, eran unhas bolas de cera que eran empregadas para as eleccións ou un documento lacrado. Sair nos pelouros significaba saír elexido nas eleccións. En cambio pelouriño era unha columna ou piar de madeira ou de pedra situado nunha praza pública con certa visibilidade para que o condeado fose visto para a súa vergoña e para atemorizar aos habitantes. Pelouriño é por tanto a palabra que deberamos empregar para o noso traballo.

Temos noticias destas columnas xa na época romana. Na película A paixón de Cristo de Mel Gibson recolle nunha escea, na que se recrea na violencia extrema por outra parte, na que podemos ver esta columna á que eran atados os reos ou axustizados.
Fotograma da Paixón de Cristo

Tal vez por esa influencia do mundo romano tivesen chegado ás provincias do Imperio e por conseguinte a Civitas Auriensis. Non temos documentada a súa presencia na cidade en época romana ou visigótica, nembargantes sábese que o rei Afonso X xa os menciona  no ano 1283 e na súa obra titulada As Sete Partidas, concretamente a partida séptima que trata dos delictos e o procedemento onde especifica o azoute a as feridas públicas, incluso a exposición nú e untado con mel para atraer ás moscas e sufrir así as molestias das mesmas entre outras torturas que estaban admitidas.

Pelouriño de Jarandilla de la Vega (Cáceres) de mediados do XIX. Fonte: 20minutos.es

Na nosa historia particular, cítase a existencia dun plano arquivado no Museo Comunal de Milán que indicaría a presenza dunha aira na zoa que hoxe acolle á Praza da Imprenta e a rúa Colón, antigamente Rúa do Pumar -Pomerii- (do latín pomarium, supoño polas maceiras ou mazairas ou as abundantes árbores frutais naquela época e nesa zoa, e chamada así pola deusa  Pomona, a deusa romana da froita, hortas e xardíns.).

Mapa de situación da posible ubicación do Pelouriño

A rúa do Pumar convertiuse na rúa do Pelouriño e posteriormente, como xa dixemos, na rúa Colón na que  curiosamente atópase un negocio no nº 27 chamado "A picota". Hoxe é unha praza máis ou menos restaurada grazas ao proxecto Urban no que falta, como en tantos outros edificios e construccións en Ourense (Ponte Romana, claustro de San Francisco, Catedral, Cárcere Provincial, Banco de España -neste xa comezaron obras-, etc.) precisan unha intervención rápida e urxente, nalgúns casos con risco serio de perder o patrimonio.
Castelao de Buciños na Praza da Imprenta. Foto: José L. Guede

Ruinoso estado do antigo Colexio María Goretti na Praza da Imprenta. Fonte: José L. Guede
Non sei exactamente o motivo polo que non se ten conservado o pelouriño. Certo é que un decreto tralas Cortes de Cádiz ordeaba a destrucción destas construccións. Poderíamos imaxinar o noso pelouriño coas argolas de metal das que noutrora colgaría algún reo. 

Pelouriño en Penela (Portugal) coas argolas de metal. Fonte: Penela historia e arte de Ardaud e Días

Para rematar, atopei na páxina de celtiberia.net un artículo sobre os pelouriños e os rolos xurisdiccionais, para aprender a diferenciar ambos (ou compartir a idea de que ambos son a mesma cousa, xa que un asume as funcións do outro e acaban por fusionarse), e unha breve historia que ben poidera ter acontecido en Auria, nun día, mes e ano do cal non quixera acordame e que dí así:

"Acababan de cantar los gallos cuando, del camaranchón que hacía las veces de cárcel concejil, salió el reo a remolque del alguacil que tiraba de la cuerda que sujetaba sus muñecas. Cada treinta pasos el pregonero iba gritando: “¡Por vender pescado podre!. ¡Por vender pescado podre!”. Según atravesaban las calles de la población se iban agregando gentes curiosas, aún adormiladas, que fueron formando un cortejo  que no tardo en desembocar en la pradera donde se celebraba el mercado semanal.
Los comerciantes, que ya estaban empezando a montar sus tenderetes, se detuvieron durante unos instantes para observar al colega al que se le iba a aplicar el castigo, tras de lo cual siguieron con sus quehaceres no sin antes balancear conmiserativamente la cabeza.
El grupo,  encabezado por el  pregonero, el alguacil y su preso, se dirigió a un extremo del  prado donde ya se alzaba un pequeño tablado de donde emergía verticalmente una elevada viga de madera  coronada por una argolla, de la que colgaba una gruesa cadena de hierro en uno de cuyos extremos, apoyada en el suelo, descansaba la picota, una pequeña viga horizontal perforada por tres agujeros, simulando ojos que mirasen asombrados a los que se acercaban. Llegados reo y alguacil al tabladillo, el pregonero, dando por terminado su trabajo se mezcló entre los espectadores.(...)"

Para seguir lendo pincha aquí.



sábado, 18 de junio de 2011

ARTE CON HOLD YOUR HORSES

O grupo indie francés Hold your horses, achéganos no seu videoclip 70 million unha viaxe a través de grandes obras da Historia da Arte e que vos propoño tentar adiviñar. Recoméndovos facer un primeiro intento sen recurrir ao máis doado que é mirar as respostas no enlace que vos propoño máis abaixo. Son un total de 25 obras. Anotade cántas sodes capaces de identificar, título, autor, cronoloxía e estilo.



Como na rede está prácticamente todo e sen ter que rebuscar moito, atopei esta páxina para os que non teñades moito espírito de superación persoal e desexedes a comodidade do feito. Nela danos a resposta das 25 obras que aparecen por orde de aparición.

miércoles, 15 de junio de 2011

PREMIO DE FOTOGRAFÍA DEPORTIVA

Moitos dos nosos alumnos destacan en certas actividades que por desgracia pasan inadvertidas para algúns de nós. Desta volta non foi así, e como quen non quere a cousa (é o que fai ter alumnado motivado e participativo) dun concurso proposto "in-extremis" que podería ter pasado como tantos outros obtívose premio.


A alumna de 4º de ESO Aldara Méndez Vila resultou gañadora do 2º premio nacional no I Concurso de Fotografía Deportiva. Premede na imaxe para acceder á páxina oficial do concurso e un pouco máis abaixo veredes a foto orixinal.



Foto: Aldara Méndez Vila

Noraboa!!




lunes, 6 de junio de 2011

A DEMOCRACIA ATENIENSE


Os antigos gregos "inventaron" a democracia, pero cómo era en realidade a democracia ateniense?


A orixe da propia palabra non está moi clara. Os mestres adoitamos traducir democracia (δημοκρατία) como o goberno do pobo. Demos (δῆμος) significa "pobo" e kratos (κράτος) "poder" ou "goberno". Ata ahí todo claro. Segundo o historiador Plutarco, a etimoloxía da palabra é máis complexa e, polo tanto, o seu significado real ten un matiz diferente ao que coñecemos.
  • Vai ao seguinte enlace e busca no apartado orixe e etimoloxía o verdadeiro significado de "democracia"
  • Como se dividía a poboación libre da Ática, segundo Teseo?
Tende en conta que dos 400.000 habitantes atenienses tan só uns 20.000 eran considerados "cidadáns", é dicir con dereitos xurídicos e políticos. Despois estaban todos os demáis que eran "non cidadáns", libres ou non libres. Quen eran esos "todos os demáis"?
  • Os metecos ou estranxeiros que a pesar de ser libres, non se consideraban cidadáns xa que proviñan de polis veciñas. Adicábanse á artesanía, o comercio ou integrábanse no exército. Tiñan que pagar impostos, pero non participaban da democracia.
  • As mulleres e os nenos. Aristóteles definíu na súa obra "Política" que a cidadanía era a posibilidade de participar do poder político. As mulleres nunha sociedade patriarcal como a grega non podían convertirse nunca en cidadáns.
  • O grupo máis numeroso eran os escravos. Segundo Aristóteles eran "máquinas parlantes", non tiñan por tanto nin consideración de persoas. Moitos adoitan asociar aos exipcios a un modelo escravista, pero foi a grega a sociedade máis escravista incluso por diante dos romanos. Os escravos, tanto públicos como privados, realizaban todo tipo de tarefas e non gozaban de ningún dereito. Era con moito o grupo máis numeroso un 70% da poboación.
Vexamos un esquema simple da sociedade ateniense.


Unha vez entendida esta teoría, faremos na clase unha breve representación. Todos nos acordamos do sistema que empregamos para a elección do delegado ou delegada de clase nas primeiras xornadas de titoría ¿verdade?. Imaxinade que remata a súa "lexislatura" e hoxe tocan novas eleccións, pero desta volta farémola ao "estilo grego"...



Tomamos a aula como se fose a pole de Atenas. Poñémonos en pé e dividimos proporcionalmente a aula segundo os diferentes grupos sociais.

Faremos o reparto aleatoriamente da seguinte maneira: sentaranse a metade da clase que farán o papel de escravos/as. Tamén se senta a metade dos que seguen en pé correspondente aos metecos. Permanece levantada a cuarta parte correspondente aos cidadáns. Coidamos que entre o grupo de cidadáns non se atopen mulleres, se fose así deberían sentarse, e podemos quitar a un alumno máis en representación dos nenos que tamén se senta.

¿Cántos quedan en pé? Estos son os que teñen a representación política e os que decidirán sobre o novo delegado que evidentemente será elexido entre eles mesmos.



Para rematar, un video sobre a democracia ateniense e as súas principais institucións tomado de practicopedia.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER