lunes, 30 de mayo de 2011

ARTE CON HUMOR

Identifica a obra e autor correspondente dos seguintes exemplos (Deixa a resposta nos comentarios).

EXEMPLO 1:



EXEMPLO 2:


EXEMPLO 3:



EXEMPLO 4:


EXEMPLO 5:

 
EXEMPLO 6:



EXEMPLO 7:



EXEMPLO 8:


EXEMPLO 9:


domingo, 22 de mayo de 2011

A URSS, UNHA GRAN POTENCIA

Tralo remate da II Guerra Mundial, a URSS era un país moi afectado a nivel demográfico polas perdas humanas, feridos e eivados que deixou a contenda,  e tamén o foi económicamente. Aínda así converteuse, non só na potencia que liderou o bloque da Europa do Leste (as democracias populares e outros estados afíns), senón que tamén liderou ao mundo comunista:
  • Latinoamérica: Cuba, Nicaragua.
  • Asia: Corea do Norte, China, Vietnam, Mongolia e Afganistán.
  • África: nos países do Magreb como Alxeria ou Libia, e África subsahariana, Mali, Benin, Congo, Angola, Etiopía, Tanzania, Mozambique, Congo ou Cabo Verde.

     capitalismo         comunismo             Terceiro Mundo

O seu potencial humano e o aparello do Partido Comunista volcado na reconstrucción fixo que en poucos anos acadase un gran desenvolvemento.Neste proceso de reconstrucción económica, potenciouse a colectivización e mecanización do campo e por outra parte volcáronse esforzos no desenvolvemento da industria pesada co fin de ser competitivos cos EUA. Iste esforzo costoulle á URSS unha escaseza de productos alimenticios básicos por or da debilidade de súa industria lixeira.

Stalin liderando á URSS
Stalin liderou a URSS con auténtica man de ferro, instaurando un réxime de terror, perseguindo a todo aquel que se opusexe á súa política (os disidentes). Trala súa morte, iniciarase un período liderado por Khruschev e caracterizado por unha maior liberdade de expresión e reformas económicas, e abre vías de diálogo co presidente Kennedy dos EUA, a chamada coexistencia pacífica. No 1964 será destituído e accederá ao poder Leónidas Breznev que imporá novamente un forte control ideolóxico e político, un inmovilismo que non logrará solucionar os grandes problemas económicos do país, senon que os agravará.

Entre a expasión do comunismo vimos a Revolución Chinesa.





Propóñovos un novo traballo: realizar un comic sobre este tema, dende a guerra civil do 1945 pasando pola proclamación da RPC no 1949 ata que China se afasta da política soviética. Pódense entregar a man ou a máquina, como Norit.



Para a opción "máquina" podedes empregar calquera destos programas (todos en inglés, pero nada que non pidades superar):




sábado, 21 de mayo de 2011

MUNDO BIPOLAR


Novas actividades con LIM, nesta ocasión para o tema do mundo bipolar correspondente ao curso de 4º de ESO. Sinxelas, e que inclúen tan só o punto da análise dos EUA como potencia do mundo capitalista. Nunha entrada anterior xa traballamos o milagre xaponés. Queda pendente a Unión Soviética como gran potencia, expansión e afundimento e finalmente a Revolución Chinesa

A música a podedes silenciar premendo no botón das notas musicais na barra de ferramentas, arriba á dereita. Tras unha breve introducción, realizaremos seis sinxelas actividades que nos axudarán a reforzar os contidos do tema.

jueves, 19 de mayo de 2011

UNHA PIRÁMIDE SOBRE AS BURGAS

Nunha entrada anterior falábamos das mastabas. Hoxe tivemos o visionado dun documental sobre a construcción da gran pirámide. A entrada de hoxe pretende que visualicedes esto que a priori semella unha curiosidade, pero que nos da unha idea das colosais dimensións desta xigantesca obra de hai máis de 4.600 anos de antigüidade.

Algún murmullo xurdíu na clase cando se fixo referencia a que a pirámide de Keops ten unha superficie equivalente a 10 campos de fútbol, estos son datos que moitos asociades rápidamente. Imaxinades esa superficie sobre o espacio que ocupa o Colexio? As seguintes imaxes vos poden aproximar a esa idea:
Imaxe: elaboración propia a partir de Google Eartht
Imaxe: elaboración propia a partir de Google Earth

As pirámides formaban parte de un conxunto que incluía outros edificios como rampas e murallas. Inicialmente a función principal foi a funeraria. Empregaba para a súa construcción numerosa man de  obra, que a pesar do que o cine de Hollywood sobre todo nos ten amosado, non se podería considerar como escrava. Moitos destes traballadores eran empregados temporalmente nos meses nos que non había traballo no campo, a cambio dun salario (cereais, cebolas, sal e cervexa) e que axudarían aos traballadores especializados, que poderíamos considerar como "fixos".

A pirámide de Jufu, ou Keops, construiuse baixo a responsabilidade do seu "chatyHemiunu. Empregou máis de 2.300.000 bloques de pedra de 2,5 Tn cada un. ¿De cántos kilos estamos a falar? É a única das Sete Maravillas do Mundo que todavía segue en pé. ¿Sabes cal son as outras seis? Preme neste enlace para saciar a curiosidade.

Chaty Hemiunu. Fonte: Wikipedia

Existen múltiples teorías sobre como se construiron as pirámides no val de Gizeh. Unha delas é moi interesante. Foi formulada polo arquitecto francés Jean-Pierre Houdin. Aporta evidencias recollidas a través de un sofisticado programa en 3D que afirma que a pirámide de Keops se construíu de dentro cara afora. Esta teoría baséase na suposta construcción dunhas rampas internas en forma de espiral.


 Outra teoría é a que dí que posiblemente existise unha rampa externa. Segundo os cálculos realizados, esta rampa exterior podería ter unha lonxitude total de 1.600 m., e os bloques de pedra eran subidos por equipos de 8 a 10 homes.

Fonte da imaxe

¿Alguen se atreve a facer unha simulación entre a altura da Gran Pirámide e o edificio máis alto da nosa (ou vosa) cidade? Enviade as propostas ao correo do blog.

martes, 17 de mayo de 2011

O MILAGRE XAPONÉS


Xapón en sido nestas últimas semanas noticia pola catástrofe ocurridas tralo terremoto e maremoto. Hoxe o segue a ser por mor da central nuclear de Fukushima.

O motivo deste post non é falar da actualidade, senon do que se coñece en historia coma "o milagre xaponés". Xapón (日本 Nihon o Nippon, oficialmente 日本国 Nihon-koku o Nippon-koku, literalmente o país da orixe do Sol) é un país insular do lonxano oriente. Situado no Pacífico, está formado por catro illas principais que forman a case totalidade da superficie do país, un 97%. O 3% restante está repartido entre case 7.000 pequenas illas. Neste estado pouco máis grande que a metade de España, ocupa o 10º lugar mundial en poboación con máis de 126 millóns de habitantes. Ten un grave problema demográfico xa que o seu índice de natalidade baixou a 1,3 fillos por muller e a esto se lle engade que ocupa o 3º posto mundial de poboación máis lonxeva, cunha media de idade de 82,07 anos. Esto supón un grave problema para o futuro do seu sistema de pensións e a escaseza de man de obra a medio prazo. Tende en conta que Xapón conta cunha dura política de inmigración que non facilita moito a solución deste problema.

Trala IIGM, Xapón sairá derrotado e cunhas perdas humanas e económicas considerables, algo impensable para os nipóns tan só unhas décadas atrás, cando o seu imperio era aparentemente sólido.

Tralo remate da guerra, o Xapón será ocupado entre o 1945 e coa sinatura do Tratado de San Francisco no 1952 se lle porá fin e uniranse ao bloque occidental liderado polos EUA.


  • Resume brevemente nun cadro as características (económicas, políticas e sociais) dende a ocupación liderada polo xeneral McArthur no 1945 ata que no 1955 se fusionan os dous principais partidos (liberais e progresistas) nun único denominado Partido Liberal Democrático, que gobernou Xapón case que ininterrumpidamente ata o 2007. 



De todos os países capitalistas, foi Xapón o que tivo un maior crecemento económico. Fíxate na seguinte gráfica e analiza o período comprendido entre 1955 e 1971 entre EUA e Xapón e o resto do mundo.

Crecemento da economía mundial, norteamericana e xaponesa


Unha vez observada a gráfica responde ás seguintes cuestións:


A´PUNTO: UN BLOG DE COCIÑA DUNHA ANTIGA ALUMNA

É de ben nacidos ser agradecidos ¿non si? CvA quere agradecer a A´Punto, un blog dunha antiga alumna do Colexio unha entrada no seu blog: un postre rico, rico.

Tarta de crema de mascarpone con prebe de froita da paixón. Foto: A´Punto

Unha das maneiras que se me ocurren é tentar levar o mundo da cociña ao campo da historia e xuntar neste post a orixe dos postres, das galletas, a mantequilla, o queixo mascarpone e a foita da paixón, encuadralo no currículo das Ciencias Sociais e que vos sirva para aprender a relacioar. Comezamos a operación.

Os postres:

Non sabemos con exactitude, nen eu son nin moito menos un especialista, as orixes dos postres. O que sí vos podo contar é que xa temos documentadas esceas de recolección de mel no epipaleolítico, como a escea dun home (¿ou muller?) recolectando mel dun panal como o da Cova da Araña en Bicorp - Comunidade Valenciana - que tendes na imaxe inferior.

Covas da Araña, Valencia (uns 10.000 anos). 

Na viaxe que fixen a Exipto o pasado mes de agosto, atopamos preto de Deir el Bahari unha tumba que se coñece como a Tumba de Pabasa, do período intermedio. Chamounos a atención a representación de diferentes insectos nos relevos e pinturas exipcias en numerosos templos e tumbas. 

Tumba de Pabasa Fonte da imaxe: ver enlace
Tamén existen referencias bíblicas ao mel, xa que o azúcre non se coñecía por estas lonxitudes, pero sí probablemente na zoa do Golfo de Guinea dende onde se expandíu ao Pacífico, chegando á India. Foi na India precisamente onde un preparado da caña de azucre substituíu ao mel e posiblemente elaboraríanse doces.

Os gregos elaboraban pasteis que comían habitualmente e tamén nas festas sinaladas coma o teatro ou as festas relixiosas. No mundo romano os Secundae Mensae ou postre, consistían en leite e mel, dátiles recheos de noces e piñóns, natillas e o encytum, unhas espirais doces con queixo. Poderíamos seguir no mundo islámico, medieval, moderno e contemporáneo pero non se trata de facer un monográfico. Só uns breves apuntes e fixarnos que o doce xa gustaba nos paladares dos homes de Cro Magnon ata hoxe en día.

Galletas:


Non sei moito sobre as galletas, salvo que están ricas e os recordos que teño delas na miña infancia e por sorte sigo a ter.

Non sei como e cando aparecen por vez primeira, pero nas lungas viaxes dos mariñeiros que se lanzaron á procura de novas rutas marítimas a finais da Idade Media en na Idade Moderna, como as que acabamos de ver en clase, levaban unha especie de pan que se conservaba durante moito tempo e que xa aparecen documentadas no s.XIII como "galette". Para os curiosos, neste enlace hai unha interesante información sobre a historia das galletas.






Mantequilla:


Neste producto sí que me pilla en branco.

Posiblemente a mantequilla xorde por casualidade, como tantos outros alimentos na historia, e da tona da leite formouse unha especie de mantequilla xa en época prehistórica. En Wikipedia podemos atopar un apartado referente á historia da mantequilla que vos animo a ler.

Tentade dar resposta a estas cuestións:

  • A quen lle chama Anaxandrides, un poeta cómico grego, "boutyrophagoi" ou "comedores de mantequilla"?
  • Na India chámanlle a unha mantequilla clarificada de nome "ghee", ouro líquido. ¿Por qué?
  • ¿Cándo aparece a margarina? ¿É o mesmo que a mantequilla?
  • ¿Cal é o país do mundo que produce máis cantidade de mantequilla?


Queixo Mascarpone:

Son un amante dos queixos e algunha pequena historia vos podo achegar.
Foi un dos primeiros productos manufacturados da humanidade e temos referencias de época mesopotámica sobre a súa presencia. Tamén na Biblia hai referencias ao queixo.

Atopei unha páxina interesante onde nos conta a historia do queixo e que vos deixo o enlace para curiosear.

Sobre o queixo mascarpone paréceme que non conta nada, pero eu coñecín este producto cando me aficionei ao tiramisú e comecei a experimentar distintas variantes con este postre e que curiosamente non levaba marcarpone na receita orixinal senon que se lle engadíu posteriormente. Se premedes neste enlace atoparedes a "ricetta legittima", esta sí con mascarpone.

Orixinariamente o mascarpone é un quexio fresco da rexión de Lombardía en Italia e que pouco ten que ver o queixo "mascherpa" que teñen alí, unha ricotta ou crema, co producto que venden nos supermercados. Este é un queixo moi cremoso e que se presta para os doces e que orixinariamente era estacional, só se elaboraba no inverno e era un producto perecedeiro. Algunhas recetas similares ás que propón A´Punto substitúe este delicioso queixo por outros tipo Philadelfia ou Quark, pero no né o mesmo.


Froita da paixón ou maracuyá.

Do derradeiro ingrediente tamén algo vos podo dicir, e todo llo debo a miña muller. Ela instruíume en numerosas froitas tropicais, descoñecidas para mín hai uns anos. Unha das que teño que dicir que me chamou poderosamente a atención na miña primeira viaxe a Venezuela, foi precisamente a froita da paixón (coñecida neste pais como "parchita") e que alí toman con xeo triturado, azúcar (xa que é lixeiramente ácida) e auga. Delicioso e refrescante.

Por Latinoamérica hai diferentes variedades desta pranta trepadora. Unha é a froita da paixón morada, máis pequena que a outra variedade que é a amarela e un pouco máis doce. Eu vía que a xente nos mercados collía a froita que "peor pinta" tiña, coa pel arrugada e daba a sensación de que estaba pasada e incluso estropeada. Pois esa era a froita madura e lista para comer, as outras que aparentemente entraban polos ollos, estaba verde. Tamén é unha froita que se conserva durante moito tempo, salvo as arrugadas, que son as listas para consumir.


Pregunta final: non incluín no post algúns ingredientes da receta coma o leite, nata, xelatina e dúas especias ¿cal son?


Para ampliar como traballo voluntario e relacioado coa época dos grandes descubrimentos en 2º, propóñovos afondar sobre as especias, a súa chegada ao vello continente e a famosa ruta das especias. Algúns enlaces que poden ser de interés.





lunes, 16 de mayo de 2011

CRISE DOS MÍSILES E CINE

Trece días é un filme de Roger Donaldson e protagonizada por Kevin Costner. Nárranse os trece días que mantiveron en máxima tensión á comunidade internacional cando avións espía norteamericanos descubriron a instalación en Cuba de zoas destinadas a asentar lanzadeiras de mísiles nucleares de medio alcance que chegarían a territorio estadounidense en só 5 minutos.



As persoaxes das que falamos nunha entrada anterior e que formaron parte dese Comité de emerxencia, o EXCOMM, aparecen na película, aínda que ésta é narrada a través dun home que actuou en segundo plano, Kenneth O´Donell asesor do presidente e interpretado por Kevin Costner.

Kevin Costner como Kenny O´Donell, secretario persoal do presidente JFK

É unha lungametraxe, nunca mellor dito debido ás case dúas horas e media de duración, que segue os acontecementos deses trece días, os feitos históricos, discusións e acordos tomados. Déixovos co trailer, en inglés.







sábado, 14 de mayo de 2011

A CRISE DOS MÍSILES

Un dos episodios máis salientables e especialmente tensos no período coñecido como a distensión internacional foi a crise dos mísiles. Un dos moitos pulsos que EUA e a URSS botaron ao longo destes anos. O segundo gran conflicto deste período foi o bloqueo de Berlín que deixaremos para outra entrada.



Khruschev e Kennedy medindo as súas forzas


O período de coexistencia pacífica fora anunciado por Nikita Khruschev a mediados dos anos 50 do século pasado. Esta idea baseábase no respecto  á soberanía dos estados e á non inxerencia nos asuntos internos xunto á axuda mútua e futura cooperación. Todo un reto na época da Guerra Fría e como veremos esta etapa non foi tan pacífica como indica o seu nome.

Comentamos a caricatura:

  1. Quen son as dúas persoaxes?
  2. Que están a facer? Cal é o seu simbolismo?
  3. Por que ambos están sentados sobre mísiles? En que lugares estratéxicos estaban situados?
  4. Que significado teñen os dedos sobre os botóns?




Foto: UNAV - Manuel Castells

Iste conflicto a piques estivo de desencadear un enfrontamento entre as dúas superpotencias de dimensiñons inimaxinables, tal e como predixo Khruschev no seguinte discurso:


"Entramos nunha época na que é difícil inventar un arma máis poderosa que a bomba de hidróxeno que posúe unha forza prácticamente ilimitada... ¿Acaso non temos en conta o feito de que a forza destrutiva dos inxenios militares teñen un poder formidable? ¿É posible que se esqueza que sobre o noso planeta non hai ninguén inaccesible ás armas nucleares e aos mísiles? É difícil facerse unha idea das consecuencias que tería para a Humanidade unha guerra na que foran empregados estos medios de destrucción e de exterminio terribles. Se consentimos que esta guerra estale, contaranse as víctimas non por millóns nen por deceas de millóns senon por centeares de millóns de seres humáns. Ésta sería unha guerra que non distinguiría entre fronte e retagarda, entre soldados y nenos."

Nikita Khruschev, Declaración aos partidos comunistas obreiros


"Russians" do cantante Sting é un tema pertencente ao album The dream os the Blue Turtles publicado no 1985 e no que advirte sobre as repercusións dunha guerra, a Terceira Guerra Mundial, que traería como consecuencia a destrucción mútua. Propóñovos, antes de realizar as tarefas, escoitar o tema (máis abaixo tedes a letra e a traducción, que aínda sinxela, vos pode axudar).




Russians, Sting (1985)




Actividades sobre a o tema "Russians" de Sting:
  1. Tenta resumir a intención de Sting cando escribíu esta canción. Que nos quere transmitir?
  2. Quen son os "fillos" que deben amar os rusos?
  3. Achega unha breve información sobre Oppenheimer?
  4. Que foi o Proxecto Mahattan?
  5. "In Europe and America, there´s a growing feeling of hysteria". Tendo en conta o ano do lanzamento desta canción ¿a qué momento de histeria se fai referencia? (unha posible axuda)

Outro momento de histeria colectiva seguramente foi a achádego por parte de avións espía norteamericanos das bases de mísiles soviéticas en Cuba. A famosa crise dos mísiles en Cuba que da título a entrada deste post, e da que realizaremos unha serie de actividades na aula relacionadas con ela.

Dividiremos a clase en grupos de catro ou cinco persoas. Explicaremos brevemente a actividade e repartiremos os roles de cada membro. Unha vez colocados os grupos recibiredes a seguinte mensaxe.


Elaboración propia adaptada de http://avalon.law.yale.edu 

Poñédevos nesa situación e dade os pasos necesarios para acadar a mellor saída posible ao conflicto. Unha das primeiras medidas, na realidade, foi a creación dun Comité Executivo de funcionarios para que asesoraren ao presidente. Este comité coñecido como EXCOMM estaba formado por membros do Consello de Seguridade dos EUA e outras persoas de confianza do propio presidente. Os membros deste comité.

Elaboración propia. Fonte da imaxe Wikipedia.

Entregarásevos unhos documentos "clasificados" que vos axudarán a tomar a decisión correcta, segundo as vosas conclusións xustificadas que posteriormente poremos en común nun debate.

Outra actividade que vos propoño de xeito voluntario é sobre o teléfono vermello. Moitos teredes escoitado algunha historia sobre o famoso teléfono. ¿Realidade ou ficción? Redacta unhas liñas explicando brevemente a historia desta lenda ou realidade a partir deste enlace.



Finalmente algúns enlaces de interés para o tema da crise dos mísiles:
Vídeo de practicopedia que dun xeito nos resume a crise dos mísiles.


Para rematar, documental de Documanía sobre a Guerra Fría en Cuba.

Videos tu.tv

miércoles, 4 de mayo de 2011

GOOGLE STREET VIEW EN OURENSE

Chegaron os americanos. Benvido Mr. Google entoado ao estilo Americanos de Benvidos Mr. Marshall. Esto ven que nin pintado e tentarei enlazar historias.

Hoxe conseguín capturar unha imaxe para a historia. Ao longo destos últimos días, igual algúns teredes atopado un vehículo un tanto peculiar percorrendo as rúas de Ourense. Esta historia, asociada ao título da entrada de hoxe, comezou alá polo ano 1995 cando a empresa CycloMedia percorrera as rúas da cidade holandesa de Rotterdam tomando fotografías en branco e negro. Durante algún tempo mantivo o monopolio desta tecnoloxía ata que o xigante Google chegase no 2005 co ben coñecido Google Street View (Google a vista de rúa) que xa temos probado en Google Maps e Google Earth e acaparase o mercado, aínda que non camiña en solitario como veremos.

Foto: Jose luis Guede

Como podedes observar o vehículo conta cunha cámara un tanto especial e moi lonxe das nosas microcámaras dixitais que nos caben na palma da man. Son 9 cámaras que toman instantáneas a 360º en horizontal e 290º en vertical. Posteriormente se retocan para difuminar matrículas e as caras das persoas por motivos de política de privacidade. Esta é unhas das cámaras das chamadas de cuarta xeración, a pesar de que xa están a traballar as da quinta xeración. Xa sabedes que  a tecnoloxía vai así, o que hoxe é última xeración mañá formará parte do pasado.

Fonte: Wikipedia

Falando en clase da Guerra Fría e concretamente do Plan Marshal apuntamos algunhas películas relacionadas co tema. Entre elas "Benvido mister Marshall", unha das obras mestras de Luis García Berlanga. O film narra de forma satírica a historia dun pequeno pobo soriano, Villar del Río, que agardaba recibir a axuda económica e se prepara para recibir aos estadounidenses. Inicalmente España fora un dos grandes estados que quedou á marxe das axudas iniciais debido á súa afinidade cos rexímenes fascistas, pero nos anos 50 os estadounidenses concédennos unhas axudas que serían de vital importancia para a recuperación tras unha década de posguerra chea de penurias. Hai que ter en conta que a película foi rodada no 1953. O motivo deste cambio de estratexia norteamericana foi posiblemente a posición estratéxica da península e as poucas probabilidades de que o réxime franquista se aliase cos soviéticos ou entrase na súa órbita de influencia. O final da película é coñecido por todos e o tema central moi 

Eu tamén agardaba a chegada de street view pero con menos parafernalia, evidentemente, da que o alcalde e o seu pobo organizaron na ficción e seguro que tamén na realidade. O seu paso foi igual de rápido que o dos americanos por Villar del Río, pero en breve estaremos nas mesmas condicións que outras grandes cidades e esto nos permitirá a realización de actividades de ámbito local que espero sexan do voso interés.

No seguinte video podedes ver como funciona. Se pulsas no play non pasa nada ¿verdade? Pon o rato sobre o video e móveo, notarás a diferencia.

Video de inmersivemedia.com




Se vos interesa profundar no tema, podedes ampliar sobre street view, e outros sistemas como NORC, Seety, ou a chinesa city8.com.


lunes, 2 de mayo de 2011

II GUERRA MUNDIAL: COMENTARIO DE TEXTOS

Seguindo os modelos para o comentario de textos neste enlace, comenta o seguinte:

"1.-A autoridade en Alemaña será exercida, segundo as instruccións dos seus respectivos gobernos, polos comandantes de Xefe das Forzas Armadas dos EE.UU, do Reino Unido, da URSS e da República Francesa, actuando cada unha ou conxuntamente na súa propia zona de ocupación (...).
3.- Os obxectivos da ocupación de Alemaña (...) son:
I.- O desarme (...) e a dismilitarización completa de Alemaña e a eliminación ou control de tódalas industrias alemanas que puidesen servir para a producción de guerra (...).
II.- inculcar ao pobo alemán a convicción de que sufríu unha derrota militar total e que non pode escapar á responsabilidade das desgracias que provocou (...).
III.- A supresión do partido Nacionalsocialista e as organizacións afiliadas ou que estean baixo o seu control (...)
4.- Tódalas leis nazis que (...) establecían discriminacións (...) serán derogadas (...).
5.- Os criminais de guerra (...) serán detidos e sometidos a xuízos (...).
7.- A educación alemana será controlada de forma que se elimine completamente as doutrinas nazis e militaristas e que se permita o feliz desenvolvemento das doutrinas democráticas."


Comunicado da Conferencia de Postdam. Berlín 2 de agosto de 1945

Indica ademáis quen son as tres persoaxes que aparecen sentadas na seguinte imaxe:

Imaxe Wikimedia Commons

domingo, 1 de mayo de 2011

DÍA DA NAI 2011

Parodiando a un famoso anuncio de lubricante pero con modificación de marca, hoxe teño un catro en un. Un chega ás 42 primaveiras, motivo suficiente como para celebralo, times goes by, no día que ademáis beatifican ao terceiro Papa máis lonxevo da historia, Xoan  Pablo II,  unha das pezas importantes na Historia de fins do s.XX.

Pero o que realmente importa é que hoxe a coincidencia do día fai xustiza. O día da nai e o día do traballo coinciden. E seguindo cunha serie do xenial Forges, felicito a tódalas mamás e ogallá reduzan a súa carga coa colaboración de todos. Moito se ten avanzado pero moito queda por percorrer. Feliz día!

Imaxe: El País. Forges.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER