viernes, 25 de marzo de 2011

ARQUITECTURA RENACENTISTA CON LIM


Novas actividades con LIM sobre o Renacemento. Son 9 páxinas centradas na arquitectura renacentista para reforzar coñecementos.

miércoles, 23 de marzo de 2011

XOGO DAS CAPITAIS DO MUNDO

Xa temos rematada a parte de Xeografía, pero non está de máis refrescar a memoria. Premendo sobre a imaxe accederás a outro xogo de xeografía política. Antes de comeza (start), podes pasar o rato sobre a aplicación e premendo o rato indicarache o estado correspondente (en inglés). Unha vez creas que estás preparado/a para comezar dalle a start e boa sorte.


martes, 22 de marzo de 2011

CRISE DO 29 E ACTUAL: COMPARATIVA

Dous novos traballos que tentan achegarnos máis datos sobre a crise económica actual e os elementos comúns e diferentes respecto á crise do 1929.

A primeira presentación corresponde a Elena López.

 
A segunda é a correspondente a Tamara Lorenzo.


lunes, 21 de marzo de 2011

OURENSE MODERNISTA

Solucionados unhos pequenos problemas de audio, hoxe pódovos ofrecer un traballo realmente interesante, que non só abarca os contidos propios da área de Ciencias Sociais de 4º de ESO, senon tamén outras disciplinas nas que a correcta aplicación das competencias básicas xogaron un papel moi importante.

Non quixera extenderme moito porque o verdadeiro protagonismo o ten o propio video e as súas creadoras, Belén González Martínez e Aldara Méndez Vila, serguindo o criterio da orde alfabética, pero as dúas igual de importantes. Son alumnas de 4ºA de ESO no Colexio San José - Josefinas -, de Ourense e deron resposta a unha proposta de traballo feita na aula. 

Iníciase o video cunha breve introducción ao tema para despois, e ao longo de tres seccións (o Modernismo, exemplos de arte Modernista e o Modernismo na cidade de Ourense) descubrir os principais exemplos Modernistas da nosa cidade. O resultado o veredes de seguido.




Licencia do traballo

miércoles, 16 de marzo de 2011

SUPER LÚA

Foto: Flickr. Brenda Anderson

O 19 de marzo do 2011 a todos os que nos gusta ollar cara ao ceo polas noites, teremos a oportunidade de observar un fenómeno que non se produce dende o 1992. A super lúa é unha desas ocasións nas que o noso satélite se atopa máis preto da Terra no percorrido da súa órbita (o perixeo), a tan só 356.577 Km, e ademáis coincide coa lúa chea.

Órbita elíptica luar. O punto 1 é o apoxeo ou punto máis lonxano á Terra e o punto 2 o perixeo ou punto máis cercano á Terra.

A lúa non cambia de tamaño xa que o seu diámetro de case 3.500 Km non varía, pero sí a forma na que o noso ollo a percibe, un 14% máis do habitual. Tampouco poderemos ver a pegada de Neil Amstrong a pesar de que brilará un 30% máis do habitual.

Non perdades a ocasión de observar este fenómeno.

PARA SEGUIR INVESTIGANDO

Imaxe: elaboración propia a partir de abc.es e wikipedia

  • Saberías dicir como se denomina ao punto máis lonxano e o máis cercano da Terra con respecto ao Sol?
  • Canto tarda a lúa en percorrer os 2.290.000 Km da súa órbita ao redor da Terra? Cal é a súa velocidade?
  • Que outros fenómenos astronómicos coñeces que estean relacioados coa lúa?
  • Calcula o teu peso na lúa, noutros planetas ou as lúas de Xúpiter neste enlace.

martes, 15 de marzo de 2011

INTERPRETAR CLIMOGRAMAS_II

Un climograma é unha gráfica onde están representandas as temperaturas e precipitacións medias mensuais que se teñen producido en un lugar concreto ao longo dun ou varios anos. Cando recollen datos dun período longo de tempo, 30-40 anos, permítenos coñecer o clima dese lugar determinado.

Nunha entrada anterior comentamos o procedemento dos pasos a seguir para a realización dun climograma. Hoxe realizaremos o comentario dunha gráfica a partir do seguinte exemplo:

Fonte: Educaplus

  1. Como son as temperaturas?
  2. Como son as precipitacións?
  3. En que meses se producen? Hay estación chuviosa?
  4. Trátase dun clima cálido, temperado ou frío?
  5. En conclusión, é un clima____________________.
Cos datos que se xuntan de seguido dí:

Fonte: Educaplus

  1. Cal é a amplitude térmica?
  2. Calcula a temperatura media anual.
PARA SEGUIR INVESTIGANDO:

  1. Localiza a cidade á que pertencen os datos. As súas coordenadas xeográficas son 1°22′15″S 78°00′10″O. En que país se atopa?
  2. Unha vez teñas localizado o lugar, dí a que se debe o seu nome.
  3. Que significado ten na lingua indíxena?
  4. Esta cidade é capital dunha provincia. Cal?
  5. No s.XVIII pertenceu ao Virreinato de Nova Granada, unha colonia española. Poderías dicir as principais materias primas que se exportaban a España nese momento procedentes desta provincia?

    Deixa as respostas nos comentarios.

viernes, 11 de marzo de 2011

INTERPRETAR CLIMOGRAMAS

Un climograma é unha gráfica onde están representandas as temperaturas e precipitacións medias mensuais que se teñen producido en un lugar concreto ao longo dun ou varios anos. Cando recollen datos dun período longo de tempo, 30-40 anos, permítenos coñecer o clima dese lugar determinado.

Nunha entrada anterior comentamos o procedemento dos pasos a seguir para a realización dun climograma. Hoxe realizaremos o comentario dunha gráfica a partir do seguinte exemplo:

Fonte: Educaplus
  1. Como son as temperaturas?
  2. Como son as precipitacións?
  3. En que meses se producen? Cal é a estación da que se trata?
  4. Hay estación seca? En caso de ser afirmativa a resposta, de que estación estamos a falar?
  5. Trátase dun clima cálido, temperado ou frío?
  6. En conclusión, é un clima____________________.
Cos datos que se xuntan de seguido dí:

Fonte: Educaplus

  1. Cal é a amplitude térmica?
  2. Calcula a temperatura media anual.
PARA SEGUIR INVESTIGANDO:
  1. Os datos pertencen a unha capital situada a 6º10´S - 35º44´L. De que capital e país se trata?
  2. Unha vez teñas localizado o país achega unha breve información e descubrirás que nos barrancos dun dos seus canóns descubríronse xacementos arqueolóxicos de asentamentos humáns moi importantes. Deles falaremos no tema adicado á Prehistoria. Poderías dicir como se coñece a este canón ou garganta coñecida coma "o berce da humanidade"?
  3. Nalgunhas películas ou series de cando eu era neno, Tarzán mesmo, algúns negros dicían dúas palabras das que me lembro, "Jambo" (hola) e "Bwana" (señor) nunha das linguas oficiais deste país. Poderías dicir de que lingua se trata?

Deixa as respostas nos comentarios.

miércoles, 9 de marzo de 2011

A LOITA CONTRA A CRISE

O sistema de crédito sobre o que se desenvolvera o auxe da Bolsa nos felices anos 20 fixo que caira en picado afectando á banca e  por conseguinte ao crédito mesmo. Moitos debedores non foron quen de devolver esos préstamos e moitos aforradores acudiron a retirar os cuartos das entidades debilitándoas a unhas e afundindo definitivamente outras ao non poder facer fronte á demanda dos clientes.

Foto: Economía e empresa. Flickr

A actividade industrial caeu en picado levando ao paro a más dun 25% da poboación activa nos EUA, afectando ao somercio mundial. Os principais afectados, a clase media. Moitos tiveron que vivir coma mendigos, arruinados e sen traballo.



As primeiras medidas dos gobernos foi a de deixar facer, laissez faire, un dos principios do non intervencionismo estatal e por conseguinte do liberalismo económico. Entre as medidas que adoptaron algúns estados estaba o aumento das alfándegas para protexer ao producto nacional, o proteccionismo. Destruíronse stocks para que os prezos subisen e depreciouse a moeda.


Na novela de John Steinbeck, As uvas da ira do 1939 dí:

"Queiman o café nas caldeiras. Queiman o millo para se quentaren; o millo da un lume moi vivo. Guindan coas patacas no río e apostan gardas nas beiras para impedir que os desgraciados as saquen da auga. Desangran os porcos e entérranos e a podremia infíltrase no solo. Hai en todo isto un crime tan monstruoso que vai máis alá do entendemento. (...) A consternación lese nas olladas e a cólera comeza a brillar nos ollos dos famentos. Na alma da xente as uvas da ira inchan e maduran, anunciando as vendimas futuras."


Outro recurso foi o da deflación, limitar o crédito, reducir os gastos do estado, baixas os prezos e as rendas.

Un video interesante para entender conceptos coma inflacción ou deflación.



Tras case unha década de optimismo e prosperidade os EUA caeron nunha grande depresión económica arrastrando ao resto do mundo. As principais medidas para loitar contra a crise que analizaremos foron: o New Deal, o Keynesianismo e a Autarquía das ditaduras.






A proposta de traballo é elaborar unha presentación en ppt., comparando a crise do 29 coa actual.


lunes, 7 de marzo de 2011

CLIMA ECUATORIAL

Nas zoas próximas ao Ecuador localízanse os países afectados por este tipo de clima.

En verde escuro a situación do clima ecuatorial. Imaxe: Wikipedia


En xeral as características que presentan son as elevadas temperaturas ao longo de todo o ano, superiores aos 25ºC, e unha oscilación térmica en torno aos 2ºC. Ademáis as chuvias son abundantes e regulares todos os meses do ano, en torno aos 2000mm por ano.

A selva é a paisaxe caracterísitica (tamén xungla), onde a vexetación compite en altura polos raios de sol.


Selva ecuatorial. Imaxe: Kalipedia
Imaxe: Vicens Vives

Vexamos un video de pouco máis dun minuto sobre este medio natural.


A película de Tarzán está ambientada na selva.


Actividades:
  1. Aprende a elaborar un climograma. Preme no seguinte enlace.
  2. Realiza as seguintes actividades.
         

domingo, 6 de marzo de 2011

ANAMORFOSIS

Con este título comezo a entrada de hoxe. O motivo foi unha obra de Hans Holbein titulada "Os embaixadores" que analizamos na clase antes de iniciar o Entroido e sobre a cal lancei algúns interrogantes para espertar a curiosidade e a achega de información. Seguro que o xoves moitos traerán as respostas ben aprendidas. Sobre a obra e o seu significado podedes achegar a información neste enlace. Este óleo ten numerosas referencias co tema do humanismo e reforma que estamos a tratar  e das que faremos referencia noutra sesión.
Os embaixadores de H. Holbein. National Gallery. Imaxe: Google Art

No primeiro plano aparece unha estrana figura que observada fronte ao cadro non ten ningún sentido, pero se tendes a oportunidade de observalo "en directo" na súa unicación na galería 4 do National Gallery de Londres colocándonos a uns 2 metros dende o lateral dereito, poderedes descubrir o que agocha esa misteriosa imaxe, unha calaveira.

Calaveira nos embaixadores de Holbein. Fonte: Wikipedia

A técnica que se emprega é a da anamorfosis, unha deformación dunha imaxe a través dun procedemento óptico (empregando un espello cóncavo ou un culler), ou ben matemático.
A calaveira vista cun culler. Fonte: Wikipedia
Esta técnica que xa empregaba Leonardo hai máis de 500 anos a dominan algúns artistas contemporáneos de street painting como Julien Beever, un británico que é famoso polos seus debuxos nas rúas en numerosas cidades europeas. Na seguinte imaxe, aproveitando unha escaleira, o muro e o chán, obtén unha imaxe moi curiosa. Esta técnica consigue crear ilusión ópticas realmente increíbles, dando a sensación de realidades tridimensionais que non deixan de sorprenderme.

Waterfall. Julian Beever

Dependendo do punto de vista dende o que se observe o debuxo, a imaxe que obtemos varía sensiblemente, como podedes observar neste exemplo.



Outros artistas de streetpainting 3D son Kurt Wenner, o italiano Sergio Tringali  ou o español Eduardo Relero.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER