lunes, 28 de febrero de 2011

CRACK DO 29

En entradas anteriores tratamos o tema dos felices anos 20, o crack do 29 e a grande depresión e o intervencionismo estatal, así como unha serie de actividades relacioadas.

Os felices anos 20 primeira parte e segunda parte.
Grande depresión e felices 20, resume.
Actividade. Inclúe apelícula "As uvas da ira".

DOCUMENTAL O CRACK DO 29


miércoles, 23 de febrero de 2011

HONRADO CONCEJO DE LA MESTA

Todos os anos se celebra a festa da transhumancia en Madrid. É curiosa a imaxe da fonte da Cibeles cun tráfico ao que non está acostumbrada, menos contaminante e máis bucólico.

Ver fonte da imaxe
O Honrado Concejo de la Mesta foi unha institución medieval encargada da transhumancia que tiña privilexios en todo o territorio coma o de non pagar impostos, liberdade de pasto, castigar a quen atentase contra os pastores e sobre todo o apoio do rei.
Escudo da Mesta

Lembrade que os grandes rebaños de ovellas meiriñas eran propiedade da nobreza que obtiña grandes beneficios coa exportación da lá aos Países Baixos. Déixovos un video dun minuto e medio de duración de artehistoria.




    Se queres achegar máis información vai ao seguinte enlace e responde ás cuestións que se sinalan a continuación. Deixa a túa resposta nos comentarios.
    1. Cal é o significado da palabra "mesta"?
    2. Quen creou o "Concejo de la Mesta? En que ano?
    3. Que son as vías pecuarias? Que tipos existían?
    4. De que se lle acusa?
    5. Cal foron os motivos da súa desaparición no 1836?

Para os máis atrevidos:

Realiza un comentario de textos a partir da seguinte imaxe. Lembra os pasos para os comentarios nunha entrada anterior do blog.


Fonte da imaxe

martes, 22 de febrero de 2011

TEMPO E CLIMA

A meteoroloxía estuda o tempo. Predecir o tempo que vai facer mañá, é unha tarefa que fan os metorólogos e que nos presentan a través dos mapas do tempo. Nós tamén podemos interpretar un mapa de isobaras. Para iso propóñovos a seguinte tarefa.

Preme sobre a seguinte imaxe e accede á páxina da axencia estatal de meteoroloxía e comenta o tempo que fará mañá. Deixa o comentario no apartado de comentarios que verás ao final da entrada.


sábado, 19 de febrero de 2011

A CAPA DE OZONO

Unha nova animación flash que Iván Buzo comparte e que eu vos fago chegar a través do blog.

miércoles, 16 de febrero de 2011

IMPRESIONISMO

Para que poidades reforzar a parte correspondente á arte do XIX, nunha entrada anterior centreime preferentemente nos estilos neoclásico, romántico e o realismo. Tamén a arquitectura do ferro e cristal xunto ao modernismo tiveron un pequeno espazo. Nunha segunda entrada falamos do lugar de encontro dos artistas vangardistas aourensáns, O´Volter facendo unha similitude atrevida co café Guerbois parisino.

Hoxe centrareime no movemento impresionista. Podedes ampliar información en Wikillerato, e nunha páxina de Francisco José Calzado que persoalmente considero excelente. Contén, ademáis de información, unha serie de actividades de autoevaluación e xogos interactivos sumamente interesantes. Premede sobre a imaxe e que disfrutedes.


Se alguén sigue interesado no tema, con gañas de máis, Catalina León deseñou unha webquest, que a pesar de estar destinada ao alumnado de bacharelato, considero que pode ser de aplicación a modo de ampliación para a ESO. Noutra ocasión trataremos o puntillismo e post-impresionismo.

martes, 15 de febrero de 2011

TEMPO E CLIMA

A páxina de Educaplus.org é excelente para profundar nos contidos do tema "Tempo e clima". No menú da esquerda atoparedes distintas rutas. Non estaría de máis que lle botásedes unha ollada á parte correspondente á atmosfera e á dos elementos e factores do clima. Podedes acceder a ela premendo sobre a imaxe. 


lunes, 14 de febrero de 2011

SAN VALENTÍN: A SHORT LOVE STORY IN STOP MOTION

Merece a pena adicar tres minutos ao visionado deste curto de Carlos Lascano. Nunha entrada anterior xa falei de San Valentín e non vou a repetir. Con este video vai a miña pequena contribución ao día dos namorados.




domingo, 13 de febrero de 2011

DO CAFÉ GUERBOIS ATE O VOLTER


Cartel orixinal de O´Volter, de Acisclo Manzano Foto: Jose L. Guede

O realismo foi un estilo artístico que deixou constancia da sociedade do XIX. Dende os ambientes burgueses máis selectos ata o mundo do proletariado e do campesiñado. A ledicia do vivir fronte ás debilidades e miserias do home, e da muller, daqueles anos.

A rixidez da sociedade marcaba tamén ao mundo creativo dos artistas. A Academia das Belas Artes ditaba os cánones e filtraba aos artististas que podían expoñer de forma oficial no chamado Salón dos Pintores. A mediados do XIX, Napoleón III impulsaría estos salóns que acollerían a pintores sometidos á normativa da Academia en canto á temática ou á técnica. Os demáis, os reaccionarios ou innovadores, que rompías coa ríxida normativa academicista, para eles, as portas das exposicións oficiais estaban pechadas.

Lembreime daquela do Café Guerbois, aberto cara o 1863. Un pequeno café parisino que de día era un dos moitos establecementos nos que se servían menús do día e bebidas e que a medida que se achegaba a noite, convertíase nun espazo de encontro de artistas que tiñan como nexo de unión a admiración da obra de Edouard Manet. Poderíamos dicir que Manet foi o nexo de unión, e ao seu redor Cézanne, Renoir, Pissarro, Sisley, Degas ou Monet. Tamén había escritores como Emile Zola ou o fotógrafo Félix Nadar, entre outros moitos persoeiros do París de mediados do XIX. Ao anoiecer era o momento dos debates e as discusións.

Café Guerbois, Manet

Este grupo de artistas celebraron no 1874 unha exposición independente, "paralela" á oficial academicista. Foi no estudo do fotógrafo Nadar. Alí expuxeron, Renoir, Monet, Degas, Sisley, Pissarro e Cézanne. Daquel estudo saíu a expresión, " a exposición dos impresionistas" atribuída a un periodista chamado Louis Leroy para destacar o desinterese destes artistas polos medios de expresión tradicionais empregados na pintura. A obra que etiqueta a este estilo foi Impresión sol nacente de Monet.

Impresión, sol nacente. Monet

En Ourense foi ben coñecido o bar do Tucho ou O´Volter, o noso particular Café Guerbois, pero non no Montmartre parisino senon na praza medieval do Eirociño dos Cabaleiros. Dende os anos 60 do s. XX foi punto de encontro dos nosos propios vangardistas, os Artistiñas.

Interior do bar Tucho. Foto: M. García Yañez
Entre estes "artistiñas", e en torno ás figuras de Vicente Risco - a modo de Manet -, Otero Pedrayo, Cuevillas ou "Xocas", os artistas ourensáns como Xaime Quessada, Acisclo Acisclo Manzano, Failde, Arturo Baltar , Manolo Buciños, Virxilio ou Xosé Luis de Dios, encheron horas de tertulia e dalgún que outro grolo de viño. Foi Risco precisamente quen lle deu o alcume de "Artistiñas" aos mozos vangardistas ourensáns e tamén chamoulle O´Volter ao bar do Tucho en lembranza do Cabaret Voltaire en Zurich, o lugar onde se orixina o movemento do Dadaísmo (verémolo coa arte do s. XX). En definitiva, lugar de encontro, de tertulia, de innovación, auténtico taller de ideas e xerme prolífico da cultura ourensá. Mágoa que non se poidese conservar un anaco da historia que vai moito máis alá do local. Cecáis tan só o cartel que o Tucho luciría orgulloso sexa o derradeiro resquicio material do que nun tempo foi universo cultural da vangarda ourensá.

Os "artistiñas" comezando pola esquerda, Quessada, de Dios e Acisclo con Risco de fondo, no bar Tucho. Foto: Mani Moretón

sábado, 12 de febrero de 2011

ACTIVIDADES CON LIM: ARTE NO XIX

Hoxe inclúo unha primeira serie de actividades que vos axudarán a reforzar o tema. Agardo que vos sexan de interés.

miércoles, 9 de febrero de 2011

URBANISMO NO XIX


A finais do XVIII e durante o XIX sentáronse as bases da sociedade contemporánea. No eido político, as revolucións liberais burguesas e os nacionalismos (centrípeto -Italia e Alemaña- ou centrífugo -Grecia ou o Imperio Austrohúngaro-), xunto ás ondas revolucionarias do 1820, 1830 e 1848 marcaron unhas décadas que puxeron o fin definitivo ao Antigo Réxime e consolidou os estados liberais burgueses. Foi tamén o século XIX o da carreira imperialista e o cénit dos grandes imperios coloniais.

A  Revolución Industrial e a nova clase social xurdida neste contexto, o proletariado, contribuirá a cambiar a fisionomía das cidades. O urbanismo é unha disciplina que ten como obxectivo o estudo das cidades de forma global que terá no s. XIX un momento de esplendor ao adaptar as vellas cidades ás novas necesidades, aparición de novos barrios e novas vías de comunicación que deran resposta aos medios nacentes da segunda revolución industrial. Os primeiros barrios obreiros asentáronse preto das industrias sen orde e con escasas medidas hixiénicas, sen alcantarillado, iluminación, etc., os chamados barrios feos.

A mediados do s.XIX, Napoleón III ordea ao barón Haussmann a desenvolver profunda reforma da cidade de París.

Barón Haussmann
Iniciada no 1853, contou cunha dobre finalidade: resolver problemas de suministro de augas e a evacuación das augas fecais e por outra parte dar resposta ás manifestacións que aproveitaban o entramado urbán antigo da cidade para fuxir da policía. Para acadar estos obxectivos tivo que demoler barrios completos do París medieval para substituílos por amplos bulevares, prazas circulares, espazos verdes e estacións de ferrocarril afastadas do núcleo urbán.

O resultado foron amplas avenidas rectas, unha rede de alcantarillado e conexións para os medios de transporte. Esto foi un incentivo para os propios parisinos que se converteron en visitantes da súa propia cidade. Haussmann exerceu gran influencia no urbanismo europeo, latinoamericano e nas colonias de ultramar.

París

En España a aportación máis significativa foi a realizada por Ildefonso Cerdá en Barcelona, o Ensanche, e o deseño da Cidade Liñal de Arturo Soria en Madrid.

Cidade Liñal de Arturo Soria

Ensanche de Barcelona, Ildefonso Cerdá


  • Achegade información sobre estas dúas propostas urbanísticas.



domingo, 6 de febrero de 2011

ARTE GÓTICO

O Profesor Isaac Buzo ten un material excelente. As seguintes animacións son súas. Espero que vos resulten de interés.

Arquitectura gótica



Escultura gótica



Pintura gótica


Para rematar unha comparativa entre o románico e o gótico.

sábado, 5 de febrero de 2011

TESTEANDO

Preséntovos unha nova páxina: testeando.es. Pareceume interesante e por iste motivo a inclúo no blog. Unha  forma interesante de poñer a proba os teus coñecementos. Para distintos niveis e áreas.

Recoméndovos as de Xeografía, Historia e Arte. Preme sobre a imaxe.


viernes, 4 de febrero de 2011

ANTIPODAS

A piques de rematar o estudo da Xeografía Física e Política, compre facer algo de repaso.

¿Que tenta representar este mapa?

Se poidésemos sair a través dun tunel excavado no patio do colexio que atravesara en liña recta o planeta pasando polo seu centro...


....sairíamos a este bosque situado en......?



Hoxe plantéxovos un pequeno traballo de investigación. Anotade as respostas nos comentarios.

  1. Que nome recibe o lugar da superficie terrestre diametralmente oposto a outro?
  2. Sería pois o lugar máis alonxado?
  3. Observa as imaxes anteriores. A primeira corresponde cunha vista do patio do colexio. Na segunda observarás unha masa forestal. ¿Poderías indicar cal é o nome deste estado?
  4. Unha vez descuberto o nome, achega información na rede e dí, ¿quen foi o primeiro europeo que chega a estas terras? ¿Cal foi o primeiro nome europeo para estos territorios? Finalmente, o nome actual fai referencia a una provincia da actual Holanda, ¿cal é esa provincia?
Mapa dos Paises Baixos coa localización da provincia que temos que pescudar.



Pinchando neste enlace poderás acceder a unha web que te axudará na resolución dalgunha das cuestións e coa que tamén poderás divertirte un rato.

jueves, 3 de febrero de 2011

A CATEDRAL DE LEÓN

A catedral de León, en pleno camiño francés, segue a tradición das grandes catedrais francesas. A pranta e a fachada son case unha réplica exacta da catedral de Reims. Para coñecer un pouco máis dunha das xoias do gótico en España pinchade sobre a imaxe. Poderedes facer un recorrido virtual que ben paga a pena.


miércoles, 2 de febrero de 2011

农历新年 - FELIZ ANINOVO 4709



新年快乐! - xīnniánkuàilè - Feliz Aninovo





Segundo o calendario chinés, hoxe ás 17,00 comezou o ano do Coello (do 3 de febreiro do 2011 ata o 22 de xaneiro do 2012) e ramata o ano do Tigre. Será o seu ano 4709.

Despídese o ano do Tigre e entra o ano do Coello

Tamén se coñece a esta festividade do Aninovo, 农历新年 (nónglìxīnnián) coma o Festival da Primaveira, 春节 (Chūnjié). Esto que nos parece unha contradicción é debido ao calendario lunisolar chinés, que emprega un método diferente ao occidental para o cálculo das estacións. En España celebrarase nesta medianoite, o que os chineses coñecen como 除夕 (chúxī) o que podería ser a nosa Noitevella.

O coello 兔 (tù) coma se coñece en China é a representación da lonxevidade, bos modais ou a sensibilidade.

O coello un dos doce animais do zodíaco chinés


Esta festividade que da comezo o primeiro día do primeiro mes chinés, 正月 (zhēngyuè), literalmente, "primeiro mes" e remata co chamado Festival dos Farois, 元宵节 (Yuánxiāojié) ten unha duración de 15 días de festa, algo moi parecido ás nosas vacacións de Nadal, aínda que esta duración varía dependendo se é a China continental ou noutros lugares coma pode ser Hong Kong, Macao, Taiwan, etc.



No primeiro día é frecuente que os máis novos visiten as casas dos maiores, por eso esta é unha época de grandes desprazamentos de persoas, millóns e millóns de persoas que viaxan ás casas dos seus familiares.

Como cultura lonxana e moi diferente da europea occidental, os chineses seguen tamén algúns rituais tal e coma nós facemos coa nosa celebración de Nadal ou Aninovo.  Por exemplo:

1.- Rituais relacioados co deus da cociña .灶君 (Zàojūn)

     Son previos ao aninovo, xeralmente cara o atardecer. As familias reúnense e achéganse á cociña e nunha mesa arreglada poñen unha imaxe do deus e lle ofrecen does. Hay un costume popular de untar os beizos con azucre co fin de evitar que se fale mal deles durante o ano.



2.- Limpeza.

     O que sería o 23 de decembro luar, e tras a cerimonia ao deus da cociña, na súa noitevella farían unha gran limpeza. Chámanlle os días da limpeza do pó. É un ritual co que barren a mala sorte do ano anterior e deixan a casa lista para a boa sorte do ano que entra. Despois gardan as vasoiras para que a boa sorte dos que chegan non poida ser barrida.



3.- Carteis ou coplas.

     En ocasión colocan nos marcos frases alusivas á boa sorte. Ou poñer na cabeza a palabra 福 (fú), sorte.

4.- O sobre vermello 红包  (hóng bào).

     Sería a entrega dunha pequena canidade de diñeiro, en cantidade par, nun sobre vermello. Esta cor ten unha simboloxía especial para os chineses, significa boa sorte.



5.- Pratos típicos.

     A cociña china é moi rica e variada. Un dos pratos típicos nestas datas son unha especie de raviolis que se chaman 饺子 (jiǎozi), polo, mariscos ameixas, vieiras ou langosta, leituga e por suposto os roliños de primaveira e o arroz chinés. Todo ten unha explicación na mesa para os chineses, por exemplo, chamoume a atención que a palabra que eles empregan para a leituga soa moi parecido que utilizan para decir boa sorte, ou a palabra para peixe que soa coma a palabra desexo, esto é o que ten un idioma tonal coma o chino.


Pero posiblemente un dos rituais más chamativos para nós é a danza do dragón e do león. Remato cun 恭喜发财 (gōngxi fācái), felicidades e prosperidade.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER