domingo, 26 de diciembre de 2010

ESPAÑA NO XIX: MÁIS ACTIVIDADES

Deixo unha serie de enlaces con actividades relacioadas co tema de España no XIX.

Páxina do profesor Francisco. Contén moitos links interesantes. Este corresponde a un quiz sobre o reinado da raíña Isabel II. Acceder.

Outro sobre o mesmo tema do IES Casasviejas, o reinado da raíña Isabel II entre outras actividades un test, crucigramas, relacioar fotos, etc. Acceder.

Examen de Kalipedia relacioado tamén co tema. Acceder.

viernes, 17 de diciembre de 2010

A CONSTRUCCIÓN DUNHA IGREXA ROMÁNICA

A construcción dunha igrexa románica é un excelente material de realidade virtual aplicado para a aula elaborado por Eloi Biosca,. Está aloxado na páxina de recursos educativos xtec.cat. Preme sobre a imaxe para acceder.


miércoles, 15 de diciembre de 2010

ARTE ROMÁNICA

lunes, 6 de diciembre de 2010

O CARDEAL QUEVEDO E A GUERRA DA INDEPENDENCIA

Como ben sabedes, coa sinatura do Tratado de Fontainebleau Carlos IV e o seu ministro Godoy abríronlle "as portas da casa" ás tropas de Napoleón. Coa chegada dos franceses a España comezará case que de inmediato unha resistencia popular, iniciada en Madrid, que desembocará na Guerra da Independencia (1808-1814). No mes de xaneiro  do 2011 cumpliranse 200 anos da chegada do exército francés á provincia de Ourense.

Segundo recolle Antonio Castro en valdeorras.com, as tropas gabachas viñan "seguindo ás tropas anglo-españolas que se batían en retirada, capitaneadas por Crawford, Van Alten e o Marqués da Romana. Seguíanlle os pasos a cabalería de Franceschi que, inicialmente, tivo que retroceder ao Bierzo ante a resistencia do Xeneral Mendizábal en Ponte Dgo. Flórez. Entran, por fin, o 15 de xaneiro de 1809 co Xeneral Marchand e aquí estiveron por espazo de dous días sementando o pánico e o terror, (...). Volven a mediados de xuño do mesmo ano, cando Soult decide abandoar Galicia por Valdeorras cara a Zamora (...)." (traducción propia)

Na seguinte imaxe pódese apreciar a ruta seguida polo Xeneral Soult na súa fuxida pola Alberguería (ver mapa).
Foto: Ramón López Caneda en alberguería na historia

Unha das figuras claves da resistencia contra os franceses foi a do Bispo Pedro Quevedo y Quintano (posteriormente Cardeal Quevedo). Acolleu bispos e cregos fuxidos da Francia napoleónica, financiou a guerra e aportou combatentes entre o propio clero. Dirixíu a Xunta de Lobeira, logo a de Ourense e posteriormente, unha vez disolta a Xunta Suprema Central, foi nomeado Presidente do Consello de Rexencia de España e das Indias no 1810. Este órgano composto por cinco membros tivo un papel destacado porque foi o responsable de convocar as Cortes das cales sairía a Constitución de 1812, e decidir entre a convocatoria estamental (idea defendida por Jovellanos) ou unicameral como propuñan os liberais, decisión que como sabedes foi a que prosperou. O máis destacado na nosa cidade foi o paso do Xeneral Soult cara Portugal, e varios acontecementos na provincia, pero non é o motivo da entrada de hoxe.

Cardeal Quevedo, imaxe póstuma

O Bispo Cisneros foi un defensor do absolutismo. Unha vez redactada e promulgada a Constitución de Cádiz, negouse a xurala e por este motivo foi esterrado a Tourem (Vila Real, Portugal) ata a chegada de Fernando VII. Non esquezas de facer unha visita á Catedral e localizar o panteón funerario desta persoaxe clave na historia contemporánea da cidade e unha das máis relevantes deste período da historia contemporánea de España.  O sepulcro é obra do escultor neoclásico Antonio Solá no 1833.

Para ampliar sobre a historia contemporánea da cidade no XIX, e como unha lectura recomendada, propóñovos que non deixedes de consultar Historia de Ourense. A cidade das pontes e os camiños de Xosé Somoza Medina, publicado pola editorial Duen de Bux.

Portada do libro Historia de Ourense de Xosé Somoza Medina

domingo, 5 de diciembre de 2010

MARCOS VALCÁRCEL

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER