martes, 30 de noviembre de 2010

ANALIZAR UNHA CONSTITUCIÓN

Ao longo dos séculos XIX e XX veremos distintos textos constitucionais en España. Progresistas, democráticos, conservadores, etc., dependendo sempre da ideoloxía do grupo que as elabora. Deste xeito, en quen recae a soberanía, as formas de relacionarse dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial), os límites ao dereito de sufraxio ou os dereitos e liberdades das que gozan os cidadáns varían dunha constitución a outra. Neste post tentaremos dar unha pautas para analizar un texto constitucional.

Vexamos primeiro que é unha constitución. Neste enlace temos unha axuda e tamén en wikipedia. A súa etimoloxía procede do latín "cum", "statuere", "establecer con". É a norma xurídica suprema positiva que rixe a organización dun Estado. Hay diferentes interpretacións sobre que é ou debe ser unha constitución. Por exemplo:

Aristóteles
Turgot


Aristóteles na súa obra De la Política, no Libro III, dicía que "é un orden instituído polos cidadáns dunha polis co fin de regular a distribución do poder".

Outra concepción a formula Turgot, quen dicía que "uhna constitución é un corpo articulado que debe obedecer de maneira sumisa a unha cabeza". Una mesma cousa e dúas realidades ben distintas ¿verdade?






Amáis das constitucións escritas existen tamén as chamadas constitucións consuetudinarias.


Nós centrarémonos, pois, nos textos escritos. Vamos ao procedemento para analizar unha constitución:






ACTIVIDADE:                                                                                                                                                            

    1. Fai un cadro comparativo, seguindo o modelo de traballo, entre as constitucións de 1812, 1837, 1845,  1869, 1873 e 1876.

lunes, 29 de noviembre de 2010

ESPAÑA NO s.XIX

Hoxe un comentario sinxelo. Todas as dúbidas resolveranse en clase ou ben a través dos comentarios, queda á vosa elección.

Cen mil fillos de San Luis

"(...) públicos e notorios foron a tódolos meus vasalos os escandalosos sucesos que precederon, acompañaron e seguieron o establecemento da democrática Constitución de Cádiz no mes de marzo de 1820, a máis criminal traición, a máis vergonzosa cobardía, o desacato máis horrendo a miña real Persoa, e a violencia máis inevitable, foron os elementos empregados para variar esencialmente o Goberno paternal dos meus reinos (...) A Europa enteira, coñecendo profundamente o meu cautiverio (...) determinaron poñer fin a un estado de cousas, que era o escándalo universal, que camiñaba a trastornar tódolos tronos e todas as institucións antigas, cambiándoas na irrelixión e a inmoralidade (...)Viñen a decretar o seguinte: son nulos e de ningún valor todos os actos do Goberno chamado constitucional (...) que dominou aos meus pobos dende o 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1 de outubro de 1823."

Manifesto Rexio, 1 de octubre de 1823

  1. Contextualiza o texto.
  2. Que significa a frase "determinaron poñer fin a un estado de cousas". Quen o determinou? Cal son as "cousas" ás que se refire?
  3. A que Goberno constitucioal se refiere? Cal foron os actos dese Goberno que se van a abolir?

domingo, 28 de noviembre de 2010

A DÉCADA OMINOSA

Finalizada a Guerra da Independencia e trala volta de Fernando VII o Desexado, sucédense diferentes etapas na historia de España no XIX. A Década Ominosa, así se coñece ao período de reinado absolutista de Fernando VII (1823-1833) tralo Trienio Liberal do Coronel Riego (1820-1823). Nesta década España perdería novamente a oportunidade de subirse ao tren do progreso e con ela pasamos dunha importante potencia colonial a ser un país atrasado.
Coronel Riego
Foi precisamente o Coronel Riego quen protagonizou o único pronunciamento militar que acadou o éxito. Neste contexto. o rei Fernando VII, viuse na obriga de acatar a Constitución de 1812 (ver entrada anterior).

"(...) Mentres Eu meditaba maduramente, coa solicitude propia do meu paternal corazón as variacións do noso réximen fundamental que parecían máis adaptables ao carácter nacional e ao estado presente das diversas porcións da Monarquía española, así como máis análogas á organización dos pobos ilustrados, fixéchedesme entender o voso anhelo de que se restablecese aquela Constitución, que entre o estruendo das armas hostís, foi promulgada en Cádiz o ano 1812. (...) Xurei esta Constitución pola cal suspirábades e serei sempre  oseu máis firme apoio... Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional."

Manifesto Rexio de Fernando VII 10 de Marzo de 1820


  • Cal é o motivo, segundo a túa opinión, de por que se producen tantos pronunciamentos militares?
  • Está Fernando VII verdadeiramente implicado cos principios constitucionais?
  • Por que Fernando VII promulga a validez da Constitución de 1812?
  • Compara o texto co seguinte que corresponde a un estracto do Manifesto dos Persas no 1814. Achega información sobre ese documento.

"A monarquía absoluta (...) é unha obra da razón e da intelixencia; está subordinada á lei divina, á xustiza e ás reglas fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros homes que elexiron aos seus Reis... Por esto foi necesario que o poder soberano fose absoluto para prescribir aos súbditos todo o que mira ao interés común e obligar á obediencia aos que se negan a ela. O desexo medio que debemos pedir, trasladando ao papel nosos votos, e o das nosas provincias é, con arreglo ás leis, foros, usos e costumes de España. (...) Que a este fin se proceda a celebrar Cortes coa solemnidade e na forma en que se celebraron as antigas... que se suspendan os efectos da Constitución e decretos dictados en Cádiz e que as novas Cortes tomen en consideración a súa nulidade, a súa inxustiza (...)"


Manifiesto dos Persas. 12 de Abril de 1814


  • Por que se coñece co nome de Manifesto dos Persas?
  • Cal son as súas principais ideas?
  • Que consecuencias ten?

jueves, 25 de noviembre de 2010

FEUDALISMO: ANTECEDENTES

A mediados do s.VIII os francos consolidaron un importante reino na Galia, antiga provincia romana. os primeiros reis axudados polos maiordomos reforzaron o seu poder e a súa posición. Un destes maiordomos foi Carlos Martel, da dinastía merovinxia, tivo un papel protagonista na batalla de Poitiers, reforzou o seu pretixio e un dos seus descendentes, Pipino o Breve foi o fundador da dinastía carolinxia.

Imperio franco 48-814


Carlomagno por Durero
Carlomagno foi coroado emperador no ano 800 polo Papa León III. O Imperio Carolinxio estaba dividido en marcas, condados e ducados. O pazo ou castelo era o centro administrativo e estaba dirixido por un chambelán. Outros cargos de importancia o ostentaban os missi dominici, unha especie de inspectores afíns ao emperador que se encargaban de vixiar que as directrices marcadas por Carlomagno fosen aplicadas por condes e marqueses.Trala morte de Carlomagno, o seu imperio foi repartido entre os seus netos Lotario, Luis o Xermánico e Carlos o Calvo segundo recolle o acordo do Tratado de Verdún no 843.

Unha segunda oleada de pobos invasores coma os normandos, maxiares e musulmáns crearon unha grande inseguridade. Esto fixo que os reis foran incapaces de defender os seus territorios e axudou a sentar as bases do Feudalismo.

“... puede definirse al feudalismo como un conjunto de instituciones que crean o rigen obligaciones de obediencia y servicio –principalmente militar– por parte de un hombre “libre” llamado VASALLO hacia un hombre “libre” llamado SEÑOR. Y obligaciones de protección y sostenimiento por parte del SEÑOR respecto del VASALLO, dándose el caso de que la obligación de sostenimiento tuviera la mayoría de las veces la concesión de un bien llamado beneficio o FEUDO.”

“... Se puede concebir el feudalismo como un tipo de sociedad cuyos caracteres determinante son: un desarrollo elevado de los lazos de dependencia de hombre a hombre con una clase de guerreros que ocupan los peldaños superiores de dicha jerarquía... una fragmentación del poder público, que crea en cada país una jerarquía de instituciones autónomas que ejercen en interés propio los poderes atribuidos normalmente al Estado...”

Ganshoff, Francais: “El Feudalismo”
Ariel, Barcelona, 1974

Podemos tomar coma as bases do feudalismo:

  • A Capitular de Mersen no 847. Ante inseguridade creadas polas invasións, o rei entrega feudos a cambio da fidelidade e pídelle aos homes libres que se acollan baixo a protección dun señor que os protexa.
  • A Capitular de Quierzy no 877 fai os cargos hereditarios.
Dúas palabras son clave para entender o feudalismo: FEUDO e VASALAXE.

Para rematar un video sobre feudalismo e vasalaxe:


domingo, 21 de noviembre de 2010

CRISE DO REINADO DE CARLOS IV (1788-1808)

No ano 1792 o rei Carlos IV que estivera rodeado de ministros ilustrados coma Floridablanca ou Jovellanos, confíalle o poder a un mozo militar, Manuel Godoy, evidencia da desconfianza que o monarca tiña sobre a nobreza.

Ante a execución de Luis XVI, Carlos IV e o seu ministro Godoy declaran a guerra a Francia, contando co apoio doutras monarquías absolutas europeas. A derrota española ante os franceses foi contundente e a rendición plasmouse na paz de Basilea (1795).


Cando Napoleón accede ao poder no 1799, España dubidou se pactar con Francia porque así evitaba o enfrontamento co seu poderoso exército. Finalmente se asinará unha alianza (Tratado de San Ildenfonso en 1796 e Convenio de Aranxuez 1800) que fará que España pase a conformar a Primeira Coalición como inicio ás Guerras Napoleónicas. Esto conlevou que España entrase en conflicto con Gran Bretaña, inimigo dos franceses, debido a que os británicos aspiraban a dominar o comercio marítimo de ultramar e vían que España podería acadar unha posición privilexiada en colaboración cos franceses. O enfrontamento entre británicos e a alianza franco-española rematou coa victoria británica na Batalla de Trafalgar.

Previamente Napoleón intentara invadir as illas Británicas. A batalla de Finisterre encuádrase neses acontecementos previos.


Redacta un informe, no apartado comentarios, no que se inclúan os feitos que se poden considerar como antecedentes da guerra (causas remotas e inmediatas). Neste post inclúense as remotas (dúas) e as tres primeiras das causas inmediatas. Para completar o informe deberás achegar información extra nos seguintes enlaces:

martes, 16 de noviembre de 2010

ISLAM (الإسلام - al-Islām)

Hoxe, 16 de novembro do 2010 (9 Dhul-Hijjah 1431 no calendario musulmán), a comunidade musulmá celebra o Id al Kabir, a festa grade do sacrificio do cordeiro que ten como orixe o tema do Sacrificio de Isaac.

Sacrificio de Isaac de Caravaggio

Descubrimos coa unidade do Islam, entre outros moitos aspectos, algo máis sobre a orixe e os ritos e costumes desta comunidade de crentes. Algo familiar e cotiá e ao mesmo tempo descoñecida en canto aos seus rituais tal e como detectamos na avaliación inicial.

Adicamos unha sesión ao visionado do documental de National Geographic titulado "A Meca por dentro" ("Inside Mecca"). Déixovos con él de novo cortesía de webislam. Ao remate propóñovos unha serie de actividades relacioadas que podes responder no apartado comentarios ao final da entrada.



ACTIVIDADES:
  1. Cal son as nacionalidades dos tres protagonistas.
  2. Que é o Hajj?
  3. En que mes do calendario musulmán se celebra o Hajj?
  4. Cal son os ritos celebrados durante a Hajj?
  5. Por que se lle chama a Araham "pai dos crentes"? Cal é o seu vínculo coa relixión islámica?
Algúns enlaces que vos poden axudar:

sábado, 13 de noviembre de 2010

CONDICIÓNS DE VIDA DA CLASE OBREIRA

A introducción das máquinas provocou, xa na 1ª Revolución Industrial, non só un cambio trascendental na estructura productiva senon tamén nas condicións laborais. O proletariado é a nova clase emerxente que desprazará ao artesán. O maquinismo trouxo xonsigo a división do traballo e agora o obreiro é un eslabón máis do proceso de producción.

O empresario tiña a necesidade de acumular grandes cantidades de capital, o que lles obrigou a manter salarios moi baixos a pesar de que os prezos aumentaban. Isto conlevou ao empobrecemento da clase traballadora. Un recurso moi empregado polas industrias do XIX, foi o emprego de man de obra femenina e infantil. Sometidos a longas xornadas de traballo en lugares pouco recomendables para a saúde e cuns salarios por debaixo do dos homes. A necesidade facía que esto sucedese así.


TEXTO 1:

"Traballo no pozo de Gawber. Non é moi canso, pero traballo sen luz e paso medo. Vou ás catro e ás veces ás tres e media da mañaná, e saio ás cinco e media da tarde. Non me durmo nunca. Ás veces canto cando hai luz, pero non na escuridade, entón non me atrevo a cantar. Non me gusta estar no pozo. Estou medio durmida ás veces cando vou pola mañaná. Vou á escola os domingos e aprendo a ler. (...) Ensínanme a rezar (...) Oín falar de Xesucristo moitas veces. Non sei por qué veu á terra e non sei por qué morreu, pero sei que descansaba a súa cabeza sobre pedras. Prefiro, de lonxe, ir á escola que estar na mina."

Declaraciones de la niña Sarah Gooder, de 8 años de edad. Testimonio recogido por la Comisión Ashley para el estudio de la situación en las minas, 1842






TEXTO 2:

" A calva que teño na cabeza fíxenna empurrando cargas; as miñas pernas endexamáis incharon, pero ós meus irmáns sí que lles ocorreu iso cando foron á fábrica; empurro a toda presa as cargas unha milla ou máis por debaixo do solo e despois volta; pesan 3 quintais (...); os picadores para os que traballo van espidos agás as súas gorras(...); algunhas veces mállanme se non vou de présa abondo (...). Preferiría traballar nunha fábrica ca nunha mina de carbón."


Declaracións á Comisión para o traballo dos nenos. Inglaterra 1842


  1. Comenta e indaga sobre as condicións de vida e traballo da clase obreira. Presta atención especial ao traballo das mulleres e dos nenos.
  2. Achega unha definición de traballo infantil.
  3. Que razóns cres que se deron para xustificar o descenso do traballo infantil segundo o seguinte cadro.

Cadro 1: Emprego do neno, 1851-1881
Industria y grupo de edad1851186118711881
Minería. Los varones menores de 15 años37,30045,10043,10030,400
Las mujeres menores de 15 años1,400500900500
Los varones 15-2050,10065,30074,90087,300
Las mujeres mayores de 155,4004,9005,3005,700
Total de menores de 15 años como % De la fuerza de trabajo
13%12%10%6%
Textil y teñidoLos varones menores de 15 años
93,80080,70078,50058,900
Las mujeres menores de 15 años147,700115,700119,80082,600
Los varones 15-2092,60092,60090,50093,200
Las mujeres mayores de 15780,900739,300729,700699,900
Total de menores de 15 años como % de la fuerza de trabajo
15%19%14%11%
Fuente: eh.net Booth (1886, 353-399).



Na actualidade séguense a producir situacións de explotación infantil. Propóñovos a realización de un traballo de investigación sobre as novas formas de explotación infantil e como podemos loitar contra esta nova forma de escravitude.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER