jueves, 28 de octubre de 2010

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Practicopedia ofrece vídeos sinxelos e moi fáciles de entender. Para a introducción á Revolución Industrial este resulta interesante.

miércoles, 27 de octubre de 2010

PERFUME: HISTORIA DUN ASASINO

O cine e a literatura pode dar moito xogo nas clases de Historia, non é a primeira entrada adicada ao cine neste blog, xa o teño feito nalguna ocasión (O nome da rosa; 1492: o descubrimento, O neno co pixama de raias, Tempos Modernos, e outras). Hoxe déixovos unha nova.

Falamos do réxime demográfico na aula e comentei se alguén lera o libro "Perfume" do alemán Patrik Süskind, lixeira decepción. A pesar de cumprir os 25 anos da súa publicación, non foi ata o 2006 cando outro alemán, o director Tom Tykwer levou á gran pantalla a adaptación da novela, e a película sí que tivo máis aceptación ca lectura, moderada satisfacción.

Poderíanos dar moito xogo a propia película pero centrareime no que ten estreita relación co Réxime Demográfico Antigo. Pediríavos que lésedes o texto seleccionado da novela como primeiro paso e unha vez lido visionar un fragmento tres minutos da película como segundo paso. Atoparédela en versión orixinal en inglés subtitulada ao castelán, así potenciamos o pluriingüísmo tan de moda nestes tempos. A lectura e o visionado correspóndense o que nos pode servir tamén para observar se a adaptación foi fiel á fonte orixinal (a novela) ou o director corta, modifica ou transforma totalmente a propia fonte.

LECTURA: PERFUME, HISTORIA DUN ASASINO DE PATRIK SÜSKIND (1985)




Feita a lectura imos ao segundo paso:

VISIONADO (V.O.S.): PERFUME, HISTORIA DUN ASASINO DE TOM TYKWER (2006)



Unha vez lido e visionado podedes repasar lembrando o debate tal e como se na aula, a relación cos contidos que xa tendes adquiridos. Se quedan dúbidas non deixedes de consultar a través dos comentarios ou en "directo".

Debatimos entre a forma de aplicar a condea á nai do protagonista e a pena en sí mesma. Non son coincidentes na novela coma na lungametraxe. ¿Cál é maís acorde co momento histórico no que se sitía a película? Tendo en conta que nos dan datos moi concretos do nacemento de Jean-Baptiste, e a da execución da nai. A pena de morte, decapitada ou aforcada difire O razoamento que fixéstedes sobre cál credes que se  en clase foi moi acertado, ainda que en ningún caso se nomea á guillotina.

lunes, 25 de octubre de 2010

LIBERALISMO

Tenta resolver o seguinte quiz sobre unha parte do tema do liberalismo e nacionalismo. Non hai límite de tempo.

sábado, 23 de octubre de 2010

ROMA: HIXIENE

Hoxe vai de hixiene e a súa relación co urbanismo. Non hai moito falabamos das medidas hixénicas como condicionante na Historia da Humanidade. A importancia de manter unhos hábitos hixiénicos favorece a convivencia, non cabe dúbida, pero tamén poder ser un factor de mellora das condicións de vida dunha colectividade, chegando a ser unha das causas que contribuíron á reducción da mortandade ao longo da Historia.

Un dos retos das cidades romanas era acadar un acueducto que lles permitise o abastecemento de auga. Estas construcción requerían de grandes obras de enxeñería e de estudos de acuíferos que tivesen auga suficiente para unha cidade, a este punto de captación da auga denominábase "caput aquae", que en ocasións estaba a varias decenas de kilómetros de distancia. Non era tarea fácil.

Na cidade romana de Emérita Augusta (Mérida, Badajoz) abastecíase da auga traída polo acueducto dos Miragres, non tan famoso coma o de Segovia. Premendo sobre os enlaces poddes ampliar a información sobre estas construccións en particular e achegar algunhas diferencias entre ambos. Tamén te podes informar dos acueductos que hai en España no seguinte enlace.


Acueducto de los Milagros (Mérida) Fonte: Wikipedia

O seguinte video axúdanos a comprender mellor cómo funcionaban este tipo de construccións.


Outra das obras públicas ás que fixemos referencia foi a Cloaca Máxima. Con admiración, ¿verdade?. Admiración porque nos sorprendeu cómo na Europa do s.XVI, por exemplo, as necesidades se facían cara a rúa e non era estrano escoitar a frase de "auga vai". O pintor flamenco Peter Brueghel o Vello recolleu na súa obra "Os proverbios flamencos" (tamén coñecida coma "O mundo do revés") a un home facendo as súas necesidades cara á rúa, tal e como podes apreciar na imaxe inferior.
Fonte: Wikipedia - montaxe de elaboración propia

Roma era moito máis hixiénica que moitas grandes cidades europeas ata o s.XIX. A Cloaca Máxima foi a rede de alcantarillado máis antiga do mundo. Iniciada polos etruscos cara ao 600 a.C., inicialmento foi unha canle aberta e parte do seu percorrido cara ao río Tiber baixo terra.

Percorrido da Cloaca Máxima
Cloaca Máxima














As letrinas ou baños públicos tamén eran frecuentes no Imperio Romano. Aproveitábanse os lugares públicos máis concurridos para a súa construcción. Deles recollíanse os excrementos e ouriños.
Letrinas en Ostia


A vida privada dos romanos
Recreación da limpeza das letrinas. FONTE: sdelbiombo - Vicente Camarasa

Sorprenderíanos hoxe saber qué usos se facían dos excrementos humáns e dos ouriños. Por exemplo, existían persoas que se encargaban de recoller as deposicións para vendelas coma esterco. Tamén se recollía o ouriño en grandes vasixas para empregalas como desinfectante ou para o branqueado da roupa, polo alto contido en amoníaco, ou incluso como "pasta dentífrica", para a limpeza dos dentes, un costume herdado Íberos. A pasta dentífrica xa era empregaba hai uns 5000 anos polos exipcios, así o recolle un papiro datado no s.IV a.C., consistía nunha mistura de diversos compoñentes, podes achegar a fórmula neste enlace. Foi un médico romano, Escribonius Largus, o primeiro en documentar unha fórmula para a pasta de dentes no s. I d.C.
Erasmo de Rotterdam cita na súa obra "De la civilización moral" cara ao 1530: 
 preciso ser moi coidadoso de ter os dentes limpos, pois blanquealos con polvos é propio de mozos. Frotalos con sal e alúmina é moi perxudicial e servirse da orina para este propósito é cousa de españois".
Como vedes, a Revolución Industrial é moi benvida, e á industria química e farmacéutica temos que lle agradecer a invención da pasta dentífrica e os compoñentes cos que hoxe se fabrican.

miércoles, 20 de octubre de 2010

OURENSE ROMANO: TABULA DE HOSPITALIDADE


FONTE: MAPO

Esta peza foi descuberta con motivo das escavacións que en 1970 realizaron, o entonces director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, D. Xesús Ferro Couselo e D. Xaquín Lorenzo Fernández. Os traballos, que se centraron na zona norte da plataforma protexida pola muralla, exhumaron un complexo e interesante conxunto habitacional. Xunto á estancia na que apareceu a tabula, rectangular, con dous ventanos, un na parede norte e outro na sur a nivel do pavimento, destaca unha particular construcción circular, sobre a que se edificou outra rectangular con vestíbulo, na que se atopou un tesouriño formado por 63 denarios e un aureo de Claudio. Con motivo da limpeza e consolidación destas estructuras realizada en 1993, baixo a dirección de D. Luis Orero Grandal, apareceu formando parte da cimentación do cuarto contiguo ó da tabula unha escultura zoomorfa, tipo simio, completamente afastada do coñecido ata o momento da plástica castrexa.

A tabula é unha placa rectangular de bronce, con marco moldurado, e cun apéndice a modo de lingüeta na parte superior, na que se recolle un pacto de hospitalidade entre os Coelernos e un prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos, cun texto epigráfico no que se pode ler:





G(neo) IVLIO. SERVIO. AUGURINO. G(eneo)
TREBIO.
SERGIANO. CO(n)S(ulibus).
COELERNI. EX-HISPANIA. CITERIORE.
CONVENTUS. BRACARI. CVM. G( neo). AN
TONIO. AQUILO. NOVAUGUSTANO
PRAEF(ecto). COH(ortis). I. CELTIBERORUM.
LIBERIS. POSTERISQUE. EIVS. HOS
PITIUM. FECERUNT.
G(neus). ANTONIVS. AQVILVS. CUM. COELER
NIS. LIBERIS. POSTERISQUE. EORUM.
HOSPITIUM. FECIT.
LEGATUS. EGIT
P(ublius). CAMPANIVS. GEMINVS.



TRADUCCIÓN:

Sendo cónsules Gneo Julio Augurino e Gneo Trebio Sergiano, os "Coelerni" da Hispania Citerior e do convento de Braga, fixeron un pacto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos cos seus fillos e descendentes. Gneo Antonio Aquilo fixo pacto de hospitalidade cos "Coelerni", cos seus fillos e descendentes. Actuou como legado Publio Campanio Gémino

TABULAS E TESSERAS.

É preciso sinalar que tessera e tabula de hospitalidade son expresións que fan referencia a  realidades diferentes, en canto á súa forma e función, aínda que a miúdo se usan de forma confusa, como vén ocorrendo coa tabula de Castromao, coñecida tanto a nivel divulgativo como en publicacións científicas como tessera.

Morfoloxicamente, as tesserae son de pequeno tamaño e formas variadas: xabarin, peixe, golfiño, mans entrelazadas, etc., indicando cun adxectivo a función que ían desempeñar, por exxemplo, nos teatros romanos repartíanse tessere para indicar o asiento que debía ocupar unha persoa, ou dábaselle aos cidadáns que tiñan dereito a voto.

As tabulae, de forma laminar, rectangular as veces rematada en frontón triangular como a do Courel ou as de Vila Nova de Gaia, son de maior tamaño e peso. É propia dos documentos xurídicos romanos.

FUNCIÓNS

No que respecta á súa función, as tesserae teñen o cometido de identificar ás partes que interveñen no pacto, a modo de documento de identidade, de aí o seu carácter portátil, facilmente transportable, fronte á tabula que serve para dar fé pública da relación que se establece, e como tal custodiada nun edificio público da comunidade, nun lugar visible para todos os membros, ben pendurada da parede ou nun sitio visible dun edificio público.

Cabe destacar que no mundo romano, non existía un recoñecemento ás leis ou normas doutros pobos, e só se ofrecía garantías aos cidadáns do propio Estado e non a todo aquel que se trasladaban doutros Estados, ben temporalmente ou definitivamente. Tentouse achegar unha solución a este problema, e os romanos decidiron establecer relacións cordiais de hospitalidade cos pobos que ían incorporando ao seu Imperio.

A PEZA DE CASTROMAO

No caso concreto da peza de Castromao este carácter de tabula está aínda máis acentuado se cabe, polo feito de que,  como ben observou Eduardo-Breogán Nieto Nuñez, a asa de bronce aparecida na estancia da tabula pertence a esta, como poñen de manifesto os restos de soldadura que se poden ver no seu reverso, unha vez sometida a un proceso de limpeza e consolidación, ó que facilita que poida ser colgada e exposta facilmente.

Todo este tipo de documentos, ben sexan de hospitalidade ou de padroado, están redactados polo xeral da mesma forma: Data polo consulado, nome do primeiro suxieto, tipo de pacto e segundo suxieto, concluíndo coa fórmula final na que se indica o delegado que intervén no pacto.

Sábese que este pacto tivo lugar no ano 132 d. C. porque este ano corresponde ós cónsules que aparecen nel: Gneo Julio Serio Augurino e Gneo Trebio Sergiano, posto que en Roma os anos se databan co nome dos cónsules que eran elexidos cada ano. Este texto servíu para fixar o nome dun dos cónsules como Julio e non como Junio,como se viña facendo ata o momento.

Outra forma para contar os anos era " ab urbe condita" (a.u.c.) é dicir, desde a fundación da cidade, que segundo a tradición foi no ano 753 a. C., de tal forma que esta inscrición correspondería ó ano 885 a.u.c. Dos Coelernos, unha das partes do pacto, tíñanse noticias polas fontes literarias, sobre todo Plinio e Ptolomeo, e por aparecer entre as dez civitates do convento de Braga, no denominado Padrao dos Povos de Chaves, columna inscrita na que estes pobos renden homenaxe a Vespasiano. A tabula permite situar a súa capital Coeliobriga no recinto castrexo de Castromao.

O pacto que se establece é un hospitium, acordo de amizade entre os coelerni e un individuo, G. Antonius Aquilus. A práctica do hospitium está ben testemuñada no mundo antigo, tanto en Grecia como en Roma, ó mesmo entre comunidades, como éstas con particulares, e particulares entre sí, por medio da que un ciudadano romano e un estranxeiro, comprometíansea representarse nas súas respectivas comunidades.

Chama a atención na tabula de Castromao que en datas tan tardías como o ano 132 d. C. se siga mantendo a figura do hospitium en lugar do patronatus, máis usual nestes  momentos, por medio do que o acordo non se realiza entre partes iguais, senón que unha das partes, a de maior importancia, e nomeada patroa da comunidade, o que implica un sometemento, a cambio de que os represente ante o poder romano.

No que respecta á outra parte do pacto, Gneo Antonius Aquilus Novaugustanus, prefectoda primeira Cohorte dos Celtíberos, pénsase que pudera ser fillo de Lucio Antonio Aquilo, que aparece nunha inscrición de Barbadillo del Pez (Burgos), o que permitiría situar o municipio de Nova Augusta, coñecido tanto polos testemuños epigráficos como polas fontes literarias, nunha área, con centro urbano estaría na actual localidade burgalesa de Lara de los Infantes. Da Cohorte I dos Celtíberos sabemos que a finais do s. I d C. estivo no norte de Africa (Mauritania), instalándose anos máis tarde, a principios do s. II, no campamento romano da Cidadela (A Coruña), onde permanece ata o IV, en que pasa a Iuliobriga en Reinosa (Santander).

Como notario para autentificar o pacto actuou un representante do poder político-administrativo, o legado Publius Campanius Geminus.
FONTE: Xulio Rodríguez. MAPO- 2003


lunes, 18 de octubre de 2010

A CONQUISTA DE GALLAECIA

Poderíase dicir que a conquista de Galicia polos romanos foi un accidente e un castigo. Os romanos perseguían aos lusitanos e castigo porque éstos foron apoiados polos celtas galaicos. Así cara ao ano 140 a.C., o xeneral romano Quinto Servilio Escipión chega a Gallaecia e no 137 a.C., outro xeneral romano, Décimo Xunio Bruto, apodado O Galaico, atravesa o río Lethes. Cara ao 61 a.C., Xulio César dirixira unha expedición marítima que chegou a Brigantium, e con isto culmina a conquista de Hispania, feito que lle supuxo un prestixio persoal que engadir á súa longa lista de éxitos.




ACTIVIDADE:

Completa o seguinte puzzle e tenta adiviñar o nome actual do río Lethes que baña a localidade na que se celebra esta festa de interés turístico. Relacioa o nome da festa co feito histórico. Tes unha imaxe de axuda ao final do post. As respotas ás cuestións pódelas deixar nos comentarios.


Axuda: a imaxe do cartel ten un certo parecido con esta outra:

O TESTAMENTO DE LUIS XVI

En maio do 2009 o periódico El Pais, publicou unha noticia informando sobre o testamento político de Luis XVI e atopado en en EE.UU. Neste enlace accederás á noticia.

En outono de 1789 o rei tivera que aceptar a Asamblea Nacional, Francia convertíase nunha monarquía parlamentaria e constitucional. Todas as reformas do período 1789-1791 daban resposta aos xirondinos, burgueses moderados. Nesos momentos, Austria e Francia estaban en guerra, e o rei Luis XVI aproveitou esa circunstancia para fuxir e unirse aos austríacos, para así poder restablecer o absolutismo. Ese feito coñécese como a Fuga de Varennes.


Cando os austríacos invadiron Francia, os xacobinos movilizaron ás masas populares, sans-culottes, que asaltaron o Pazo das Tullerías. A familia real foi executada e a revolución tornouse máis radical. Foi o comezo da I República democrática francesa (1792-1794). Abolíuse a monarquía e elexiuse unha Convención.

ACTIVIDADES:


  1. Achega as novidades introducidas na Constitución de 1793.
  2. En que consistía a Lei de Máximos.
  3. Que medidas determinou a Constitución Civil do clero.
  4. Que foi o Terror.
  5. Quen foi o líder dos revolucionarios xacobinos radicais.
  6. Como rematou a etapa liderada polos xacobinos.
  7. ¿Quen instaurou e quen abolíu o calendario republicano? ¿Cántos anos estivo vixente? Segundo ese calendario, que día, mes e ano sería o 18 de outubro do 2010?




domingo, 17 de octubre de 2010

JULIO CESAR: O NOME ROMANO



Un dos persoaxes máis coñecidos da historia da Roma antiga foi sen lugar a dúbidas Xulio César. César nos ámbitos históricos, pero en realidade Gaius Iulius Caesar, do que vos proporei unha actividade de investigación ao remate deste post.


Xulio César. Fonte: biografiasyvidas.com

Os nomes dos nenos romanos eran dados no 8º día do seu nacemento no caso das nenas e no 9º no dos nenos. Realizábase unha festa chamada "dies lustricus", algo así coma se fose o noso bautizo. Nese día dábaselle o "praenomen" (equivalente ao noso nome de pila), era o único nome ao que os pais tiñan dereito a escoller, en moitas ocasións era o mesmo que o dalgún dos seus antepasados. Algo parecido ao que se fai na actualidade, onde moitos nenos e nenas levan o nome dos pais ou dos abuelos.

Os nenos de clase alta dispuñan de "tria nomina", de tres nomes: praenomen (nome de pila), nomen (equivalente ao apelido, herdado do pai, remataba en -ius no caso do latín e en -io en castelán ou galego) e cognomen (coma o segundo apelido na actualidade, pero que en época romana designaba características físicas herdado por vía paterna). Por exemplo Caio (nome de pila) Xulio (da familia Xulia) César (en referencia ao cabelo, cabeleira, algo que lle molestaba porque era calvo). Poderíase decir que o cognomen era un apelativo ou un mote que nalgún momento se lle puxera a un membro disinguido da gens (familia). Eran os gentiles, unha agrupación de familias identificados polo cognomen (apelido). 

Como vedes, o cognomen convertiuse no verdadeiro nome propio. César. Era moi infrecuente chamar aos homes polo seu praenomen, tan só no ámbito íntimo e familiar.

Algúns praenómina frecuentes foron: Aulus, Apius, Caius, Decimus, Lucius, Marcus, Manius, Numerius, Publius, Quintus, Sergius, Sextus, Tiberius, Titus ou Vibius.

As tribus romanas máis coñecidas foron: Aemilia, Aniensis, Camilia, Claudia, Cornelia, Esquilina, Fabia, Galeria, Horatia, Lemonia, Maecia, Menenia, Oufentina, Palatina, Papiria, Pollia, Publilia, Pupinia, Quirina, Romilia, Sabatina, Sergia, Stellatina, Suburana, Teretina, Tromentina, Velina, Voltinia ou Voturia.

Para rematar, algúns cognomen ou motes frecuentes foron: César (cabeleira, poderáimos traducilo como "melenas"), Scipio (bastón), Cicero (grano), Caecus (cego), Clausius (coxo), etc...

Para saber máis sobre os nomes romanos:

ACTIVIDADE DE INVESTIGACIÓN:

  1. Existe certa confusión sobre se Xulio César foi ou non un emperador. Achega información e dí cal é a razón principal pola que os historiadores non o consideran como tal emperador. Investiga neste enlace onde dí "primer emperdor romano".
  2. Se a ponte romana de Ourense está datada en torno ao s.I-II d.C ¿Dí o nome do primeiro emperador do s.I e o emperador romano a cabalo de ámbos séculos? Podes consultar esta lista.
  3. ¿Poderíase dicir que algún deles foi andaluz? Razoa a resposta.

Deixa as túas respostas nos comentarios desta entrada.

sábado, 16 de octubre de 2010

REVE ANABARAECO

Posiblemente as primeiras manifestacións relixiosas do ser humán relacionáronse co azar, coa boa ou mala sorte, co instinto natural dos homínidos de adorar forzas ocultas. Os primeiros cazadores estaban a expensas dos resultados variables da caza. Vivían nun constante estado de inseguridade e a vida era unha empresa máis que arriscada. Coa chegada do sedentarismo, a variabilidade da natureza afectaba dunha maeira ou outra á propia vida nas aldeas neolíticas. Todos os pobos primitivos da antigüidade tiñan un panteón de deuses. Os máis coñecidos, os exipcios, gregos ou romanos.

Estes últimos, os romanos, permitiron as relixións locais, sempre e cando non atentasen contra a relixión oficial ploiteista, e na época do Imperio, non fose contrario ao culto imperial. Así, os pobos que habitaron Gallaecia e concretamente os dos castros no entorno a Civitas Auriensis, adicaron culto a un deus indíxena local chamado Reve Anabaraeco.

Na imaxe inferior podes observar un ara romana adicada a esta divindade, sen saber exactamente se era de xénero masculino ou feminino. O epíteto Anabaraeco, segundo a teoría de Xulio Rodríguez González do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, significa "lugar onde burbulla a auga", en consoancia co lugar onde foi atopada.

Fonte: MAPO

Nas últimas excavacións da traseira das burgas atopáronse máis aras a esta deusa ou deus indíxena, o que fai pensar que nas inmediacións poidera ubicarse un templo ou ben as termas fosen de tipo cultual, é dicir, adicadas ao culto ademáis das finalidades curativas.

Entradas relacioadas:

Propuxemos achegar información sobre unhas divindades romanas menores, coma os lares, manes e penates. Sobre os lares comentamos que eran de orixe etrusco e facían referencia aos deuses da familia (os dii familiaris) entre os que se atopaban os lares locii, que se encargaban de protexer o lugar onde se asentaba a vivenda familiar, afastando aos estranos da propiedade, moito antes de que se "inventase" a propiedade privada. A orixe do nome lar, ven do etrusco, que significa señor ou heroe.

Imaxe: Wikipedia

Nas domus, eran colocados en pequenos altares chamados lararios situados no vestibulum ou no atrium, o máis preto posible da porta de entrada. Na imaxe inferior unha recostrucción dunha domus.
Imaxe: Wikipedia


No caso das insulae, bloques de apartamentos ou manzanas de casas, situábanse na cociña das vivendas. No video pódese ver unha reconstrucción dunha ínsula de Bíbilis (Calatayud, Zaragoza).










Os romanos tamén tiñan os seus "anxos" individuais protectores, eran os genios, Adoitaban representarse con alas e eran adorados xeralmente no día do cumpreanos.

TAREFA:

Amplía información sobre estos deuses menores e anota as características máis importantes.

martes, 12 de octubre de 2010

TEST SOBRE A REVOLUCIÓN FRANCESA_I: 1789-1791

lunes, 11 de octubre de 2010

FRANCIA ANTES E DESPOIS DA REVOLUCIÓN FRANCESA

Un breve pero interesante video de practicopedia.educación que amosa a situación de Francia antes e despois da Revolución.

domingo, 10 de octubre de 2010

REVOLUCIÓN FRANCESA: ACTIVIDADES_I

Seguimos co tema da Revolución Francesa, un exemplo de revolución liberal-burguesa na que a Francia do XVIII pasou dun réxime monárquico absolutista, sociedade estamental e unha economía señorial a un modelo parlamentario baseado nos principios do capitalismo liberal e cunha sociedade na que o maior protagonismo o vai acaparar a clase burguesa. Esta revolución será a base da case totalidade de revolucións liberais do XIX que veremos ao longo do tema.

Para continuar afianzando conceptos, hoxe vos presento unha actividade que consta de tres partes. A primeira "cada ovella coa súa parella", a segunda identificar unha serie de imaxe e a terceira unha sopa de letras con persoaxes relacioados coa Revolución Francesa directa ou indirectamente. Os tres iconos da parte superior dereita, de esquerda a dereita: amosa os resultados, activa ou desactiva o son e activa a pantalla completa para facer as actividades (para sair pulsar no voso teclado "Esc"). Abaixo á esquerda, un cubo amarelo, reinicia a actividade. Á dereita o círculo verde para verificar o resultado e a frecha para continuar á seguinte actividade.




REVOLUCIÓN FRANCESA: CONCEPTO

Coa Revolución Francesa (RF) estamos a falar dun dos feitos que transformaron o mundo contemporáneo, sen esquecernos dos antecedentes que levaron ao Terceiro Estado a levantarse contra o poder absoluto establecido na Francia de Luis XVI, coma a Revolución Inglesa ou a Revolución Norteamericana. A RF marcou un dos fitos na historia e sentou as bases dos sitemas políticos baseados na soberanía nacional, a división de poderes e a igualdade ante a lei.

Antes de comezar podemos facer unha chuvia de ideas sobre o que coñeces sobre a RF, feitos, datas, persoaxes, etc.

¿Cres que a "liberdade" é realmente libre? ¿Que é a liberdade e que significado ten para tí? ¿Que consecuencias ten o exceso de liberdade e cántas persoas coñeces que arriscaran as súas vidas en prol da liberdade?


Por outra parte comentamos o concepto de "revolución" a diferencia de "transición" ou "evolución". Podemos escoitar a canción dos Beatles, aproveitando o 70º aniversario do nacemento de John Lennon para traballar sobre este concepto inicial.




Podes ver a letra e a súa traducción no seguinte documento:









Este tema escrito por Lennon no 1968, foi a primeira canción na que os Beatles fixeron referencias explícitas a temas políticos, influenciados polas revoltas do 68. En contra do que pode parecer a primeira vista, atendendo ao título, non fai un chamamento á revolución, senon a cómo facer unha revolución sen empregar a violencia. Todo o contrario ao acontecido no caso francés, que veremos de seguido.

sábado, 9 de octubre de 2010

ROMA: QUIZ

Un pequeno repaso á introducción que fixemos sobre Roma. Un video de menos de 10 minutos se che interesa antes de comprobar o teu grao de coñecemento do tema en cuestións básicas. Comprobarás que non se fala nada da época Imperial. Eso será noutra ocasión. Non esquezas deixar a túa puntuación, e boa sorte!

viernes, 8 de octubre de 2010

PROCEDEMENTOS: COMENTARIO DE TEXTO (HISTORIA)


COMENTARIO DE TEXTO (HISTORIA)

* Fase previa: lectura e comprensión a nivel lingüístico
Resolver dúbidas, palabras, expresións, localizacións…
* Apartados:
1.- Determinación do tema (poñer título).
2.- Clase de documento: literario, xurídico, administrativo, económico, relixioso, público, privado…
3.- Análise do contido:
   - Apartados e subapartados (subliñar, anotar…)
   - Esquema interno.
4.- Análise do contexto histórico (colocar o texto dentro do seu contexto con descrición deste).
5.- Autor ou autores.
6.- Conclusións e valoración persoal.

Nota: Non se inclúe neste comentario a “análise da forma”, de non ser que esta aporte contido ao texto.

FONTE: Prof.: Antonio Blanco (CSJ)
----------------------------------------------


COMENTARIO DE TEXTOS HISTÓRICOS

Fase previa: Lectura atenta del texto y aclaración de todos los términos y conceptos que no se conozcan.
Fase 1. Clasificación del texto 
A. Tipo de texto.
Estos son los principales tipos de texto que nos podemos encontrar:
Jurídicos: Documentos que emanan de un poder político y tienen carácter legal (leyes, constituciones. decretos, tratados, acuerdos internacionales, órdenes…)
Políticos: Discursos, proclamas, programas...
Económicos: Compra-ventas, donaciones, contrates...
Testimoniales: Memorias, relatos de viajes, cartas, autobiografías…
Es muy difícil establecer todos los posibles tipos de textos. Podemos hallar también textos sociales, geográficos, demográficos, periodísticos, literarios, etc.
No es raro encontrar textos que no podemos encuadrar exclusivamente en uno de estos tipos. En ese caso podemos hablar de textos político-sociales, etc.
De cualquier manera, siempre debemos señalar las razones por las que catalogamos el documento en un determinado tipo de texto.
Un último tipo de texto que nos podemos encontrar son los textos historiográficos. Documentos que son obra de un historiador u otro autor posterior a los hechos, en los que se abordan los acontecimientos pasados con una finalidad investigadora o científica (Textos y libros de historia). Estos textos son  fuentes secundarias.
B. Encuadre espacio-temporal (circunstancias en las que fue escrito el texto)
El caso más normal es que el texto esté fechado. En ese caso, debemos relacionar la fecha con algún hecho histórico importante o con un periodo relevante que tenga que ver con el contenido del texto. Se trata de poner el texto en su contexto histórico.
En algún caso, el lugar donde fue escrito el texto puede ser significativo. Si es así, debemos comentar brevemente las circunstancias históricas que singularizaron al lugar donde se produjo el texto. Un ejemplo típico es la Constitución de 1812 aprobada en Cádiz.
C. Autor
Hay que señalar si nos hallamos ante un autor individual o colectivo.
Si el autor es individual, hay que hay redactar una breve reseña biográfica en la que se recoja la fecha del nacimiento y la muerte, origen social, principales actividades realizadas a lo largo de su vida,  su ideología, obras importantes que escribió y, en general, todo lo que sea de interés para comprender mejor el texto.
Si el autor es colectivo (Asamblea legislativa, partido político...), debemos comentar todo lo que sepamos sobre él que pueda ayudamos a esclarecer la significación histórica del texto.
D. Finalidad
Hay que indicar con qué objetivos se redactó el texto en su momento histórico. El propósito que tenía el autor al redactar el documento.
E. Destinatario
Hay que señalar a quién iba destinado el texto. El destinatario puede ser privado o público. En este último caso puede ser un grupo concreto de personas, una comunidad local, nacional, internacional…
Fase 2. Análisis del texto
Para hacer correctamente esta parte del comentario es completamente necesario comprender el significado de todas las palabras del texto (nombres propios, personas, lugares, instituciones, términos técnicos, arcaísmos, palabras en otros idiomas...)
Se trata básicamente de hacer un resumen del texto, tratando de jerarquizar las ideas expuestas distinguiendo las principales de las secundarias.
Debemos también explicar los términos históricos que aparezcan en el texto (conceptos, acontecimientos, personajes, instituciones...)
En esta fase del comentario es importante tener en cuenta algunas indicaciones:
  • No hay que repetir el texto.
  • No debemos introducir ningún conocimiento que se haya aprendido durante el curso. Simplemente hay que resumir las principales ideas el texto.
  • Hay que huir de dos extremos: hacer un resumen tan amplio que prácticamente se convierta en una repetición del texto o hacer una síntesis tan breve que haga imposible entender de qué trata el documento sobre el que se está trabajando.
Fase 3. Preguntas sobre el texto
En estas preguntas hay que hacer un resumen comprensible y preciso de los conocimientos que se poseen sobre la cuestión. Comenzar con una breve presentación o introducción de la cuestión, exponiendo seguidamente los principales puntos del tema. Cuando sea posible, es importante que se haga alguna referencia al texto que se ha analizado.

Fonte: historiasiglo20.org

jueves, 7 de octubre de 2010

COORDENADAS XEOGRÁFICAS

A proposta de hoxe é realizar esta actividade sobre as coordenadas xeográficas. Na aula adicamos uns momentos ao xogo da pesca que espero vos gustase. Para seguir profundando no tema, en educaplus.org, temos unha interesante actividade. 

Preme sobre a imaxe que aparece máis abaixo ou no seguinte enlace.

Deberás arrastrar as coordenadas xeográficas da parte inferior sobre a cidade correspondente, marcada co nome e un punto vermello. Segundo vaias acertando, as coordenadas irán desaparecendo do listado inferior e acompañarán a súa cidade correspondente. En caso de errar, observarás que os datos voltarán ao recadro inferior

miércoles, 6 de octubre de 2010

GRECIA: CRUZADO

DISPÓS DE 10 MINUTOS PARA RESOLVER O SEGUINTE CRUZADO

martes, 5 de octubre de 2010

O PARTENÓN

Descubrín este video do Ministerio de Cultura grego e a Organización para a Cultura grega S.A. un curto dirixido polo cineasta grego Costa-Gavras. Amosa unha visión do Partenón descoñecida para moitos de nós que penso os ha interesar.




Para profundar sobre Grecia pincha no enlace de librosvivos.net.

sábado, 2 de octubre de 2010

UNHA VIAXE POLO UNIVERSO

Podemos ampliar o tema do universo a través de Libros Vivos. Entre outras poderedes realizar algunhas actividades coma a que segue. Preme sobre a imaxe.




Tamén deixo un video de practicopedia.educación.com que nos reforza os conceptos básicos sobre o universo.



viernes, 1 de octubre de 2010

REDONDETA OU PLANETA


Non teño por costume facer referencias aos rapaces nos posts, e moito menos ás anécdotas vividas que podería calificar, cando menos, curiosas.

Os erros son impresindibles para aprender e mellorar, pero o máis valioso son os razoamentos previos e as conclusións tiradas, que aínda que erróneas, baséanse nun razoamento lóxico. Por iste motivo cóntovos a seguinte historia:

- "¿Por que se lle chama "planeta" se pensaban que a Terra era plana?" - cuestionaba Mencía nunha mañá de setembro -
- "Boa pregunta" - pensei para mín, sorprendido polo razoamento que levou a esa conclusión.
- "Xa que é redonda, debería ser "redondeta" - risas nun bando, sorpresa noutro -.

Ahí quedaba iso.



Que a Terra era plana foi a crenza de moitos pobos na antigüidade, cun pequeno matíz en canto á forma, uns crían que era con forma de disco e outros cadrada, pero plana. Todos pensaron que era plana, pero non o é. Isto foi así ata o s. VI a.C, cando na Grecia antiga e na India se fixeron as primeiras hipóteses. Dos gregos, foi Pitágoras o primeiro en facer suposicións non científicas senon deductivas, xa que consideraba a esfera coma a forma perfecta. O mesmo sucedeu con Platón.

Houbo que esperar a Aristóteles, un dos discípulos de Platón, para que no s. IV a.C., tirase unhas conclusións baseadas na observación, na escoita dos viaxeiros e na razón. O seu razoamento foi:

  • "Os viaxeiros chegados de Exipto e outros lugares meridionais ven estrelas que non se ven en Grecia, e á inversa. Esto indica que o séu horizonte e o noso non son paralelos, o que é posible só se a superficie da Terra é curva.

  • A sombra da Terra sobre a Lúa nun eclipse luar é sempre redonda.

  • A observación dos barcos cara ás costas, o promeiro que se ve é o mástil, e dende o barco vese o pico das montañas da costa."


Máis tarde viñeron outros como Eratóstenes, Colón, Copérnico ou Galileo Galilei aportando datos científicos sobre a esfericidade da terra.

A palabra "planeta" non ten que ver coa forma, plana (do latín "planus", liso, sen relevo) ou redonda, da Terra. A orixe da palabra "planeta" ten a súa orixe no verbo grego "planasthai" que significa vagabundo ou errante.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER