martes, 29 de junio de 2010

FELICES VACACIÓNS

Chegamos ao remate dun novo ano escolar. Deséxovos felices vacacións.

domingo, 13 de junio de 2010

MASTABAS

Os antigos exipcios crían que a alma necesiaría do corpo trala morte, de ahí a necesidade de conservar os corpos para a eternidade. Os métodos para conservar (embalsamar) os corpos fóronse sofisticando co paso do tempo, como tamén o foi o lugar onde albergar os cadáveres para ese tránsito cara á inmortalidade.

A plabra mastaba en árabe significa banco ou banqueta, facendo alusión a súa forma troncopiramidal. É o primeiro tipo de tumba monumental de Exipto que dará paso á pirámide escalonada e finalmente ás pirámides perfectas, coñecidas por todos.



As mastabas constan de dúas partes ben diferenciadas. unha visibel en superficie realizada con sillares de pedra caliza cunha capela orientada cara o leste (á saída do sol); outra subterránea á que se accede a través dun pozo e leva a unha gran cámara funeraria onde se colocaría o sarcófago e o cadáver momificado.


As mastabas evolucionarán co paso do tempo. Algunhas incorporan unhas pequenas estancias cegas (o serdab) onde iría unha estatua do defunto ou figuriñas de persoaxes que lle facilitarían a vida no máis alá. En ocasións se construía unha falsa porta que comunicaría co outro mundo


Preme sobre a seguinte imaxe e accederás a máis datos sobre a mastaba de Faraun (mastaba de Shepseskaf) construída cara ao 2500 a.C., e posterior á construcción das pirámides.


Finalmente a evolución dos edificios funerarios en Exipto amósanse na seguinte imaxe:



Fonte. www.histoire-geo.org

VIDEO SOBRE SEPULCROS EXIPCIOS: DA MASTABA ÁS PIRÁMIDES.


sábado, 12 de junio de 2010

A PEDRA ROSETTA

No British Museum de Londres consérvase a Pedra Rosetta, peza clave para o descifrado da escritura xeroglífica.


Fonte: britishmuseum.org







DOCUMENTAL DA BBC SOBRE CHAMPOLLION E A PEDRA ROSETTA.

www.Tu.tv


CUESTIÓNS:

  1. Quen descubríu a Pedra Rosetta?
  1. Que facían en Exipto os que descubriron a pedra?
  1. En que linguas está escrita a Pedra Rosetta?
  2. Quen descifrou o texto da Pedra Rosetta?
  3. Que conta a súa inscripción?
  4. Por que cres que foi tan importante este descubrimento?
OUTROS DOCUMENTAIS:





POR ÚLTIMO UN INTERESANTES VIDEO DE 24 MINUTOS SOBRE OS PASOS QUE DEU CHAMPOLLION:

viernes, 11 de junio de 2010

IMPRESIONISMO

Un dos mellores recursos que coñezo na rede sobre o impresionismo é a web de Francisco José Calzado, premio nacional de materiais educativos no 2006.





Tamén ten cabida o neo-impresionismo e post-impresionismo. Imprescindible unha visita. Ofrece amáis das galerías, a posibilidade de realizar actividades así coma exercicios de avaliación.

jueves, 10 de junio de 2010

A ESCRITURA: ELABORACIÓN DO PAPIRO E OUTROS RECURSOS

Video que nos explica como se elaboraba antigamente o papiro.






Percorrido virtual polas salas adicadas a Exipto do museo no Louvre en París. Preme sobre a imaxe.



Lámina del Aula de El Mundo sobre Exipto.

Lámina da Aula de El Mundo sobre os xeroglíficos.

Exposición sobre Exipto no British Museum. En inglés (traballamos os plirilingüismo)

jueves, 3 de junio de 2010

COÑECEMOS A NOSA CIDADE

Un dos obxectivos que nos marcamos no departamento de Ciencias Sociais é achegar o coñecemento do entorno máis inmediato. Xa fixemos a xornada de introducción e outra máis para falar dos conceptos básicos que nos axudarán á elaboración dos traballos grupais sobre a cidade de Ourense.

Unha vez distribuídos os grupos de traballo e a realización de tarefas, déixovos un primeiro listado de fontes de información:

BIBLIOGRAFÍA SOBRE A CIDADE DE OURENSE

VV.AA. Catálogo Ourense. A cidade, da orixe ao século XVI. Xunta de Galicia. Abril 2010

VALCÁRCEL LÓPEZ, M., Historia de Ourense. Ed. Xerais. Novembro 2008

VV.AA., El románico en Ourense. Ed. Lancia. Xaneiro 2008

BARANDELA RIVERO, I., Petroglifos de Ourense. Deputación Provincial de Ourense. Febreiro 2005

SOMOZA MEDINA, J., Ourense. La ciudad en el tiempo y el espacio. Universidad de León. Decembro 2002

GALLEGO DOMÍNGUEZ, O., A cidade de Ourense “unha visión através dos séculos”. Museo Arqueolóxico Provincial. Xaneiro 2001

FRAGA SAMPEDRO, DO., O convento de San Francisco de Ourense. Fundación Caixa Galicia. Xaneiro 1999

FARIÑA BUSTO, F., Pazos, torres e curral do Bispo de Ourense. Museo Arqueolóxico Provincial. Xaneiro 1994

LÓPEZ CARREIRA, A., Ourense no século XV. Ed. Xerais. Xaneiro 1991

VV.AA., La catedral de Ourense. Xuntanza editorial.

CHAMOSO LAMAS, M., La catedral de Ourense. Ed. Everest.


Recomendo a consulta de dúas páxinas que son de moito interese para a elaboración dos vosos traballos. Serven de guía pero non para copialas, non estamos a realizar un traballo de "corta-pega". Premendo sobre as imaxes accederedes directamente a elas. :

Moi interesante na sección "Memoria de Ourense", contén uns mapas dende os orixes ata actualidade, con especial ateción, sobre todo, a partir do s. XIII moi relacioados cos contidos estudados neste curso.


Sérvenos para achegarnos ao Ourense Contemporáneo de finais do XIX e século XX. Poderemos atopar información nalgunha entrada sobre a historia de edificios representativos da cidade. así coma de rúas e persoaxes.

miércoles, 2 de junio de 2010

EXIPTO: CURSO DE XEROGLIFOS

Preme sobre a imaxe. Accederás a unha web onde poderás facer un curso de xeroglíficos on-line. Algo complicado, pero con opcións moi interesantes que che permitirá aprender máis sobre a misteriosa cultura exipcia.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER