domingo, 30 de mayo de 2010

MESOPOTAMIA - EXIPTO

Comezamos unha nova unidade. Recupero un post do curso pasado para que vaiades preparando o tema, achegando a información necesaria que nos permita desenvolver con autonomía as dúbidas que se irán plantexando ao longo da mesma. Nela atoparedes unha breve definición do Crecente Fértil e tamén a posibilidade de visionar algúns videos. Pincha neste enlace.

Libros vivos da editorial SM, permítenos unha aproximación ao tema das civilizacións fluviais. Pincha sobre a imaxe.



martes, 18 de mayo de 2010

ARTE BARROCA

Excelente presentación de Juan Diego Caballero para repasar e ampliar. Ten ademáis outros blogs excelentes que vos animo a consultar. En clase de arte (enlace), estudiar historia (enlace)e aprender sociales (enlace).

lunes, 17 de mayo de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

Este ano como ben sabedes adícase o día das Letras Galegas a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. A finais do mes de maio na feira do libro de Ourense presentarase un comic do debuxante David Rubín con guión de Kike Benlloch. Neste enlace de La voz de Galicia podes ler a noticia completa. As imaxes tamén están tomadas dun adianto que fai o propio xornal nun pdf descargable.





sábado, 15 de mayo de 2010

ÁRBORE EVOLUTIVA

Como ler unha árbore da evolución.

Árbore da familia dos homínidos: Esta árbore da evolución amósanos as liñas da descendencia posible que os homínidos tiveron. Noutras palabras, propón relacións entre as especies no tempo. Todas as árbores son hipótesis, baséanse na comparación das especies vivintes, fósiles, e os datos xenéticos.


The Hominid Family Tree
Fonte: MUSEO DE HISTORIA NATURAL EUA


Cómo ler esta árbore da evolución:

1. As liñas punteadas dínnos cómo as especies relacioadas separáronse entre sí a través dun antepasado común.

2. Liñas desvaecidas indican orixe moi claro ou descendencia.

3. Rama de puntos denomínanse nodos . Os nodos indican unha especie que antes vivía, e foi o antepasado común de dous ou máis descendentes.

4. As liñas horizontais indican o tempo.

5. Barras verticais laranxas indican cánto tempo hai que se coñece unha especie, a partir de fósiles, que existiron.


Confusións máis frecuentes:
  • Todas las especies de esta árbore da evolución son os antepasados do Homo sapiens.
Esto non é certo. Podes seguir las líneas de puntos a través do tempo para coñecer as especies que se propoñen antepasados.
  • A evolución avanza cara unha meta.
A evolución non se desprende necesariamente do simple ao complejo, ou non humán ao humán.
  • As árbores evolutivas non son fixas.
As árbores evolutivas non son fixas, baséanse na interpretación dos datos actuais e novos hachádegos que se van descubrindo.

miércoles, 12 de mayo de 2010

PREHISTORIA

Recupero algúns enlaces sobre este tema:

Sobre a orixe das especies e a modo de ampliación do tratado na aula, para aqueles que queiran algo "máis" ver este enlace.

Continuamos coa evolución da especie humana nesta entrada.

Unha serie de actividades extraídas da Fundación Atapuerca, moi interesantes. Ver entrada.


Video do programa de TVE, Redes, sobre a teoría da selección natural:


jueves, 6 de mayo de 2010

A CARREIRA ESPACIAL

No ano 2009 celebrouse o 40º aniversario da chegada do home á Lúa. Para conmemorar aquel acontecemento, El Correo Digital elaborou este monográfico. Preme sobre a imaxe e bótalle unha ollada, aporta información interesante.



lunes, 3 de mayo de 2010

PREHISTORIA: DARWIN E A TEORÍA DA EVOLUCIÓN

Serie de cinco videos que narra a biografía de Charles Darwin e a súa teoría da evolución das especies.

Video_1




Video_2



Video_3



Video_4



Video_5

domingo, 2 de mayo de 2010

DÍA DA NAI

Dun blog dun amigo adestrador saco esta poesía, xa que a entrada do día do libro foi adicada ao verso, hoxe déixovos con esta dun neno á súa nai. Dí así:

Le regalo a Mamá
una sonrisa de plata
que es la que alumbra mi cara
cuando de noche me tapa.
Le regalo a Mamá
una caperuza roja
por contarme tantas veces
el cuento que se me antoja.
Le regalo a Mamá
una colonia fresquita
por no soltarme la mano
cuando me duele la tripa.
Le regalo a Mamá
una armadura amarilla
que la proteja del monstruo
que espanta en mis pesadillas.
Le regalo a Mamá
el lenguaje de los duendes
por entender lo que digo
cuando nadie más lo entiende.
Le regalo a Mamá
una chistera de mago
en la que quepan mis besos
envueltos para regalo.


Para saber máis sobre este día:




sábado, 1 de mayo de 2010

A EXPO 2010 E AS ORIXES DA ESCRITURA

Hoxe se inaugura oficialmente a Expo universal de Shanghai (ver fotos). En 1º andamos a voltas coas etapas ha historia da humanidade. A mascota da Expo levoume a fiar un tema de actualidade co tema de estudo na aula.

Vexamos. O límite entre prehistoria e a historia ven marcada pola aparición da ecritura. Antes de que existira a escritura o ser humano recurría á memoria (o libro oral). Lembrar todos os acontecementos resultaba difícil, por iso a necesidade de levar contas ou deixar constancia de relatos ou acontecementos trouxo consigo a aparición da escrituta en lugares diversos do planeta: Mesopotamia (actual Irak), Exipto ou China.

O feito de que existan documentos escritos é síntoma dun grao evolutivo maior. Isto non quere dicir que apareza en tódolos sitios ao mesmo tempo, nen que supuxese o fin das sociedades prehistóricas.

Hai uns 3300 anos a.C., en Umm el-Qaab (Abidos-Exipto) atopáronse un conxunto de tabliñas de arcilla que son os documentos máis antigos de escritura atopados. Este tipo de escritura baseábase en pictogramas ou ideogramas (do grego idea=idea e gráfo=escribir).

Os ideogramas era signos que representan de maneira esquemática obxectos reais. Co tempo este tipo de representacións pictóricas simplificáronse ata se converter en signos abstractos, a escritura cuneiforme. Exemplos modernos de ideogramas son as señalizacións (señais de tráfico, informativas, etc.). Vexamos algúns exemplos de ideogramas antigos e modernos:


O caracter chino 人 "rén" que significa "home" destaca a principal característica do ser humán, que é a posición bípede.




Pictograma nunhos aseos masculinos.




A mascota da Expo de Shanghai que hoxe 1 de maio abre as súas portas ata o 31 de outubro do 2010, chámase Haibao (海宝, tesouro do mar) e está inspirado no pictograma chino rén (人), que significa persoa.


Continuaremos coa evolución da escritura ata chegar aos nosos días, pero será noutra entrada.

Se queres botar unha ollada ao pavillón de España na Expo accede á fotogalería de El País.

四十一 (sì shí yī)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER