jueves, 29 de abril de 2010

OURENSE 3D

O mundo audiovisual avanza a pasos axigantados. Xa está dispoñible a televisión 3D, estereoscópica, sen necesidade das famosas gafas polarizadas. Para máis información ver o enlace de wikipedia.


(Fonte: wikipedia)

Atopei este video sobre o casco histórico de Ourense, dun xove enxeñeiro informático ourensán presentado onte no Campus Universitario. Ver noticia en La Voz de Galicia. Disfrutaremos de perspectivas que nunca tivemos. Bágoa que se precise dunha pantalla especial para apreciar os efectos. Todo chegará, antes do que pensamos.



Tamén podedes acceder á páxina web http://www.ourense3d.com/.

miércoles, 28 de abril de 2010

A BATALLA DOS ALIMENTOS

Recollo un video "serie B" (ou "Z")do cal podemos sacar partidopara realizar unha actividade.

O video "Food Fight" recolle os enfrontamentos entre diversos estados dende a IIGM ata a actualidade.

Cada un deles está representado pola comida típica cos que adoitamos asociar, por exemplo os EUA coas hamburguesas, os famosos fish and chips británicos ou ata s mesmo sushi xaponés.

Antes do visionado, dura 5 minutos e medio, accede a esta páxina dos "protagonistas, pulsando sobre a imaxe.

Anota a que estado representa cada alimento: hamburguesas, falafel, sushi, croissants, kebabs, etc...

Despois vede o video, anotando aqueles feitos que poidades identificar con facilidade e citádeas nos comentarios. O período que abrangue vai dende a IIGM ata a guerra de Irak.



lunes, 26 de abril de 2010

CONFLICTO ÁRABE-ISRAELÍ

Despois do visionado de Exodus, podemos profundar nun conflicto que dende o 1948 ven marcando a historia recente do Oriente Próximo e a do mundo contemporáneo en xeral: o conflicto árabe-israelí.

No ano 2008 cumplíronse 60 anos da creación do estado de Israel. Polo aquel entón El País publicou un artigo que nos aporta dúas visións diferentes do conflicto: a israelita e a palestina.

"El 14 de mayo de 1948, David Ben Gurión fundó el Estado de Israel en tierras de la antigua Palestina. Al día siguiente comenzó la primera guerra árabe-israelí. Sesenta años después, la paz sigue ausente en una tierra pretendida por dos pueblos." (Fonte: El País dixital). Ver artigo completo.

Fotogalería El País con imaxeshistóricas.

Nun post anterior fixen refencia a un monográfico de El Mundo dixital sobre Oriente Próximo: seis décadas de conflicto. permitirache comprender dunha forma ordeada e dende a perspectiva de ámbolos dous bandos enfrontados un conflicto que segue aberto a día de hoxe e ten difícil solución, ao prevalecer os intereses particulares sobre os colectivos. Ver entrada.

"Quienes asistieron a la cita en el Museo de Tel Aviv a las 16:00 del 5 de Iyar de 5708, según el calendario judío que en 1948 coincidió con el 14 de mayo del calendario gregoriano, muy probablemente sabían que lo que estaba por ocurrir le cambiaría la vida de millones de personas." Ver enlace daBBC versión española sobre a visón da guerra dende o bando palestino.

Palestinos: a 60 años de la "catástrofe"

Mientras de un lado los israelíes celebran los 60 años de la creación de su estado, del otro los palestinos conmemoran el Nakba, la "catástrofe". (Fonte BBC. Ver vídeo no mesmo enlace anterior)

A GUERRA FRÍA: QUIZ

domingo, 25 de abril de 2010

A GUERRA FRÍA

Na páxina Historiasiglo20.org podedes ampliar información sobre o terceiro tema que inclúe esta longa e complexa unidade.




Unha vez consultada a páxina responde ás seguintes cuestións:

  1. Que dous modelos de descolonización podemos atopar?
  2. Que oraganismo internacional xogou un papel impulsor do proceso de descolonización?
  3. Que se concretou na resolución Quit India de 1942?
  4. Que dosu estados nacen trala independencia da India?
  5. Quen proclamou o 2 se setembro de 1945 a independencia de Vietnam?
  6. Que independencia africana supuxo un dos episodios máis sanguentos do proceso descolonizador?
  7. Que significado tiveron os Acordos de Evian?
  8. Que nome recibe na actualidade Rhodesia do Sur?
  9. Cales eran as colonias portuguesas en África?
  10. Qué territorios cedeu España a Marrocos e Mauritania?

II GUERRA MUNDIAL: QUIZ

sábado, 24 de abril de 2010

OS AUSTRIAS

Hai pouco máis de un ano o periódico El País publicou na edición dixital un artigo sobre a fin dos Austrias en España. Cita á endogamia coma unha das causas que "extinguíu" aos Austrias, sendo Carlos II o derraderio dos seus representantes. Este monarca evidenciou un dos maiores índices de cosanguinidade da historia, máis dun 25%. Ver noticia completa en El País.

O diario local La Región, doce días máis tarde recolle a mesma noticia. Ver noticia completa en La Región.

Pinchando sobre a imaxe enlazarás cunha animación flash de El País con información extra de cada un dos membros da monarquía española dende os Reis Católicos ata o momento actual.




SEISMO EN CHINA

O terremoto acontecido na provincia de Quinghai é coñecida porque nela naceu o actual Dalai Lama, e porque dela tamén nacen tres dos máis importantes ríos asiáticos: Yangtsé, río Amarelo e Mekong. Esta é unha das zoas que os tibetanos exiliados reclaman para a súa autonomía, o Gran Tibet.

A zoa máis afectada é a de Yushu, situada a máis de 4000 m de altitude, zoa eminentemente gandeira, de pastores pobres que verán agudizada a súa pobreza polo desastre natural. O número de falecidos supera aos 2.200 e máis de 12000 feridos.

Para repasar como se produce un terremoto déixovos o seguinte enlace de El Mundo, unha interesante animación gráfica que segue paso a paso a formación e consecuencias dun seismo, así coma outros datos de interés. Espero que vos guste.


viernes, 23 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO 2010

Hoxe toca sorpresa. Un pouco de paciencia ata ofinal do post e veredes que sorprendente, curioso e imaxinativo é o post de hoxe adicado ao día do libro. E Felicidades a todos os Jordi, Jorge, Xurxo, Georgina, Giorgio, Georgina, Georges, et... (Segundo o libro dos nomes, ven do grego geo (terra) e ergon (traballo) é dicir, o que traballa a terra). Nunha entrada anterior fixemos referencia á lenda do santo. Ver neste enlace.

A poesía anda algo olvidada, non ocupa portadas, nen sequera os libros nen a lectura. Paréceme que a temos algo esquecida. Certo é que eu tampouco son un dos que contribúan por desgracia á supervivencia deste xénero literario, pero sí un amante da lectura.

O nome de poesía ven do grego "poieo" crear, e de ahí "poiesis" que significa creación.

Falemos pois de creación, dunha curiosa creación. Trátase dun libro de poemas escrito no 1961 por un poeta e novelista francés xa falecido, de nome Raymond Queneau.



Raymond Queneau (fonte wikipedia)


O libro do cal vos quero falar, titúlase "Cen mil millóns de poemas" (
Cent Mille Milliards de Poèmes). Non o podo asegurar, pero creo que non hai a traducción ao castelán nen ao galego.

En qué radica a curiosidade, preguntarédevos. Pois ben, o libro que tan só consta de 10 páxinas de sonetos (14 versos endecasílabos distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos como indicaría algunha das vosas profes de lingua). Os cuartetos deben manter a mesma rima e os tercetos ao gusto do poeta. O esquema podería ser: ABBA ABBA y CDC DCD o CDE CDE.

Chegado ata aquí, de curioso ten pouco esta historia ¿verdade? Certo. Nada estrano salvo publicar un libro de 10 páxinas.

O curioso ven agora. As páxinas están cortadas en tiras horizontais, coma vedes na imaxe.



Fonte Google imaxes: otal.emd.edu.

Cada tira contén un verso e pódese pasar independentemente das outras. As combinacións que se poden dar son dignas de un problema matemático. ¿Poderíades dar as posibles combinacións? (Esto vai para o alumnado a partir de 3º ESO, as respostas nos comentarios).

Pulsando sobre a imaxe se abrirá unha nova ventá cunha aplicación que vos permite facer cantas combinacións posibles queirades. Arriba á dereita hai un cadrado vermello, pulsando sobre él cambiará a unha nova combinación. Tamén podedes elaborar vós a que queirades. Está en inglés e/ou francés. Pasando o rato polos versos tradúcese a unha ou a outra lingua. Non deixedes de curiosear e de paso aprendemos vocabulario.


jueves, 22 de abril de 2010

DÍA DA TERRA E ALGO MÁIS

Decateime esta tarde que nas clases que tiven pola mañá non fixemos referencia ao día da Terra, especialmente con 1º, xa que viña a conto. Hoxe Google deixou un logo conmemortivo, tal e como acostuma a facer cando considera de interés un acontecemento.



No curso pasado fixen unha entrada tal día coma hoxe 22 de abril. Día da Terra 2009.



É certo de que falamos sobre os riscos naturais que asolan a Terra, comentamos o visionado do vídeo sobre os volcáns aproveitando a triste actualidade do volcán islandés Eyjafjoll. E os desastres naturais que levaron miles de vidas por diante, coma os terremotos de Haití, Chile ou o recente de China.

É moi interesante a animación gráfica de El País que podedes ver seguindo este enlace. Non perdades a oportunidade de aprender dun xeito visual como se producen os terremotos e maremotos.

Hoxe non farei máis referencia que aportar inforamción sobre a orixe deste día. O senador norteamericano Gaylord Nelson instaurou o día 22 de abril de 1970 como Día da Terra como un xeito de destacer a necesidade de conservar os recuros naturais do planeta. Inicialmente afectou ao mundo universitario e co paso do tempo converteuse nunha celebración global do medio ambiente. Hoxe na canle Discovery Channel emitirase unha programación especial. Temos que concienciarnos sobre o respecto ao medio ambiente e contribuir entre todos a unha mellor conservación do planeta e os seus recursos.

Preguntarédevos pola curiosidade. É a seguinte.

Moitos sabedes que se me deu polo estudo la lingua chinesa (hanyu - 汉语 - Hànyǔ) en concreto o mandarín (普通话 - pǔtōnghuà). Pois ben, para os chinos o número 8 ten un significado especial. De feito os xogos olímpicos (RIP J.A. Samaranch presidente de honra do Comité Olímpico Internacional, falecido onte)inauguráronse nun 08/08/08 ás 8 horas 8 minutos e 8 segundos.




O motivo é que o número 8 en chino 八 pronúnciase bā (ba) cunha entonación igual que a nota musical FA, moi similar á palabra que eles empregan para dicir enriquecemento. 8 é un número máxico para os chinos. A súa astroloxía ten 8 signos, o seu goberno 8 ministros imperiais, 8 puntos cardinais e 8 montañas cósmicas que reverencian. Chégase a pagar cifras extraordinarias por todo aquelo que teña moitos oitos (números de teléfono, matrículas), e ......as visitas do meu blog...8888....



...non son chinés pero por si acaso....Moita sorte!!

GUERRA FRÍA E A ACTUALIDADE

Hai uns días, o presidente polaco Lech Kaczynski e a súa dona, morreron nun accidente aéreo cando viaxaban cara á localidade rusa de Smolensk. Curiosamente, acompañaban ao presidente polaco, amáis da súa dona, altos cargos civiles e militares, e algúns familiares dos 22.000 soldados que mandara fusilar Stalin no 1940 nun bosque preto de Smolensk. Foi a chamada "matanza de Katyn".

Noticia na canle 24 horas de TVE.



Podedes acceder á noticia completa do periódico El País.

Por outra parte, tamén na edición dixital de El País, podemos ler unha noticia que da continuidade a outro tema que tratamos na aula. a reducción de arsenais nucleares entre as dúas grandes potencias enfrontadas na Guerra Fría.

Esto supón unha continuación aos acordos asinados en SALT, entre Richard Nixon e Leónidas Brenez na etapa coñecida como coexistencia pacífica, e que máis adiante continuarán no 1991 George Bush (pai)e Mijaíl Gorbachov.



Gráfica da reducción de arsenais militares (Fonte. El País).



No seguinte enlace, historiasiglo20.org, podedes ampliar sobre este tema e outros. Moi interesante.

lunes, 19 de abril de 2010

MURO DE BERLÍN

Especial de El Mundo sobre a caida do muro de Berlín.




Documento de TVE

domingo, 18 de abril de 2010

A GUERRA FRÍA: A PRIMEIRA BATALLA

Primeiro dos videos do canal Historia sobre a ponte aérea que estableceron os EUA cara a zoa comunista de Berlín.


II GUERRA MUNDIAL: PROCEDEMENTO

O 6 de Agosto de 1945 un B-29 da forza aérea Norteamericana lanzaba sobre a ciudade xaponesa de Hiroshima unha bomba xamais empregada, arma que rematou matando a 150.000 dos seus habitantes. Este foi o primeiro ataque nuclear da historia.




Tripulación do Enola-Gay


A bomba asasina "Fat Boy"


Hiroshima


Hiroshima trala bomba atómica


Orixinal sobre a bomba atómica:



Bomba sobre Nagasaqui o 9 de agosto de 1945





Documental da BBC sobre a bomba atómica:



sábado, 17 de abril de 2010

GUERRA FRÍA

Esquema sobre a Guerra Fría, tomado da páxina de eduación da Xunta de Andalucía.




Video introductorio ao tema da Guerra Fría.



Fonte:artehistoria.com

jueves, 15 de abril de 2010

DÍA DO NENO


Google cambia o seu logo cando se trata de homenaxear algún acontecemento especial. Hoxe faino para honrar o Día do Neno.

"O día do neno" é unha xornada dedicada ós nenos, na que non só se trata de festexalos, senón tamén de promover os seus dereitos e concienciar ás personas da importancia destes.

[editar]Orixe

A idea de festexar o “día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente.

Desde aquela, cada país conta con un día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.

En moits países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente..

Extraído de Galipedia.


miércoles, 14 de abril de 2010

II GUERRA MUNDIAL: PROCEDEMENTO

A partir da seguinte gráfica, comenta as consecuencias demográficas da IIGM.

martes, 6 de abril de 2010

CLIMA E PAISAXE

A relación entre os climas e as paisaxes é moi estreita. No seguinte enlace podes navegar de forma interactiva polo mapa climático de Köppen e obter diferente información dos climas, por grandes zoas, continentes e países. Pincha eiquí .



viernes, 2 de abril de 2010

HANS CHRISTIAN ANDERSEN



Chamoume a atención que no buscador Google de hoxe, adicase máis dun logo ao acontecemento do día. Celébrase o 205º aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

A curiosidade é que premendo sobre a imaxe, Google deléitanos cunha sucesión de logos. É a primeira vez que o vexo.

Por este motivo decidinme a facer esta entrada, aínda que tamén pola popularidade, vixencia e atemporalidade das narracións deste "mago dos contos" que me acompañaron na miña infancia e me seguen a acompañar.

Naceu en Odense (non Ourense), Dinamarca o 2 de abril de 1805.














En Wikipedia atoparedes información sobre a súa biografía. Das súas obras máis famosas. Algunhos dos seus contos formaron parte da miña vida e seguen presentes na dos meus fillos. Por exemplo a serie "Contos de fadas contados a nenos" que inclúe varios contos:
  • O patito feo: un conto do ano 1843 que nos ensina a acepatar as nosas diferenzas, e que non sempre o distinto é inferior. (Lé o conto neste enlace. Versión para imprimir en pdf.)

  • A sirenita: a historia dunha sirenita namorada dun ser humán contada no 1836. Dous mundos diferentes unidos polo amor. Este conto foi levao ao cine por Disney no 1989, modificando e adaptando o conto orixinal para a gran pantalla. Se queres ver algunhas desas modificacións, consulta este enlace.

  • O soldadiño de chumbo: iste tráeme grandes lembranzas da miña nenez. ler o conto neste enlace.
Neste blog poderedes ler varios contos de Andersen. Los cuentos de hadas.

Para rematar. Andersen visitou España, adicou incluso unha obra "Viaxe por España".

A Casa Real Danesa encargou unha obra a un escultor español, e hoxe está ubicada nunha localidade española (ver a imaxe do final da entrada de hoxe). ¿Saberías dicir enq ue provincia se atopa a escultura? e ¿quen foi o autor? Coma sempre as respostas nos comentarios....


(Foto: García-Alba flickr)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER