jueves, 26 de noviembre de 2009

ESPAÑA NO XIX: ACTIVIDADES

Primeiro dos quiz relacioados co tema. Podedes deixar a puntuación co nome nos comentarios. Boa sorte.


Unha vez rematado o quiz, podes seguir practicando coa seguinte actividade, un pouco máis complexa, premendo na seginte imaxe.

lunes, 23 de noviembre de 2009

MARCO POLO II


Páxina orixinaria da primeira edición


De seguido déixovos o "Libro das maravillas do mundo" en formato pdf, de wikimedia commons, listo para que poidades descubrir esas maravillas que relatou Marco Polo.


domingo, 22 de noviembre de 2009

AS VIAXES DE MARCO POLO


Retrato de Marco Polo

Marco Polo foi un mercader veneciano que viaxou a oriente pola ruta da seda. A fama deste viaxeiro non se debeu a que fose o primeiro occidental en realizar a ruta, a sú familia fixérao antes, senon que foi á descrición que fixo das súas viaxes e que foron recollidas no libro coñecido como "O libro das maravillas do mundo".



Ruta da seda


Video sobre a ruta da seda



Video da serie Erase unha vez o home sobre Marco Polo:









Documental con contido histórico en seis partes.











INDEPENDENCIA DA AMÉRICA HISPANA

Durante o reinado dos Borbóns as colonias americanas viviron unha etapa de prosperidade, baseada no comercio. O crecemento económico propiciou o desenvolvemento dun poderoso grupo burgués crioulo. Éstos recibiron un trato discriminatorio ao ter que pagar fortes impostos e non telos en conta para o goberno colonial.

CAUSAS

O exemplo da independencia norteamericana e as ideas ilustradas, xunto co apoio de Gran Bretaña (tiña intención de controlar o mercado americano, lembrar que España se alía con Francia para derrotar a Gran Bretaña para obter o beneficio que desexaban os ingleses), levará a esta burguesía crioula, a liderar a independencia das colonias españolas en América.


No 1808 comeza a guerra da independencia e os crioulos non se someterán a Xosé Napoleón, creando Xuntas que asumiron o poder nos seus territorios. A pesar de ser fieis a Fernando VII, non aceptaron a autoridade da Xunta Suprema Central e en 1810, moitas das Xuntas coloniais declaráronse independentes.



En 1810 no vicerreinado da Prata, José de San Martín procalmou a independencia da República Arxentina, o vicerreinado de Nova Granada e Venezuela na cal situará a outro líder da independencia americana, Simón Bolívar.

En España a pesar de que recoñecían os dereitos dos crioulos, non poideron deter o avance independentista, e Fernando VII no canto de acadar un acordo, envía máis de 10.000 soldados para deter o movemento liberador.


Xosé de San Martín

Simón Bolívar


Nos anos seguintes, dende España non se recoñecía a autonomía das colonias, e esto axudou ao espallamento libertador. San Martín proclamará a independencia de Chile no 1818 e Bolívar derrotará ao exército español, sentando as bases da Gran Colombia.

No 1822 independízase México liderado por Iturbe, e no 1824 Perú e Bolivia, co que remata a presencia española na América continental, só as Antillas (Cuba e Porto Rico) continuaron a ser colonias españolas.


Mapa coa cronoloxía da independencia americana, pulsando sobre él verás o proceso independentista


Video sobre a independencia de América.


CORTES DE CADIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812

Dende que se iniciara a guerra, as Xuntas locais e provinciais enviaron representantes para formar unha Xunta Central encargada de dirixir o país en tempo de guerra. Esta Xunta Central incapaz de coordinar a guerra, recoñece a Fernando VII como rei lexítimo asumindo a súa volta e autoridade. A Xunta presionada polos franceses decide refuxiarse en Cádiz, cidade que contaba co apoio dos ingleses.

A Xunta disólvese e convoca Cortes en 1810. O proceso de elección de deputados foi complexo. Un tercio dos mesmos foron representates da Igrexa e había unha ampla representación do grupo nobiliar e burgués. Non había partidos políticos tal e como os entendes hoxe, pero rapidamente definíronse dous grupos claramente diferenciados, os conservadores e os liberais.



Xuramento dos primeiros deputados a Cortes na IGrexa de San Paulo en San Fernando, Cádiz, obra de José Casado del Alisal, 1863. Hoxe conservada no Congreso dos Deputados en Madrid.

A CONSTITUCIÓN DE 1812
A "Pepa" recolle o compromiso entre absolutistas e liberais acadados nas Cortes, entre outros:
  • Soberanía nacional.
  • Declaración de dereitos do cidadán.
  • Separación de poderes: lexislativo as Cortes unicamerais, executivo o rei e xudicial, os tribunais de xustiza.
  • Sufraxio universal masculino e indirecto.
A Constitución de 1812, liberal e progresista, pretendía non só regular o poder senon tamén regular e reordear a sociedade española de principios do XIX cara a un tipo de sociedade máis moderna.

Portada orixinal da Constitución de 1812

No seguinte enlace podes acceder ao texto íntegro da Constitución de 1812.
Máis información en Cervantes Virtual.
Para rematar, co motivo da vindeira celebración do bicentenario (1812-2012), editouse un comic titulado "El espíritu de la Pepa", premendo sobre a imaxe poderás acceder a él, espero que che guste.


viernes, 20 de noviembre de 2009

GUERRA DA INDEPENDENCIA 1808-1814

A Guerra da Independencia española foi un conflito armado entre 1808 y 1814 como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España coa excusa de invadir Portugal.

Carlos IV


O rei Carlos IV accedera ao trono no 1788 temeroso de que as ideas revolucionarias francesas triunfasen en España, por iste motivo apartou do goberno aos ministros ilustrados de Carlos III como Floridablanca ou Jovellanos. A radicalización da revolución levou a Carlos IV a declararlle a guerra a Francia en coalición con outras monarquías europeas. Esta guerra saldouse con derrota española.

Cando Napoleón toma o poder en 1799, en España a política que xa era conducida polo ministro de Carlos IV, Manuel Godoy, pactou cos franceses, na época do directorio, para evitar o enfrontamento directo cos franceses e para aliarse contra Gran Bretaña debido á reivalidade da frota británica coa española no comercio coas colonias americanas, no chamaado Tratado de San Ildefonso en 1796. Na guerra contra os ingleses destaco a batalla de máis sona, Trafalgar (1805).







Aínda se conserva un buque de guerra británico que participou nesa batalla e que hoxe é unha das xoias do museo da mariña británica, o HMS Victory, buque do almirante Nelson.



HMS Victory

No 1807 Napoleón obtivo o permiso para atravesar España cos seus exércitos, para atacar Portugal, aliada de Inglaterra, a cambio dunha repartición futura de Portugal entre os españois e os franceses e un principado para o propio Godoy (Tratado de Fontainebleau de 1807).



O MOTÍN DE ARANXUEZ

O motín de Aranxuez tivo varios detonantes:


  • A derrota de Trafalgar.

  • Os implostos para sufragar a guerra recaen nas clases populares.

  • O descontento co goberno de Godoy.

  • A propia presencia das tropas francesas na península.

Este motín non só consigue que Godoy abandone o poder senon tamén que Carlos IV abdique en favor do seu fillo Fernando VII desexado polo pobo.



A MONARQUÍA DE XOSÉ BONAPARTE


Carlos IV pídelle axuda a Napoleón para recuperar o trono, quitándollo ao seu propio fillo. Napoleón ve unha forte debilidade na monarquía española e decide invadir España, recuperar o trono e anexionar o país ao Imperio.


Carlos IV e Fernando VII son chamados por Napoleón á Baiona francesa, abdicando os dous na persoa de Napoleón Bonaparte quen nomea ao seu irmán Xosé Napoleón, rei de España (abdicacións de Baiona). Xosé Napoleón tentaría levar a cabo unha reforma de tipo liberal co obxectivo de rematar co Antigo Réxime.


RESISTENCIA POPULAR


O alzamento contra o invasor foi espontáneo e popular o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un oficio informativo chamando ás armas para acudir en axuda do rei, Fernando VII, que estaba retido por Napoleón.

Tralo alzamento do pobo de Madrid contra os franceses, prodúccese en numerosos territorios un fenómeno espontáneo de resistencia que se agrupou nas chamadas Xuntas (Xuntas de Armamento e Defensa) e posteriormente agrupáronse baixo a coordinación dunha Xunta Central. As súas funcións foron as de dirixir a guerra e a posterior reconstrucción do Estado.

A forma de imperdir o dominio francés foron a guerrilla (forma espontánea de resistencia armada do pobo) e os cercos (resistencia das cidades españolas contra os franceses e así impedir o seu avance).


Respecto á reconstrucción do Estado plantexáronse entón dúas posibilidades sobre o futuro político español:


  1. A primera delas era a dos afrancesados, representada por Jovellanos, consistía na restauración das normas previas á monarquía absoluta.


  2. A segunda posibilidade, os liberais, contemplaba a promulgación dunha Constitución. A opción escollida foi a segunda, aprobándose a Constitución en 1812 polas Cortes de Cádiz, sentándose así as bases lexislativas do novo Estado Liberal, os liberais. Esta será tema doutra entrada.

OURENSE NA GUERRA DA INDEPENDENCIA

Na nosa cidade, temos referencias da guerra, pero quédome cunha curiosidade para que vaiades coñecendo un pouco máis a historia de Ourense. Nesta ocasión ten relación cunha muller que da nome ao pazo dos Armada, hoxe en día coñecido como Casa de María Andrea e que perdura co paso do tempo o seu nome sobre o nobiliar dos Armada. Veredes o motivo deste feito no propio testamento dos Armada.


"En dicho testamento figura una cláusula que por si sola viene casi a resumir la historia de este curioso palacio, y nos da un poco de luz sobre la personalidad de la tan sonada María Andrea, a la vez que nos explica, en cierto modo, por qué el nombre de una humilde mujer del pueblo prevaleció ante el de un viejo y honrado linaje.

La referida cláusula nos dice textualmente: "Item digo que en atención a la fidelidad y mucho que ha sufrido el año nueve con los Franceses mi criada mayor María Andrea Rodríguez, por esto, y no por otro motivo, le dejo la casa en que habito y compré a los herederos del capitán Dn. Joseph Santana, por los días tan solamente de su vida, y a su fallecimiento pasa al Hospital de Sn. Roque de esta ciudad".

Vino la desamortización; había muerto María Andrea, y la casa pasó al Estado para ser vendida en pública subasta.

El palacio que la novilísima familia de los Armada había levantado sobre antiguo solar en el Eirociño dos Cabaleiros queda, al fin, convertido en una casa más de la vecindad. Pero todavía hoy su gracioso pórtico con balconada, el arco de medio punto en su fachada, coronado con un espléndido escudo, y los arcos coloniales de algunas de sus ventanas, en medio de tanta construcción fea o anodina, mantiene aún su señorío en el antiguo Eirociño dos Cabaleiros."
Texto extraído de www.mariaandrea.com


Casa de María Andrea (Pazo dos Armada)


Enlaces sobre a guerra da independencia en xeral e en particular sobre Ourense.

  1. A guerra no sur da provincia de Ourense: Xinzo de Limia, Allariz e val de Monterrei.

lunes, 16 de noviembre de 2009

O FERROCARRIL EN GALICIA

Da chegada do ferrocarril a Galicia ata o AVE, é o título da proposta de traballo que vos fixemos. Algúns erros no traballo de investigación levoume a redactar este post para aclarar dúbidas.

O seguinte texto é de Manuel Suárez Fuentes e foi publicado na páxina de turismo de Vilagarcía. Neste texto enoutros enlaces que vos recomendo, faise referencia á data histórica do 15 de setembro do ano 1873, inauguración da primeira liña de ferrocarril en Galicia.

"Así se llama al pequeño camino de hierro (42 Km.) construido para unir Santiago de Compostela con, en aquel entonces, muy importante puerto de Carril, hoy día barrio marinero del Ayuntamiento de Villagarcía y en la época que nos ocupa, Ayuntamiento Constitucional denominado "Santiago de Carril", lugar de residencia comercial de importantes hombres de negocios de Santiago de Compostela y salida al mar y puerto al fin de esta ciudad. Se madura la idea de la construcción de este pequeño tramo ferroviario, en el seno de la "Real Sociedad de Amigos del País" de a ciudad de Santiago, sociedad ésta formada por hombres muy importantes de las artes y los negocios. (...)

Se obtiene la concesión del Estado, mediante una Ley de 7 de Abril de 1861, que firma como Ministro de Fomento, el marqués de la Vega de Armijo y una Real Orden de 3 de Enero de 1862 la confirma. (...)

El ingeniero constructor y a la vez arrendador de la explotación era el inglés Mr. John Stephenson Mould, que más tarde fue Gerente de los tranvías de vía estrecha de Madrid, a los que llamaban "cangrejos", porque iban pintados de rojo. Con él interviene el también inglés Mr. Stone y fueron destajistas unos españoles en sociedad: los Sres. Aldalud, Rodríguez y Cía. Las obras fueron lentas aun a pesar de que el terreno no presentaba grandes dificultades. Como las más importantes, caben destacar los pequeños túneles, uno en Conxo y otro en el Faramello, y, de otra naturaleza el viaducto cercano a la estación de Comes (Primitiva estación de Santiago) conocido como "A Ponte de Ferro", y un puente (que hoy ya se utiliza) cerca de la estación de Puentecesures, sobre el río Ulla, también de hierro, cuyas piezas se trajeron de Inglaterra.Por una serie de problemas de tipo financiero, se detienen las obras en 1866 y no se reinician hasta el 31 de Enero de 1871, contándose entonces con dinero conseguido en Inglaterra por el constructor Mr. Mould, procedente de un empréstito concedido por el "Crédit Foncier" de Londres. No obstante, las obras concluyeron y la tan ansiada inauguración tiene lugar el día 15 de septiembre de 1873. Era presidente de la Cía D. Eugenio Montero Ríos y como gerente actuaba D. Inocencio Vilardebó. Ese día en la estación de Comes (Santiago), a las doce menos cuarto, el penitenciario de la Catedral Sr. Palacios, en un altar situado al efecto, bendice las cuatro locomotoras de dos ejes acoplados, que se compraron en Inglaterra, mientras en el aire resuenan gran cantidad de cohetes. Así mismo, a la misma hora en la estación de Carril se suelta un globo aerostático, en cuya barquilla se sujetaron unos pañuelos de seda, artísticamente bordados y que al quemarse los hilos que los sujetaban, fueron cayendo, siendo recogidos por los asistentes al acto. El entonces Gobernador de Pontevedra, D. Cosme Herrera, pronunció las siguientes palabras: "El acto solemne que acabáis de presenciar, encierra la más lisonjera esperanza para el porvenir no sólo de esta provincia, sino de Galicia entera, Al inaugurar los trabajos de este pequeño trayecto, cuyo pensamiento fue iniciado por la Sociedad Económica de Santiago y secundado por el Ayuntamiento de aquella ciudad y por la Diputación de esta provincia, quedan sentadas las bases de otras líneas más extensas."........, dende entón ata o AVE.....




CURIOSIDADE:

¿Que teñen en común os coñecidos escritores galegos Valle Inclán e Camilo José Cela e a o ferrocarril en Galicia?

Máis información sobre a primeira liña de ferrocarril en Galicia:

Asociación compostelana de amigos do ferrocarril ACAF.

Asociación galega do patrimonio industrial, BUXA.

Algunhas imaxes máis neste enlace, referidas á historia do ferrocarril na localidade lucense de Monforte de Lemos.

O ano pasado celebráronse 135 anos do ferrocarril en Galicia, noticia en El Correo Gallego.

Máis datos sobre a cronoloxía do ferrocarril en España premendo sobre a seguinte imaxe.


sábado, 14 de noviembre de 2009

XEOGRAFÍA FÍSICA E POLÍTICA

Neste enlace atoparás información sobre todos os mapas do mundo, ademáis de unha serie de datos de interés sobre cada estado que amplía os que xa nos aporta o propio libro de texto.


viernes, 13 de noviembre de 2009

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL: ACTIVIDADES

Proposta de actividades sobre a Revolución Industrial (RI):


Libros vivos. Accede a esta páxina e comproba os teus coñecementos sobre a RI, preme sobre a imaxe.







ACTIVIDADES PARA RESPONDER NO CUADERNO:





jueves, 12 de noviembre de 2009

O INTERNACIONALISMO PROLETARIO


A toma de conciencia da problemática común que afectaban ao proletariado fixo que se sentise a necesidade de encauzar a mobilización obreira mediante unha convocatoria de reunión xeral onde se tratasen todos os problemas comúns.

En 1864 reúnense en Londres representantes das Trade Unions, a diversas asociacións de traballadores de diferentes paises europeos, é a I Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Nesta Asemblea escóllese un comité porvisional que elaborará os primeiros estatutos, no que Marx desempeñará un papel protagonista, e as ideas quedan recollidas en tres puntos clave:
  • A Internacional non debe abolir as asociaicións obreiras nacionais, senon potenciar anivel mundial a súa acción.
  • A emanciapción da clase obreira será obra dos propios traballadores.
  • Non haberá emancipación sen loita polo poder político.

Os problemas da Internacional foron diversos polas diferentes ideoloxías que estaban representadas, pero destacou o enfrontamento ideolóxico entre marxistas e anarquistas. Os puntos de discrepancia entre os seus líders, Marx e Bakunin foron:


  • Marx, os homes e non os individuos son os protagonistas da Historia. Bakunin defende que o individuo é o protagonista da Historia.
  • A revolución social estará protagonizada polos obreiros industriais segundo Marx, e Bakunin opta polas masas campesiñas.
  • Bakunin opúñase radaicalmente á idea de Ditadura do proletariado e ao mantemento do Estado propuganada por Marx.

Este enfrontamento será unha das causas que propicien o fracaso da AIT xunto á represión de diversos gobernos europeos. No caso de España a AIT será prohibida no 1874.

A II INTERNACIONAL

A partir de 1870 crearanse partidos socialistsa por toda Europa, o primeiro deles foi o Partido Socialdemócrata Alemán fundado en 1875. Todos eles serán partidos de clase obreira.

Un dos primeiros acordos tomados na II AIT, foi a proclamación en 1889 dunha xornada como Día internacional da loita obreira, o 1 de maio, en lembranza da manifestación de 1886 en Chicago na que se acusara aos anarquistas da colocación dunha bomba e anos despois demostrouse a súa inocencia.

Na II Internacional tamén existiron tensións, a I Guerra Mundial rompe a solidariedade dos pobos e leva á desaparición da AIT. No 1919 a III Internacional ou Internacional comunista esixíu aos seus membros a submisión total aos postulados comunistas da URSS.

O PENSAMENTO ANARQUISTA




Do grego "an-archos", sen poder. Baixo a denominación de anarquismo desíganse a unha corrente de pensamento e unha práctica política qu epretende construír unha sociedade na que exista a liberdade, igualdade e xustiza social senningún tipo de poder ou de goberno.


Os seus principais representantes foron Proudhon, Bakunin e Kropotkin.


Proudhon Bakunin Kropotkin


Os anarquistas están en contra de todo poder establecido, e sobre todo, contra o poder do Estado e da Igrexa, e cren que é preciso destruir todo tipo de poder, esta nova sociedade basearíase na federación libre de comunas autónomas, gobernadas en réxime de autoxestión onde a autoridade política é substituída por acordos libres entre os traballadores.


Rexeitan a propiedade privada e defenden a colectivización de tódolos medios de producción e dos bens obtidos. para evitar as desigualdades económicas,a s comunas anarquistas teñen que ser autosuficientes.
Para lograr unha sociedade anarquista é preciso que se tranforme a actual mediante unha revolución espontánea contra o poder establecido.

Podes ler máis sobre os conceptos anarquistas neste enlace.




O PENSAMENTO SOCIALISTA II

En 1848 publícase o Manifesto Comunista de Karl Marx e Fiedrich Engels, é unha obra fundamental no desenvolvemento das ideas socialistas, onde se analiza a Historia coma un proceso continuo de explotación de clases por outras. Tratan de demostrar que o capitalismo pode ser superado por outro sistema máis xusto: o socialismo.


Portada do Manifesto comunista


Estas novas ideas foron cualificadas de Socialismo científico para diferencialas das anteriores, utópicas, e trala morte de Marx, estas ideas foron a base do marxismo.


A INTERPRETACIÓN ECONÓMICA DA HISTORIA. MATERIALISMO HISTÓRICO

Segundo Marx, as condicións materiais son o factor determinante de calquera formación social, de esa relación entre seres humanos e natureza e os propios seres humanos aparece unha determinada forma de producir bens, de organizar o traballo, distribuir a propiedade e repartir os excedentes, esto constitúe a estructura económica.


Esta estructura económica condiciona o tipo de institucións políticas e xurídicas, e as ideas predominantes, é dicir, a superestructura político-ideolóxica. NegritaO Estado como institución máis importante desa superstructura política é un instrumento que favorece a unha determinada clase dominante, é dicir, o Estado sempre é clasista.


A ideoloxóa e comportamentos das clases dominantes xustifican os intereses de clases.


O conxunto formado pola estructura económica e a superestructura económica recibe o nome de modo de producción, e ao longo da historia houbo os seguintes: depredador, asiático, escravista, feudal, capitalista e socialista.


O motor da historia segundo Marx é a loita de clases, dúas clases antagónicas e este enfrontamento concluirá cunha nova clase dominada pola clase vencedora, e á fin á que se dirixe a historia do ser humano é á desaparición das clases sociais, pero antes é preciso que o proletariado tomo o poder do estado (ditadura do proletariado) e unha vez acadados os seus obxectivos ese estado ditatorial se autodisolverá, quedando así establecida a sociedade comunista.


A PLUSVALÍA


Segundo Marx, o valor dunha mercadoría depende da cantidade de traballo que se precise para a súa realización, pero existe unha mercadoría peculiar, a forza de traballo obreira, o capitalista usa esa forza de traballo máis tempo do que precisa para compesar o custo, a diferencia entre o prezo á que compra a forza de traballo e ó prezo á que a vende é a plusvalía, toda plusvalía é a materialziación dun traballo non pagado. Se o obreiro recibise exactamente o valor das mercadórías por él producidas non se comprendería o capitalismo.
Un exemplo:
Unha mercancía (por exemplo un libro) ten un doble valor, este valor pode ser un valor de uso (o uso para mín, leo o libro, ou emprego o libro para estudar, e a medida que uso ese libro vai perdendo valor, só ten o valor de uso que eu lle dou, é dicir, sirve para usar), pero tamén ten un valor de cambio (podo vender o libro usado).
Pero, ¿cal é o valor da mercadoría?.
O libro vale tanto coma o tempo de traballo necesario para fabricalo. Para fabricar un libro, un capitalista, persoa que ten o capital atopa un traballador que non ten capital pero sí ten a forza de traballo. O capitalista merca esta forza de traballo. Unha vez na fábrica/imprenta se determina o valor do traballo do obreiro e o capitalista págalle un salario "X". Segundo Marx, o valor do traballo do obreiro é todo aquelo necesario para manter ao obreiro coa vida necesaria para que ao día seguinte volva ao traballo (comida, roupa, casa...), pero o obreiro nas horas que traballa produce máis do valor necesario X+Y. O salario debe cubrir o necesario para manter ao obreiro e este traballador produce o seu salario (X) o necesario para alimentalo e sostelo, e ademáis o obreiro ao traballar produce un valor engadido, un plus (Y), este valor é o que se coñece como plusvalía, ese extra que lle queda ao capitalista unha vez paga o salario ao obreiro.


O PENSAMENTO SOCIALISTA

Influenciados pola Revolución Francesa aparecen a finais do s. XVIII unha serie de pensadores que se cond¡sideran como os precursores do socialismo, entre eles destaca François Nöel Babeuf, autor en 1795 do Manifesto dos plebeos, obra na que defende o igualitarismo social como medio para acadar a felicidade colectiva, para o cal compría eliminar a propiedade privada e se fose preciso empregar a conspiración (entre iguais) como medio para acadar os obxectivos.




Babeuf

Os primeiros problemas da clase obreira levou a unha serie de autores a reflexionar e formular unha serie de solucións ideais, por eso recibiron o nome de socialistas utópicos, xa que o modelo de sociedade que propuñan era moi idílica. Entre eles destacan Henri Saint Simon, defensor do progreso e da técnica, Charles Fourier, falaba da creación dunhas sociedades ideais chamadas falansterios, Robert Owen quen puxo en práctica unha serie de fábricas-cooperativas, é considerado o pai do cooperativismo e o galego Ramón de la Sagra.


Charles Fourier



O socialismo utópico non constituíu en sí mesmo un movemento homoxéneo, senon que está formado por todos aqueles autores que condeaban o capitalismo por inxusto e ineficaz e pedían unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e solidaria. Prefieren a evolución á evolución, e centran esta posibilidade de cambio na aceptación por parte da burguesía desta necesidade de cambio.

PRIMEIRAS FORMAS DE PROTESTA SOCIAL

MOVEMENTO MECANOCLASTA OU LUDITA

As primerias formas de protesta dos obreiros foron reaccións violentas, espontáneas, contra as instalacións fabrís, as materias primas e sobre todo contra as máquinas, xa que as vían como a causa directa da perda do seu traballo.


A principios do XIX xeralízanse as protestas e ameazas derivando nun movemento mecanocalsta ou ludita, nome que ven de Ned Luddd, pseudónimo posible dun obreiro inglés para evitar represalias.


CARTISMO


Xunto á destrucción de máquinas e á creación de asociacións obreiras coas que presionar para conseguir melloras laborais, a clase traballadora demandará o recoñecemento dos seus dereitos políticos como medio para modificar e ampliar os seus dereitos sociais, será en Gran Bretaña onde estas demandas adquiran unha maior relevancia, o movemento cartista ou cartismo, que confiaban en que aceptando as súas peticións o Parlamento o triunfo obreiro sería un paso para podeer aprobar leis de reforma social. As súas demandas non se viron cumpridas e este movemento desapareceu na década de 1850.


folga cartista
Entre os seus éxitos destacan as primeiras leis laborais en Gran Bretaña e a demostración de que era posible organizar a grandes masas de traballadores arredor dun obxectivo político común.


SINDICALISMO

No Antigo Réxime a meirande parte da actividade artesán estaba controlada e regulamentada polos gremios. O control do poder económico da burguesía conlevou a aparición dunha nova lexislación laboral baseada na abolición das corporacións de artesáns e na prohibición de crear asociacións obreiras, coma a Lei Le Chapellier en Francia ou as Leis de Asociación inglesas, as Combination Act.

As primeiras formas de asociación obreira foros as asociacións de oficios, as Trade Unions, que apareceron primeiro en Gran Bretaña e despois en outros paises europeos, os chamados movementos sindicais.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL II

TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS
Unha vez abolida a sociedade estamental característica do Antigo Réxime, aparece unha nova sociedade de clases que clasifica aos individuos en función da riqueza e non de situacións de privilexio herdadas ou adquiridas.

A riqueza como criterio diferenciador permite unha sociedade máis dinámica e aberta, con posibilidade de ascenso social en función da valía intelectual, oposta ao inmobilismo da sociedade estamental, pero do mesmo modo que se ascende se pode descender pola perda de poder económico.

Na sociedade de clases, a desigualdade económica producida pola acumulación de bens en mans duns poucos (clases acomodadas, nobreza e burguesía enriquecidos) e a necesidade da inmesa maioría de traballar a cambio dun salario (asalariados ou proletariado), vaise converter no eixe central da nova estructura social.


DOMINO SOCIAL DA BURGUESÍA


A burguesía introducirá cambios de todo tipo nos costumes, modas, hábitos culinarios, bailes, educación.... Tiñan o domino económico e debían exhibir o seu poder cun modo de vida luxoso e en ocasións despilfarrador en contraste coa vida austera do proletariado.



Familia burguesa paseando coa niñeira


Posuían a maior parte dos capitais, controlan os mecanismos de mercado e obteñen os maiores neneficios derivados do rendemento do traballo dos seus traballadores asalariados.

Tiñan o domino político, lembrade que a súa participación nos movementos revolucionarios tiñan como obxectivo a súa participación política era controlar os meanismos do Estado que servira aos seus intereses específicos.

NACEMENTO DO PROLETARIADO

O outro grupo social que caracteriza o s. XIX é o proletariado, un traballador urbano instalado na cidade coa súa familia coa esperanza de mellorar as súas condicións de vida. O seu número irá en aumento e pouco a pouco, debido á necesidade de incrementar os beneficios da burguesía, ésta imporá unhas moi duras condicións laborais, salarios baixos, condicións míseras e explotación do traballo infantil e da muller.



REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Este termo foi empregado por vez primeira no s. XIX (Blanqui, 1828; Engels, 1845; Marx, 1867) xa que se decataron que estaban a vivir unha época de cambios rápidos e profundos.



Blanqui Engels Marx


¿Por que en Inglaterra?


Porque alí déronse unha serie de condicións que favoreceron o seu desenvolvemento: homes, materias primas, máquinas, capitais e unhas condicións políticas favorables.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DO PROCESO DE INDUSTRIALIZACIÓN
  • EMPREGO MASIVO DE MÁQUINAS.

Compre destacar a máquina de vapor de James Watt en 1769, baseada na idea da máquina de Newcomen inventada en 1711 por Thomas Newcomen.

  • A FÁBRICA COMO UNIDADE DE PRODUCCIÓN.

Pasouse do taller como unidade de producción cunha nula división do traballo, escasa maquinaria e baixo a regulamentación gremial á fábrica onde as máquinas terán un papel predominante, división das tarefas e despersonalización do traballo, agora o traballador xa non ten control sobre o resultado final do seu traballo.

Existe un paso intermedio entre o taller e a fábrica, apareceu como alternativa aos talleres, foron os putting-out system e os domestic system, convivindo ambos como industrias domésticas de caracter rural ao marxe da regulamentación gremial. Os campesiños elaboraban e vendían os productos.

  • CAPITALISMO COMO TEORÍA E PRÁCTICA ECONÓMICA

Adam Smith, David Ricardo e Malthus son os seus pensadores ou formuladores dos principios básicos. Segundo eles, a riqueza baseábase nos seguintes presupostos:

  1. Interese individual e máximo beneficio persoal.
  2. Máxima liberdade económica. Mercado libre.
  3. Non intervención do Estado nas actividades económicas que deben estar en mans dos particulares, o chamado "laisser faire, laisser passer"
  4. A economía ríxese por leis naturais baseada no libre xogo da oferta e a demanda.
  5. O traballo da man de obra considérase unha mercadoría máis, o traballador elixe libremente o seu traballo e o contrato de traballo é un acordo libre entre patrón e obreiro, defendendo a división do traballo como medio para aumentar a rendabilidade.
PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Aínda que a RI supuxo un incremento de tódolos índices de producción houbo tres sectores punteiros que destacaron tanto pola súa capacidade de renovación e de arrstre doutros sectores económicos: a industria textil, a industria siderometalúrxica e a industria dos transportes.

martes, 10 de noviembre de 2009

XOGOS CON MAPAS III

Nesta ocasión propoño un enlace para o programa Seterra, hai que descargalo ao ordenador (pesa menos de un mega), e contén diversos exercicios para aprender xeografía política. O programa é gratuito e pódese instalar unha versión en castelán. Temos dúas opcións de descarga, unha dende este enlace, e outra dende a páxina da propia autora.



OUTROS XOGOS CON MAPAS NESTE BLOG:

XOGOS CON MAPAS I

XOGOS CON MAPAS II

miércoles, 4 de noviembre de 2009

XOGOS CON MAPAS II

Hoxe engado unha nova páxina de xogos con mapas premendo sobre este enlace ou ben sobre a imaxe que achego máis abaixo, está en inglés, co cal obtemos un dobre beneficio, aprendemos xeografía e practicamos unha lingua estranxeira, pero o máis importante é que nos divertimos aprendendo.

Algunhas suxestións:

Esta é a páxina, veredes á dereita diferentes links. Premendo sobre eles accedemos a novas ventás con xogos de distintos niveis de dificuldade, a medida que avancemos no estudo da xeografía física e política o noso coñecemento aumentará e a dificuldade do xogo irá diminuindo.




Nunha entrada anterior engadín outra páxina con diferentes xogos de xeografía, esta vez en castelán, moi interesantes. Pincha no enlace para acceder, xogos con mapas I.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER