martes, 19 de mayo de 2009

O IMPERIO DOS AUSTRIA

Cara ao 1516 o neto dos Reis Católicos (Carlos I de España e V de Alemaña) ocupou o trono da monarquía hispánica finalizando así a dinastía Trastámara e dando comezo a unha nova dinsatía: os Austria.

Neste período (1516-1700) asistiremos a unha época de dominio hispánico, un inmenso imperio formado polos territorios europeos e americanos incorporados á Coroa. O emperador Carlos V posuíu este título debido á herdanza dos seus avós paternos (Maximiliano de Habsburgo e María de Borgoña), pero co seu fillo Filipe II os territorios austríacos con titularidade española quedaron deligados da Coroa de España.

No s. XVII, cos monarcas Filipe III, Filipe IV e Carlos II o Imperio inicia a súa decadencia.
No seguinte video podes ver a Europa en tempos de Carlos V.





E neste outro, o Imperio español:

domingo, 17 de mayo de 2009

1º ESO: PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS - MESOPOTAMIA -

Cara ao VI milenio a.C. no chamado Crecente Fértil, algunhas aldeas comezarán a sufrir unha serie de transformacións que as levará a convertirse en civilizacións urbanas: Mesopotamia e Exipto.


Neste tema analizaremos esas melloras posibilitaron o desenvolvemento da agricultura, a aparición de sociedades máis prósperas, do comercio, das primeiras formas de Estado e a aparición da escritura da que podes achegar unha interesante información pinchando neste enlace.

No seguinte video, pertencente á famosa serie de TV "Erase unha vez o home", veremos como o clima da Tierra tende a estabilizarse, rematan as grandes glaciacións e nos vales fértiles das zoas temperás o home descubre a agricultura e poden deixar o nomadismo, asentándose definitivamente e como consecuencia, xurden aldeas que acabarán converténdose nas grandes civilizacións fluviais, en torno a os ríos Tigris-Éufrates (Mesopotamia) e Nilo (Exipto). Este capítulo ten uns 25 minutos de duración.




Na rede existen outros documentais cunha duración maior e seguramente menos atractivos pero con contidos que nos poden axudar na ampliación de contidos do tema. Deixo os enlaces para que os que queirades adicar parte do voso tempo nas Ciencias Sociais poidades facelo.



GRANDES CIVILIZACIÓNS: MESOPOTAMIA (11´apróx.)




MESOPOTAMIA, O PRINCIPIO DA CIVILIZACIÓN (45´apróx.)

1492: ACTIVIDADES

Estamos a visionar a película 1492: a conquista do paraiso, un encargo do goberno español ao director estadounidense Ridley Scott (Gladiator, Thelma e Luoise, Blade Runner, Alien, etc.) para promocioar os actos do Vº Centenario. O seu estreno foi o 12 de outubro do ano 1992. Mañá luns remataremos polo que fago unha proposta voluntaria e un pequeno comentario.


A primeira parte é moi interesante, ata o desembarco nas praias de Guanahaní (en realidade é unha praia de Costa Rica chamada Punta Blanca). A segunda parte é máis ficción, pero igualmente está moi lograda. A banda sonora do compositor Vangelis (o seu nome é Evangelos Odyssey Papathanassiou) é moi interesante, este mismo compsoitor fixo a banda sonora de Blade Runner.


Unha das curiosidades fai referencia a unha escea na que Colón sobre a cuberta durante a noite calcula a latitude á que se atopan os barcos coa axuda dun cadrante apuntado cara a estrela Polar. Un dos seus compañeiros pídelle que lle ensine esa forma de orientarse en medio do océano, e Colón amósalle cómo apuntar o cadrante e comprobar que se encontran no Paralelo 28. Ésa é a ruta correcta. Como sabe Colón que é a ruta correcta?, na película non resposta a esta cuestión, tan só dí que se seguen ese paralelo chegarán ao seu destino.

Unha posible explicación é que o 28 é un número perfecto: coincide coa suma dos seus divisores propios. 28 é divisible entre 1, 2, 4, 7, 14 e 28. Se o excluimos a él mismo e sumamos o resto dos divisores (os chamados divisores propios), 1+2+4+7+14 é igual a 28. Esta propiedade a presentan moi poucos números, o máis pequeno deles é o 6, o seguinte o 28, logo temos que esperar ata o 496, despois o 8128, etc.



Se tes interés en realizar un traballo sobre a película aproveita o seguinte guión que a modo de esquema te pode orientar:

  1. Elabora unha ficha técnica da película (director, actores principais e persoaxes correspondentes con unha breve descrición dos mesmos, como características, papel que xogan no desenvolvemento da película, etc.)
  2. Resume o argumento da película.
  3. Que partes podes identificar na película en relación ao estudado no tema.
  4. Que dificultades tivo Colón para desenvolver o seu proxecto.
  5. Que críticas facían os expertos ás súas ideas.
  6. Que diferentes motivacións tiñan os conquistadores.
  7. Que reaccións tiveron os conquistadores fronte aos indíxenas.
  8. Inventa un novo final.
  9. Fai unha valoración persoal.

LETRAS GALEGAS 2009: RAMÓN PIÑEIRO

Seguro que o autor homenaxeado este ano está máis que traballado en clase, polo que vos deixo un video, premio Sociedade da Información na modalidade de Videos Educativos, para ver que se poden facer cousas interesantes dende a escola.


sábado, 16 de mayo de 2009

4º DE ESO_ACTIVIDADES: TEMA 10

  1. Relacioa estes territorios co Estado que os invadiu.


  2. Di cales destas frases son verdadeiras ou falsas.


  3. Relacioa as Conferencias de paz e o que se acordou en cada unha delas.



  4. Le o texto e responde ás seguintes preguntas consultando o libro de texto.

  5. A Conferencia Afroasiática, despois de ter discutido os problemas dos pobos dependentes e do colonialismo e mais dos males que deles se derivan, encontrouse de acordo:


    1. En declarar que o colonialismo, en todas as súas manifestacións, é un mal ao que hai que poñer fin rapidamente.


    2. En afirmar que a suxeición dos pobos ao xugo estranxeiro, a dominación e a explotación que constitúen a negación dos dereitos fundamentais do home, están en contradición coa Carta das Nacións Unidas e son un obstáculo para o desenvolvemento da paz e mais da cooperación mundial.


    3. En declarar o seu apoio á causa da liberdade e da independencia de todos os pobos dependentes e, por último,


    4. En chamar ás potencias interesadas a fin de que concedan liberdade e independencia a estes pobos.


    Conferencia de Bandung.
    Declaración sobre os problemas dos pobos dependentes (1955)

    a) Que tipos de paises se reuniron nesta Conferencia.

    b) Por que cres que citan a Carta das Nacións Unidas.

    c) Cres que no punto 4 se está a pedir a protección de EUA ou da URSS. Por que?

  6. Consulta a seguinte páxina e responde ás cuestións (pincha sobre a imaxe para acceder):

  7. a) Por que o Tratado de Versalle é considerado como un detonante da IIGM?
    b) A IIGM foi un conflicto ideolóxico? Xustifica a túa resposta.
    c) Explica por que Francia e Inglaterra non actuaron contra a expansión nazi.

viernes, 15 de mayo de 2009

HOLOCAUSTO NAZI: CINE

Película O neno co pixama de raias.






Para saber máis sobre o libro que serve de guión para a película pincha aquí.

CONFLICTO ÁRABE-ISRAELI

Nesta web podes ampliar información sobre o conflicto árabe-israelí. Ofrece diversos apartados que te axudarán a comprender mellor un tema de actualidade. Preme sobre a imaxe e accederás aos contidos.


lunes, 4 de mayo de 2009

AS VIAXES COLOMBIANAS

Para ampliar coñecementos sobre as viaxes cara a América e as rutas comerciais en xeral accede a esta páxina e reponde:

1.- Quen chegou ata a India e China no s.IV a.C?
2.- Cal foron os produtos máis apreciados da chamada Ruta da Seda?
3.- A quen servíu a familia Polo na China? Quen era ou a que se dedicaba esta persoa?



retrato de Marco Polo


Pasa ao apartado que fala do comercio das especias:

comerciante de canela


1.- Con que nome actual se coñece ás Illas das Especias?
2.- Que especias máis comúns se traían destas illas? e de China?
3.- Cal foi a consecuencia inmediata para o comercio das especias trala apertura da ruta de Vasco da Gama?


Seguimos no apartado adicado ás viaxes dos portugueses:

1.- Quen foi o primeiro en rebasar o cabo Boxador?
2.- Que mar ou océano actual é o Mar Tenebroso?

Vai agora ao que dí rivalidade entre España e Portugal.

1.- En que consistíu o Tratado de Alcaçobas?
2.- Por que Castela quedou coas novas terras a pesar de violar ese tratado?
3.- Que ven a solucionar o Tratado de Tordesillas?



Tratado de Tordesillas


Nos outros apartados de esta interesante páxina podes ampliar coñecementos sobre a ruta portuguesa cara a India, as viaxes de Colón e unha sección interesante con actividades que te poden axudar a coñecer o teu grao de avance na materia e o domino que dela tés. Pincha no apartado actividades ou ben neste enlace que te levará directamente ás mesmas.

Video sobre as viaxes de Colón duns 2 minutos:



E para os que teñades máis interés e tempo, déixovos un documental do canal Historia sobre a última viaxe de Colón, a duración é duns 52 minutos aproximadamente, amosa aspectos interesantes das condicións de vida, a travesía, etc.



Videos tu.tv



domingo, 3 de mayo de 2009

DÍA DA NAI


viernes, 1 de mayo de 2009

1º DE MAIO




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER