martes, 28 de abril de 2009

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

Actividades:

Podes ampliar información sobre as Brigadas Internacionais neste enlace.


Polo bando franquista podes ler este artículo publicado no país sobre a importancia dos marroquís no exército nacional.



Consulta a seguinte páxina e responde ás cuestións:




– Os consellos de guerra amparábanse en…


A Constitución republicana. A lei de responsabilidades políticas.


– A represión produciuse en…


A zona franquista. A zona republicana. As dúas zonas.


– A represión na zona republicana protagonizárona…


As masas. As forzas de seguridade. O exército.


– Desde o Estado intentouse acabar coas matanzas mediante a creación do ...


Corpo de policía. Endurecemento de penas. Tribunal especial.


- A represión fascista foi diferente á republicana porque...


Causou menos vítimas. Era unha estratexia deseñada. Era ideolóxica.


– Os sublevados estenderon a represión á fronte mediante…


Os bombardeos. A pillaxe. As ameazas.


AUDIOVISUAIS:


Video documental sobre os brigadistas supervivientes emitido na 2 de TVE titulado "A historia da brigada Abraham Lincoln"




VIDEO "O SOÑO DERROTADO"



DOCUMENTAL DA BBC SOBRE A GUERRA CIVIL

A IDEA DO MUNDO NO s.XV

Na Idade Moderna había unha concepcióm moi distinta do mundo respecto á que hoxe temos, a relixión (ideas do mundo extraídas da Biblia) e sobre todo a imaxinación das xentes daquela época que concebían o mundo plano ou cúbico, con lendas de monstruos ou mundos imaxinarios. Neste contexto algúns mariñeiros portugueses, italianos ou casteláns tiveron clara a idea de que o mundo non era plano.


Para os que queirades ampliar sobre a historia da cartografía e os distintos tipos de mapas antigos podedes profundar nas seguintes páxinas, alí atoparedes dos primeiros exemplos cartográficos coma o de Anaximandro ou Ptolomeo e outros curiosos como o de Al-Idrisi ou








http://es.wikipedia.org/wiki/Mapa_de_Piri_Reis




Cristóbal Colón era un dises navegantes que tiñan nocións da redondez da Terra. Colón poido confirmar esta idea cando observou o mapa de Toscanelli, xeógrafo italiano que asegurou que se podía chegar a Asia partindo de Portugal, indo en liña recta a través do Atlántico. Toscanelli calculou en 3000 millas mariñas a distancia entre as illas Canarias e Cipango (Xapón).


As causas dos descubrimentos foron.


1.- Búsqueda de novas rutas comerciais con Oriente.

2.- Apoio económico dos monarcas (Henrique o Navegante, Ysabel de Castela).

3.- Avances no mundo da cartografía coma os portolanos pensados especialmenta para a navegación.

4.- Emprego de instrumentos de precisión para navegación en altamar coma o astrolabio, o cuadrante ou a brúxula (pinchando sobre as palabras e nesta páxina podes atopar máis información).

5.- E a substitución da coca pola carabela un invento portugués do que Colón soubo sacar proveito.

Se queres podes obter máis información sobre a carabela aquí, ademáis contén un gráfico interesante sobre as partes das que se compón.


Para ampliar sobre a época dos descubrimentos pincha aquí.

lunes, 27 de abril de 2009

4º ESO: NACIONALISMO GALEGO E CASTELAO

Non podía deixar o tema sen facer referencia a Castelao. A finais do XIX xurdíu unha corrente ideolóxica que atisbaba a persaonalidade nacionalista galega que completaba as ideas máis románticas do Rexurdimento e os provincialistas (Camino, Añón, Pintos, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez ou Lamas Carvajal).




Rosalía de Castro


No 1889 Alfredo Brañas falaba por aquel entón das dúas patrias, a común e a rexional, iniciando o rexionalismo xunto a Manuel Murguía, reclamando a autonomía para Galicia -isto é, o dereito dos galegos a gobernarse a sí mesmos -, a erradicación do caciquismo e a cooficilaidade do galego, entre outras medidas para paliar o atraso económico de Galicia. As primeiras asociacións do galeguismo coma a Asociación Rexionalista Galega ou a Liga Galega da Coruña tiveron unha vida curta e unha pobre acción política.


Sepulcro de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres, Santiafgo de Compostela



Neste contexto, as Irmandades da Fala (Antón Villar Ponte - propón a intervención do nacionalismo na política-, Vicente Risco - mási moderado propón a acción cultural-, Otero Pedrayo, etc.), defenderon a autonomía integral para Galicia.


Estatua de Otero Pedrayo na Paza do Correxidor, Ourense



Durante a ditadura de Primo de Rivera o nacionalismo galego tivo que pasar á clandestinidade e cesar a súa actividade pública centrándose na cultura. No 1920 publicouse na nosa cidade o primeiro número da revista Nós, dous eran os seus cometidos principais, por un lado descubrir e potenciar a identidade galega e por outro acercar as novas ideas que xurdían en Europa e achegando as dúas culturas que se consideraban máis próximas á galega: a irlandesa e a portuguesa. Ao ser unha revista eminentemente galega, Vicente Risco que foi o director literario quixo dotala de unha imaxe típica, polo que designou a Castelao o responsable artístico e o lugar de impresión foi precisamente na imprenta do diario La Región e a partir do 1925 trasládase a impresión a Santiago de Compostela.



portada da revista Nós



A ditadura de Primo de Rivera suspendeu a súa publicación e retomouse no 1925. O derradeiro número foi pouco antes de rpoclamarse a ditadura militar do 1936 que non se chegou a publicar debido á queima da imprenta de Anxel Casal (tan só se conservan dous números).


Castelao é unha das figuras salientables do nacionalismo galego, un dos primeiros membros das Irmandades da Fala, e un dos membros activos do galeguismo (no 1931 intégrase no Partido Galeguista). Vivíu os primeiros anos do franquismo no exilio onde levou a cabo unha intensa actividade en prol do goberno da República. O seu ideario político quedou reflectido na obra Sempre en Galiza. Castelao foi ademáis o primeiro caricaturista en Galicia e España. A través das súas satíricas caricaturas pódese facer un estudo sociolóxico da sociedade galega de principios de século, este será o motivo do seguinte post, onde farei unha proposta de traballo e unhas activides de ampliación.




Castelao



ACTIVIDADES:


1.- Consulta a seguinte páxina web e responde ás preguntas:




  • Cales eran os principais obxectivos das Irmandades de Fala?
  • En que publicación difundiron as súas ideas?
  • Quen foi Afonso Daniel Rodríguez Castelao?

2.- Observa a seguinte imaxe e responde:


O león domesticado polo sapo



• Que metáfora representa Castelao neste debuxo?
• Por que utiliza Castelao o recurso do sapo?

No caso de que non sexas quen de atopar a solución pinchando aquí terás unha boa axuda


3.- Podes realizar un traballo de investigación (en formato PPT) sobre o medio ou o espazo onde se desnvolven as esceas, tipos de persoaxes (poderíase facer un esquema/organización xerárquica da sociedade galega a través das caricaturas de Castelao), a temática, quen fala castelán nos seus debuxos e cal é a intención de Castelao, qué tópicos se recollen nas súas caricaturas (peiteados, sombreiros, calzado, vestimentas, et.) Pinchando aquí atoparás unha ampla colección de caricaturas.

4.- Neste post, acompaña a imaxe da escultura a Ramón Otero Pedrayo na praza do Correxidor, saberías dicir en que lugar de Ourense se atopa a escultura en homenaxe a Castelao? Que outras imaxes de escritores ilustres hai pola cidade e en que lugares as podemos visitar?


domingo, 26 de abril de 2009

GUERRA CIVIL: PARTE II

A evolución bélica pódese resumir en tres momentos clave:

1.- O avance cara a Madrid.
2.- A Batalla do Norte.
3.- A Batalla do Ebro.

No seguinte video podes ampliar información sobre o desenvolvemento do conflicto armado.





O parte final de guerra que puxo fin ao conflicto foi asinado o 1 de abril de 1939 e foi transmitido por Radio Nacional de España, foi a fin da guerra e o inicio dunha ditadura, o documento histórico é iste:





Mentres se producía a guerra en España, no resto de Europa temén se vivían momentos de tensión. En 1936 Hitler xa ocupada o poder en Alemaña, fundara o III Reich e executaba os seus plans para dominar Europa enmarcada na teoría do espazo vital que orquestou engadido á incapacidade das democracias occidentais para evitalo. Como consecuencia no 1939 estalou a IIGM en Europa, un conflicto no que morreron millóns de persoas e as perdas materiais foron enormes. Este será o motivo do próximo tema.


ACTIVIDADES.


1.- Explica como responderon os seguintes colectivos á crise da Restauración: anarquistas, socialistas e republicanos.


2.- Indica as principais causas que conduciron á ditadura de Primo de Rivera e as medidas de goberno que adoptou.


3.- Data os seguintes feitos e ordénaos cronoloxicamente.




4.- Relaciona os seguintes acontecementos coas súas consecuencias.


5.- Visita a seguinte páxina web e responde ás cuesións:


http://guerracivil.sotmar.net/pagina2.htm


Le as explicacións da páxina web e céntrate no apartado adiacado ao Bienio Reformista:

a) Que accións adoptou o goberno de Azaña respecto á Igrexa católica.
b) Enumera as causas que dificultaron a reforma agraria.
c) Cal eran as deficiencias do exército que Azaña intentou solucionar.

6.- Le este artigo sobre o Esttuto do 36 e responde ás preguntas.


http://www.novoestatuto.com/rec.php?id=11&lang=gal


a) Quen foron os principais artífices do Estatuto de Autonomía.
b) En que contexto político se redactou o Estatuto?
c) Cando foi aprobado o texto definitivo do Estatuto?
d) Cal foi o resultado do referendo do 36?
e) Por que o Estatuto non foi aprobado nas Cortes?

GUERRA CIVIL: PARTE I

O ano 1939 pasou á historia coma o ano no que rematou a Guerra Civil e a do comezo da II Guerra Mundial, por cinco meses exactos ambos conflictos non coincidieron.

A Guerra Civil española comenzou co alzamento o 17 de xullo do 1936 dalgúns mandos do exército contra o réxime da II República. Foi o Xeneral Francisco Franco quen liderou o bando sublevado ata a finalización da contenda, quedando coma Xefe do Estado Español ata a súa morte no 1975.




Franco e outros xenerais coma Mola, Queipo de Llano ou Goded apoderáronse dos gobernos civís e os concellos nun intento de acabar co goberno do Frente Popular de Manuel Azaña e Santiago Casares Quiroga. Nesta páxina podes ampliar informacións sobre os lugares onde triunfou a sublevación e nos que fracasou a rebelión e responde ás cuestións:


- En que lugares foi maior o fracaso da sublevación?
- A que foi debido o fracaso dos sublevados en moitas rexións peninsulares?
- Que nome recibiu cada unha das zoas nas que quedou dividida España?
- Cal dos dous bandos tiña un exército mellor preparado?


O inicio da guerra tivo repercusións internacionais xa que dende fora víase coma un enfrontamento entre democracia e fascismo, unha especie de quecemento do que en poucos anos serían as forzas enfrontadas na IIGM.

Franco contou de inmediato co apoio de Hitler (aviación, Lexión Cóndor, a "flor e nata" da aviación alemá) e Mussolini (tropas de voluntarios). A aviación alemá foi a causante do terrible ataque aéreo de Guernica, para saber máis sobre un dos iconos máis famosos de Guernica explora aquí o famoso cadro de Picasso e descubre a súa simboloxía e a verdadeira razón da barbarie alí cometida.



Francia e Gran Bretaña optaron por unha política de neutralidade (Comité de non intervención, pacto que decidíu non facilitar armas nen homes a ningún dos bandos enfrontados na guerra civil española).


Esta non intervención perxudiocu á República que tan só recibíu o apoio da URSS e México. Esta posición dos distintos gobernos non impedíu a solidariedade internacional co bando republicacno a través das chamadas Brigadas Internacionais.

- De que famoso presidente norteamericano tomou o seu nome o 3º batallón da XVª Brigada?
- Que importancia tivo este batallón en EE.UU?
Con dúas zonas enfrontadas ben diferenciadas deixamos esta primeira parte do tema da Guerra Civil. A sociedade daquel entón en guerra pasou medo e moitas penurias tanto nun bando coma noutro, as balas, os bombardeos, os refuxiados, os milicianos, o traballo da muller, a fame, a escola, os medios de comunicación, as condicións de vida en definitiva son cuestións que trataremos a través do traballo de recollida oral que está en marcha.

sábado, 25 de abril de 2009

4º DE ESO_ACTIVIDADES:TEMA 9

Neste tema vimos que os intentos que plantexaron os partidos conservadores da tradición restauradora fracasaron, entrando así no principio da fin da Restauración. Os intentos de cambio plantexados por José Canalejas fracasaron, retornando os conservadores radicais da man de Edurado Dato. O deterioro da vida política era tal que no 1923 Miguel Primo de Rivera, co apoio do rei Afonso XIII, promoveu unha ditadura (1923-1931).

A crise da ditadura levou ao monarca a suspender a potestade real e exiliarse. O 14 de abril do 1931 proclamouse a II República. Os gobernos republicanos emprenderon un programa de reformas que atopou a oposición dos grupos da oposición máis conservadores. o conflicto entre partidarios das reformas e opositores ás mesmas estalou en xullo do 1936 dando lugar a unha cruel guerra civil que rematou no 1939 co establecemento dunha ditadura militar (1939-1975).

Para dar un repaso ata o partado 6 propoño un novo quiz cun nivel de dificultade baixo. Espero que levedes ben o traballo de recollida oral, seguro que cando a poñamos en común ha de quedar un tema bastante curioso. Ánimo.


viernes, 24 de abril de 2009

OURENSE EN TEMPOS DOS RR.CC: PARTE II

Continuamos coa segunda parte da historia da nosa cidade, acaba de recordarmo María 2A, e antes de que rematemos o tema intentarei aportar máis datos.

Estamos polo alá século XV e nesa época xorden na cidade novas casas e rúas, como a Rúa Nova –hoxe Lamas Carvajal- onde asentaba o antigo "barrio" xudeo.


foto: Rúa Lamas Carvajal en Corpus


O Cabido (sacerdotes que axudan ao Bispo dunha cidade) encarga a construción do ciborio da Catedral, unha obra renacentista do arquitecto Rodrigo de Badaxoz entre o 1498 e o 1504, da Capela do Santo Cristo e da torre do reloxo na porta sur (ainda conserva o reloxio de sol) entre outras obras.

foto: vista da ábsida da S.I. Catedral e ciborio

Complétase a igrexa da Trinidade, nesa praza que temos tan preto e que conserva o antigo empedrado característico da cidade de Ourense con pequenas pedras extraídas do río Miño.


foto: Igrexa da Trinidade


Constrúense tamén a capela e o hospital de San Cosme e San Damián na praza que leva o seu nome no 1521 por encargo dun ciruxán chamado Juan Lérez, a fachada renacentista e hospital prateresco conserva os escudos familiares do fundador, e que na actualidade e dende 1982 alberga un Belén permanente do artista ourensán Arturo Baltar feito con figuras de barro cocido, con persoaxes e edificios típicos da cidade de principios do século XX e que ademáis o completan frescos de outros artistas ourensáns moi importantes coma Xaime Quesada (o mesmo que fixo -entre tantísimas obras- esa ecultura do neno sobre un moucho na praza do Padre Feijoo) ou Virxilio, moi interesante e que podedes acercarvos a visitar en calquera momento. Cosme e Damián foron uns médicos mártires do século III


foto: praza de Cosme e Damián

O Hospital de San Roque que aparece nesa foto incluida no post anterior, no lugar no que hoxe se sitúa o edificio de Correos, de este antigo hospital só se conserva como xa comentamos a porta de acceso e que na actualidade pódese ver na praza da Trinidade, algo xa comentamos sobre ela.




foto: antiga entrada ao hospital na praza da Trinidade



A ermida dos Remedios (nas aforas da cidade, xunto á Ponte) unha pequena capela do século XVI (1522) con fachada prateresca na que se inserta unha imaxe da Virxe dos Remedios, alí cada 8 de setembro celébrase unha romería moi popular na cidade, ese é o día no que a Igrexa celebra as aparicións da Virxe, ou ben no primeiro domingo de setembro . Está moi vinculada coa cidade esta Virxe e ten moita tradición a súa romería, a Virxe aída que única ten moitos atributos, un deles é esta, parece ser que foi a Orde da Santísima Trinidade (os Trinitarios) os que potenciaron esta advocación mariana.



foto: ermita dos Remedios



Tamén de esta épocas son casas/pazos da como a dos Oca-Valladares (hoxe Liceo de Recreo Ourensán, unha sociedade cultural). Na fachada deste pazo urbano pódense apreciar cinco escudos que pertencen a cinco familias galegas de certa relevancia (Deza, Zúñiga, Lemos, Ribadeneira, Ulloa, Aguiar segundo teño lido). No 2002 foi declarado pola Xunta ben de interés cultural (Decreto 222/2002)


foto: pazo dos Oca. Liceo de Recreo Orensano


A casa de Mª Andrea (hoxe restaurante) na rúa San Miguel e Praza do Eironciño dos Cabaleiros



foto: casa de María Andrea


A casa dos Méndez Montoto, hoxe museo municipal na rúa lepanto (rúa da Obra na Idade Media)

foto: casa dos Méndez Montoto (Museo Municipal)

A dos Boán na Praza do Ferro. Que ademáis cando falemos do deubrimento de América veremos a relación que ten esta casa con ese continente.

foto: casa dos Boán na prazo do Ferro


En 1484 chega o primeiro Correxidor, enviado polos Reis Católicos. Con estes cargos os poderes feudais vanse perdendo, os bispos no caso de Ourense xa que historicamente o cargo de bispo trascendeu á súa función relixiosa xa que ademáis de lider espiritual foi señor feudal dende que no 1122 Dona Tareixa de Portugal concedeu a xurisdicción da cidade ao bispo Diego Velasco para él e máis os seus sucesores.



foto: praza do Correxidor

O golpe definitivo que deron os Reis Católicos aos señores feudais –no caso de Ourense- viría en 1586 co nomeamento dun Correxidor con poderes máis amplos, por parte de Felipe II. (Inda así, os bispos aínda tardarían uns anos –ata 1628- en renunciar expresamente á súa histórica xurisdicción e dominio sobre a cidade.)

Ampliarei algo máis sobre algunhos dos exemplos e outros que non se mencioaron coma por exemplo algunhas rúas (do Baño, Villar, Barreira), prazas (San Marcial), e as portas da cidade. Por hoxe suficiente.

jueves, 23 de abril de 2009

E HOXE O DIA DO LIBRO...E OS DEREITOS DE AUTOR

Hoxe é un día máis de esos que se consideran "comerciais", para invertir os nosos cuartos, en tempos de crise, en cultura a prezo de ouro. Non é verdade que a xuventude "pase" da cultura. Penso que abaratando os custos dos libros, cd´s, películas, cine, etc. achegariámonos máis á mocidade e os nosos xoves terían un bagaxe cultural máis amplo. En fin, ao que ía.

A historia de por qué diste día ten unha explicación coma case todo nesta vida, e non se remonta moi atrás.

Un grupo de escritores fixo unha proposta alá polo ano 1995 (xa estabades no mundo) á UNESCO, co fin de potenciar a cultura (en principio foi o que dixeron) ainda que por detrás se agochaban os intereses de asegurar os dereitos da propiedade intelectual e os dereitos de autor, sobre o que non vou a debatir a lo menos hoxe.

En realidade a idea foi copiada de España. O rei Afonso XIII xa asinou un Decreto no 1926 para celebrar o día do libro e dende 1930 modificouse a data para o 23 de abril (data na que morre San Jorge de Capadocia) o día de San Jordi patrón de Aragón e Cataluña (morreu o 23 de abril do 303), por eso arraigou tanto nestas rexións.

San Jorge ese santo que saltou á fama a través dunha historia recollida na Lenda dourada, e que conta que o santo a cabalo vence a un dragón, ista lenda foi a orixe de todos os contos de hadas e princesas occidentais. Na Europa cristiá interpretouse ao santo coma o "crente", ao cabalo branco á "Igrexa" e o dragón o "paganismo, Satanás ou o pecado". No mundo oriental hai unha historia "paralela" moi semellante, concretamente en Xapón é o mito de Susanowo-no-Mikoto que vence á serpe de oito cabezas Yamata-no-Orochi. (Esto seguro que lle gustará a Marta-2B, creo, senon o elimino...)



San Jorge do pintor renacentista Rafael (1504)


A idea gustou e a decisión de fixar a data no 23 de abril, entre a que vos acabo de contar, foi a casual coincidencia que ese mismo día do ano 1616 falecen tres dos máis grandes escritores da historia da literatura, William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes. Con matices, Cervantes morre o 22 de abril (o enterran o 23), Shakespeare morre o 23 de abril pero do calendario que seguen en Inglaterra, que é o xuliano, sería o noso 3 de maio segundo o calendario gregoriano, pero afirmar que tres "estrelas" da literatura dese calibe faleceran o mesmo día do mesmo ano daba un halo misterioso que de seguro axudaría a potenciar este evento...
...as historias da Historia, c´est la vie....

miércoles, 22 de abril de 2009

DIA DA TERRA

Hoxe, 22 de abril, é o día mundial da Terra, unha aventura que comezou tal día coma hoxe na ano 1970 en EE.UU. Esta "moza" de uns 4.500 millóns de anos que esperemos dure outros tantos, nas nosas máns está o seu coidado.



Hai case 43 anos, o 23 de agosto do 1966, a humanidade recibía a primeira imaxe da Terra obtida por unha sonda espacial próxima á Lúa, o Lunar Orbiter I, o primero dunha serie de orbitadores luares que a NASA empregou para levar a cabo unha cartografía do noso satélite natural antes de realizar as misións Apollo. A imaxe foi obtida durante a órbita número 16 da sonda espacial e recollida pola estación de seguemento do Deep Space Network en Robledo de Chavela (Madrid).


primeira imaxe en branco e negro da Terra ao fondo

Y esta é a imaxe restaurada hai uns poucos anos onde se poden apreciar máis detalles (premendo sobre ela poderás ampliala)


Primeira imaxe da Terra restaurada


A primeira imaxe en cor chegou un 24 de decembro do 1968 (celebrouse o 40 aniversario a pasada noiteboa) e foi esta foto espectacular tomada polo Apolo 8



imaxe tomada polos astronautas do Apolo 8

No cuarto día da misión a comunicación cos astronautas quedou interrumpida mientres o Apolo 8 pasaba por detrás da Lúa, eran os primeiros seres humáns en contemplar directamente a cara oculta da Lúa. Os astronautas como atraídos por un imán quedaron pegados á ventanilla e aconteceu algo abraiante.

Ao rematar de atravesar a cara oculta da Lúa ergueron a vista e viron unha especie de amencer, o que se erguía sobre o horizonte da escarpada Lúa era o noso Planeta Azul. Un objeto que aportaba a única nota de cor entre o oscuro espacio exterior e os grises tonos da superficie luar.

Sabes en que consistiron as misións do programa Apolo? Por que foi famosa a misión do Apolo XI?

lunes, 20 de abril de 2009

PREHISTORIA III

Estas actividades pertencen á páxina web da Fundación Atapuerca, importante xacemento arqueolóxico na provincia de Burgos onde apareceron o maior número de restos fósiles dos considerados os primeiros europeos hai uns 800.000 anos, o Homo Antecessor.

Poderás atopar moita información, eu deixo dúas entradas, unha corresponde á parte das teorías da evolución humana e completa as activiades do post titulado PREHISTORIA I, e a segunda entrada é un xogo para comprobar os teus coñecementos. (Pinchando nos enlaces podedes acceder ás páxinas recomendadas, ainda que podedes descubrir máis cousas na dirección http://www.atapuerca.org/



PROPOSTAS DE TRABALLO


(PROPOSTA DE TRABALLO VOLUNTARIO)


Despois de ver esta interesante páxina responde ás seguintes cuestións, forma parte da proposta de TRABALLOS VOLUNTARIOS, e todos os que vos decidades a facelo téndelo que entregar coa presentación obrigatoria para os traballos de investigación (en folios brancos, con portada, fontes de información, valoración persoal, etc.):

  1. É certo que o home ven do mono? Razoa a túa resposta.
  2. En que porcentaxe son idénticos os xenes humáns e os do chimpancé?
  3. Cal foi o primeiro antepasado do xénero human0? Que antigüidade tiña?
  4. Quen é Lucy? Cal é a súa "nacionalidade"? En qué ano a atoparon? Cal é a súa idade?
  5. Que tres especies de homo se citan no apartado "os nosos avós africanos"?
  6. Que cambios importantes se introducen co "Homo ergaster"?
  7. A que nova especie do xénero homo pertencen os restos atopados en Atapuerca?
  8. Cales eran os seus rasgos característicos?
  9. Que cambio importante se produciu no planeta hai uns 2,8 millóns de anos?
  10. Que consecuencias tivo este cambio?
  11. cal foi o rasgo diferenciador do sénero homo que modificou a súa forma de alimentarse?
  12. Respecto das ferramentas qué diferencia ao xénero homo dos chimpancés?
  13. Como se denomina á diferencia de tamaños entre machos e femias dunha mesma especie?
  14. Como se comunicaban os nosos antepasados?
  15. O racismo pola cor da pel non ten razón de ser xa que "todos somos africanos". É verdade esta afirmación? Xustifica a resposta.
  16. Durante un tempo tres especies diferentes do xénero homo conviviron ata que dúas delas se extinguiuron. De qué dúas especies falamos? Cal se extinguíu?
  17. En que país actual habitaba o Homo Floresiensis?
  18. Quen dirixiu as primeiras excavacións da Serra de Atapuerca? En que ano?


ATAPUERCA: XOGO CRÁNEOS



PREHISTORIA II

A segunda parte deste grupo de actividades de ampliación completan a parte sobre a teoría da evolución e a orixe da especie humana. Podemos completar esta parte do tema con estas actividades.



1.- A evolución humana non é un proceso uniforme. Con isto queremos dicir que está suxeita a múltiples cambios que non todos conducen nin na mesma dirección, é dicir, á formación dun ser humano tal e como o coñecemos na actualidade, nin todas chegaron finalmente ao home actual.

En consecuencia, ¿o ser humano podería ter unhas características distintas das que ten na actualidade?


A especie humana

2.- Na liña evolutiva, atopámosnos co home de Neanderthal e co home de Cromagnon. Este, antepasado noso, non procede daquel. ¿Como é posible?



3.- ¿Cres que finalizou a evolución humana? ¿Por que?

PREHISTORIA I

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN

Unha vez realizadas as actividades correspondentes ás fotocopias entregadas na aula sobre "para que estudar Historia", continuamos con outras de ampliación:

O pasado 12 de febreiro celebrouse o bicentenario (200 anos) do nacemento de Charles Darwin e tamén se cumplen 150 anos da publicación do seu libro máis famoso "A orixe das especies".

1.- Coñecemos diferentes teorías acerca da orixe do ser humano. Unha delas é a que o explica a partir dun proceso evolutivo dende especies non humanas, con dúas formulacións. Unha delas é a de Charles Darwin, partidario da adaptación das especies ao seu medio natural (selección natural), e outra, a de Jean Baptiste Lamarck, defensor da teoría do uso e do desuso.

  • Informate sobre o que defende cada un deles nas súas respectivas teorías.

Charles Darwin


Jean Baptiste Lamarck


2.- É coñecido o exemplo da xirafa para observar as diferenzas entre ambas teorías. Para Darwin, diferentes mutacións (cambios físicos) nas xirafas provocaron que unhas tivesen o pescozo longo e outras o pescozo curto: as de pescozo alto, e polo medio no que vivían, puideron alimentarse e reproducirse máis fácilmente, de modo que nun longo período de tempo as de pescozo curto extinguíronse.

Segundo Lamarck, as xirafas teñen o pescozo longo como consecuencia de que foi crecendo xeración tras xeración para poder alcanzar as follas das árbores, ata as máis altas, o que se transmitiu de xeración en xeración.

Comenta ambas teorías. ¿Con cal estás máis dacordo? ¿Cal che parece máis científica? ¿As súas conclusións son aplicables aos seres humanos?


Para rematar esta primeira parte de entrega de activiades déixovos un enlace moi interesante que publica o diario El Mundo no que podedes ampliar e aprender moitas máis cousas sobre este científico e naturalista do século XIX. Espero que vos guste. Para acceder pinchade sobre a imaxe.



domingo, 19 de abril de 2009

OURENSE EN TEMPOS DOS RR.CC.: PARTE I

Aproveitando o estudo do tema dos RR.CC, unha das miñas intencións era utilizar o blog para coñecer a evolución histórica da nosa cidade dende a prehistoria ata hoxe, en cada curso estudiamos unha parte segmentada da Prehistoria ou da Historia, e xa que dende 2º se visita máis frecuentemente este espazo pois comezarei polo medio da historia da cidade, a Historia Moderna, pero por partes que o tempo é escaso.
No 1474 foi proclamada raíña de Castela Isabel de Trastámara, debido á súa política ou ao cambio de época e mentalidade (humanista) comezou unha fase de paz social que trouxo prosperidade e melloras da cidade. Ao longo do s.XV a poboación sufrira un retroceso demográfico pasando dos 3.000 habitantes de mediados de século aos 1.800 de finais.

A cidade imita a moitas cidades do Renacemento, o Concello edifica a súa primeira Casa Consistorial (xa non se conserva, o actual Concello é do 1888) en parte da Praza do Campo (actual Praza Maior), constrúe un matadoiro, lavadoiros nas Burgas, etc. Os primeiros Concellos reuníanse ao aire libre nun terreo fóra da cidade e por esa razón é coñecida como "Horta do Concello" á actual á Praza do Bispo Cesáreo e a Alameda. Na seguinte imaxe podes ver o antigo Hosptial de San Roque (hoxe está odificio de Correos).

foto: Alameda e praza Bispo Cesáreo cara ao 1898

Alí estaba tamén o Hospital de San Roque, hoxe só se conserva a antiga entrada ao hospital na praza da Trinidade, a estrada de Villacastín a Vigo (a nosa actual rúa Progreso) que cando a abriron no 1863 pasou por diante deste Hospital e partíu a Horta do Concello polo medio a un lado a Alameda e ao outro a antiga praza de Concepción Arenal, hoxe praza do Bispo Cesáreo. Esta portada é renacentista do s.XVI e a cada lado hai uns medallóns con alusións a persoaxes do mundo da mediciña como son Hipócrates e Galeno, un tímpano triangular ao modo dos clásicos gregos e romanos cunha imaxe de San Roque nunha hornacina e vixiándoo a cada lado dúas imaxes adaptadas ao espazo, en represntación do mal, un anxo no vértice e pola parte posterior (podedes vela entrando no patio da Trinidade) unha imaxe dunha Piedade (que xa sabedes en qué consiste este tema).


foto: antiga porta de acceso ao Hospital de San Roque na praza da Trinidade


A estatua de Concepción Arenal, obra de Aniceto Mariñas, estatua que cambiou o nome a aquel xardinciño, foi inaugurada en 1897. En 1969 o Concello trasladouna ata o seu actual emprazamento na praza de Concepción Arenal, na rotonda dos Salesianos fronte ao Pazo de Xustiza.

foto: estatua de Concepción Arenal nun antigo emprazamento

foto: estatua de Concepción Arenal no seu actual emprazamento


Máis información sobre esta estatua e as súas características neste enlace. Continuará....

jueves, 16 de abril de 2009

OS RR.CC: A CONSTRUCCIÓN DO ESTADO MODERNO

A finais da Idade Media a península estaba dividida en cinco reinos, Castela, Aragón, Navarra, Portugal e Granada. Os RR.CC levarían a unificación de todos eles coa excepción de Portugal.

No 1469 Fernado e Isabel contraen matrimonio, unha boda en secreto porque as realcións entre ambos reinos eran moi tensas, de feito cando o pai de Isabel (Enrique IV o Impotente) se enterou da noticia anulou o seu testamento xa que a tiña nomeada herdeira ao trono de Castela e a substitúe pola súa outra filla Xoana A Beltranexa, e xa temos o lío montado.

Fernando e Ysabel, os Reis Católicos


En Castela se inica unha guerra civil trala morte de Enrique IV entre Isabel (apoiada por Aragón) e a súa medio irmá Xoana (apoiada por Portugal), por si vos interesa o desenlace final da guerra produciuse na batalla de Toro no 1476, consolidando a Isabel como raiña (de feito xa a nomearan no 1474).

Fernando accede ao trono de Aragón trala morte do seu pai no 1479.

A unión dos RR.CC supuxo a unión das forzas, pero non foi unha unión forte senon feble xa que excepto a Coroa non tiveron máis institucións en común, cada reino conservaba as súas propias, e no caso de Aragón foi máis esaxerado, xa que cada un dos reinos que o compuña (Cataluña, Aragón, Valencia, Baleares e Nápoles) conservaba un grao de autonomía moi elevado.


POLÍTICA INTERIOR


Un dos primeiros pasos para acadar unha unidade territorial foi a necesidade de incorporar para Castela e Aragón os territorios de Navarra, Granada e Portugal.


1. Unión territorial de todos os estados peninsulares como paso previo para a unidade política.

  • O reino de Granada incorporouse a Castela tras unha gran guerra (1483-1492).

  • Recuperación do Rosellón e Sardeña (1493)

  • Conquista e ocupación de Canarias (1497-1500)

  • Conquista de Navarra incorporándose ao reino de Castela (1512)

  • Anexión de Portugal que non se levaría a cabo polo fracaso da política matrimonial dos RR.CC pero que nun futuro será decisivo para que Filipe II obteña o trono de Portugal.

2. Sometemento dos grupos privilexiados (nobreza e clero) impoñendo a súa vontade (monarquía autoritaria).

3. Goberno centralizado como consecuencia do autoritarismo monárquico, reformándose as institucións de goberno con fin de garantir o control real. Consello Real que asesora ao monarca con persoas de confianza escollidas polos reis, limitando o poder da nobreza de asesoramento. Créanse a figuras do Vicerrei e o Correxidor para fortalecer o poder real nos distintos territorios.

4. Burocracia. A necesidade de autoritarismo e centralismo monárquico fai necesaria unha Administración grande e ben organizada, e os postos de confianza serán para persoas capacitadas e formadas (da burguesía principalmente). Créanse as Audiencias ou Chancelerías, institucións xudiciais con competencias e todo o estado onde os reis son os xuíces supremos (arrincan así un dos poderes dos señores feudais).

5. Créase un exército permanente.

6. Mantemento da orde a través da creación da Santa Irmandade, unha especie de "policía rural" de caracter laico (a Inquisición sería unha "policía" de caracter relixioso), curiosamente a desaparición da Santa Irmandade terá como consecuencia a creaciónda Garda Civil.

7. Diplomacia, como vía de solución dos problemas políticos e as alianzas matrimoniais estratéxicas.

8. Créase a Real Contaduría de Facenda para centralziar a recadación de impostos

9. Unidade relixiosa. Créase no 1478 a Inquisición co obxectivo de perseguir aos falsos conversos ao cristianismo xa que moitos o facían por interés. No 1492 asínase o decreto de expulsión dos xudeos (safardíes).



Escudo da Inqusición na fachada dunha casa preto de Alcázar de San Xoan


Actividades:


  1. Observa o escudo da Inquisición. Saberías dicir cales son os seus símbolos.

  2. Observa a seguinte imaxe e dí a que persoaxes podes identificar. Se precisas axuda pincha aquí.


A Virxe dos Reis Católicos. Anónimo 1490


3. Completa as seguintes frases:


  • Os Reis Católicos propuxéronse impor nos seus__________ a autoridade __________ por encima de calquera outro poder, con resultados distintos en Castela e Aragón.

  • Cando Isabel subiu ao trono de ________ no reino existía unha situación de _________ e de ___________.

  • Para evitar a desorde creouse a _______________________; para administrar a Xustiza a ____________________: para recadar impostos a __________________ e para asesorar aos reis, os ___________________.

miércoles, 15 de abril de 2009

A IDADE MODERNA

A finais do s. XV comezou un novo período da Historia que coñecemos como Idade Moderna, propuxemos dúas datas que marcan ese feito, por un lado o 1453 cando cae o Imperio Romano de Oriente (Bizancio) ou o 1492 ano do descubrimento do Novo Mundo.

Imperio Bizantino

Nestos momentos aparece un novo sistema económico denominado capitalismo (nesta época, os medios de producción, por exemplo as ferramentas, as terras, talleres-obradoiros, etc., pertencen a un propietario particular, privado, que acumulaba os beneficios obtidos, o capital), hoxe por desgracia estamos nunha crise económica global do sistema capitalista.

En Europa se estaban a producir unha serie de cambios demográficos e sociais, a pesar de que a sociedade seguía a ser estamental, inicia unha serie de transformacións que van a ser decisivas:

CAMBIOS SOCIAIS


  • A burguesía que se enriquecía cos negocios, acordádevos da referencia que faciamos ao espírito capitalista, e aos poucos vai ascendendo na pirámide social, sendo pezas clave na financiación de moitas monarquías europeas, lembrade o texto de Jakob Fugger do libro de texto. Outras familias pudintes son os Coeur ou os que xa coñecedes coma se fosen da familia, os Médici.

  • A nobreza pouco a pouco vai perdendo poder en beneficio dos reis que os levaban a súa Corte para "controlalos" mellor, dícese que a nobreza volveuse cortesana.

Escudo dos Médici no pazo episcopal da Piazza San Giovanni, Florencia

  • A clase máis desfavorecida, o campesiñado comeza a se liberar aínada que o seu grao de sometemento é moi grande.

  • Prodúcese un crecemento demográfico, as causas xa as comentamos na aula e as coñecedes ben.

CAMBIOS ECONÓMICOS


  • Os traballos artesáns seguen sendo gremiais pero comezan a aparecer novas formas de producción, a industria domiciliaria (domestic system), un empresario-capitalista entrega os medios de producción a un traballador, éste fai o producto a cambio dun salario mínimo e o empresario o comercializa obtendo grandes beneficios, esta historia xa a temos escoitado nalgures non si?

  • O aumento da demanda grazas ao crecemento demográfico fai que o comercio marítimo se desenvolva e como consecuencia do incremento comercial:

  • Aumenta a circulación da moeda grazas ao ouro e prata provintes de América, nace a banca (un grupo de persoas acumulaba diñeiro e o prestaba con al tos xuros) e o uso das letras de cambio (un documento que permite cobrar unha cantidade sen levar diñeiro en efectivo, metálico), para que o entendas mellor imaxina que eres un mercader veneciano e que debes viaxar entre dúas cidades, podes levar o teu diñeiro contigo pero é perigoso no século XVI, (bandidos, piratas, etc.), polo tanto, qué farías?, moi ben, acudir ao banqueiro da cidade entregarlle o diñeiro e a cambio dache unha carta recoñecendo esa "débeda" co cliente que eres tí, e ordea ao banqueiro doutra cidade co que mantén relación que che entregue a tí (o portador) unha determinada suma. Esto pódese entender tamén como a orixe do papel moeda que orixinariamente tivo emisores privados e non públicos coma hoxe.

Letra de cambio

ACTIVIDADES

Pincha nos seguintes enlaces e atoparás algunhas actividades interesantes.

actividade 1

actividade 2

As viaxes da familia Zwing (xogo)

Bruxas, 1349. Europa entera sucumbe ante a epidemia de peste negra que dezma á poboación. No fogar dun rico comerciante da cidade, unha xove, Úrsula, traballa no seu cuarto na composición dun libro de horas mientres os seus pais, Pieter e Jutta, están axetreados nos preparativos da viaxe cara a Venecia, onde Pieter ten negocios importantes que atender. Hubert, o fillo adolescente, noutra estancia da casa, atende as leccións de Ibn Mussa, o mestre árabe…., tendes un xogo online ambientado na Idade Media. Trátase de seguir a vida e las viaxes da familia Zwing, unha familia de mercaderes que vive en Bruxes e que viaxa por toda Europa para vender manufacturas de lá. Ao longo do mesmo terás que demostrar os teus coñecementos de Historia, Xeografía, Literatura e Arte europeos para axudarlles a tomar decisións. Ánimo e boa sorte!

domingo, 12 de abril de 2009

PASCUA DE RESURRECCIÓN

A Pascua inicialmente foi unha festa xudea (Pésaj=paso) que conmemora a fuxida do pobo xudeo de Exipto cara ao s.XIII a.C. Tamén está relacioado co paso do Mar Vermello.

Resurrección de Piero della Francesca


Unha das peculiaridades é que esta Festa, a máis importante que celebramos os cristiáns, é unha data móvil, xeralmente cae entre o 22 de marzo e o 25 de abril. Esto débese a que segundo a tradición xudea, a resurrección aconteceu o domingo seguinte á lúa chea do equinoccio de primaveira.

A Resurrección é o fundamento da fe cristiá.
Xesús díxolle a Tomás: "Ti cres porque viches. Felices os que cren sen ter visto" (Jn 20, 29)


A Pascua cristiá desligouse da celebración xudea a raíz no primeiro Concilio e Nicea (ano 325), onde se estableceron unhas normas para o cálculo da data da Pascua. Esta data, ademáis, determina polo tanto outras celebracións importantes da Igrexa coma a Ascensión ou o Pentecostés.



Ascensión, Giotto


Pentecostés, O Greco


Unha das tradicións é o regalo dos ovos de pascua por parte dos padriños aos afillados, ésta é unha tradición curiosa.



Dende os comezos da humanidade, o ovo foi sinónimo de fertilidade, esperanza e renacemento. A súa importancia aumentou na mitoloxía exipcia cando a Ave Fénix se queimou no seu niño e volceu renacer a partir do ovo que o creara nun principio. Os hindúes sosteñen que o mundo se crea a partir dun ovo.

Antigamente os ovos de Pascua eran de galiña e de pato, e na Idade Media se lles regalaba aos cativos nas celebracións. Nese mesmo tempo os cristiáns comezaron a regalarse ovos de Pascua na Semana Santa, e no s. XIX uns reposteiros en Alemaña, Italia e Francia, e posteriormente en España os fixeron de chocolate cun pequenos regalos no interior (ao estilo dos ovos Kinder actuais).

sábado, 11 de abril de 2009

4º DE ESO_ACTIVIDADES

Para repasar o tema que temos pendente en 4º, propoño unhas actividades para que vos entreteñades un pouco e sexa de paso un apoio.

1.- Ordea os seguintes feitos relacionados coa Revolución Rusa:

A - Formación dos soviets.
B - Sinatura do Tratado de Brest-Litovsk.
C - Primeiro goberno comunista.
D - Decretos sobre a repartición de terras.
E - Asalto ao Palacio de Inverno.
F - Formación dun goberno provisional.
G - Abdicación do tsar Nicolás II.
H - Primeira revolta de obreiros e soldados


2.- Le os eguinte texto e responde ás cuestións sobre a época de Stalin:


"A tarefa esencial do plan quinquenal consistía en transformar a URSS nun país industrial, para eliminar ata o final os elementos capitalistas, estender a fronte das formas socialistas da economía e crear unha base económica para a supresión das clases na URSS, para a construción dunha sociedade socialista. (...)

A tarefa esencial do plan quinquenal consistía en facer pasar a pequena economía rural parcelada á vía da gran economía colectivizada, asegurar deste xeito tamén a base económica do socialismo no campo e liquidar así a posibilidade de restauración do capitalismo na URSS."

Informe de Stalin sobre o Plan Quinquenal. 1933

a. Que eran os plans quinquenais? Cales eran os seus obxectivos?
b. En que se diferencia a economía capitalista da colectivista?
c. Que transformacións se produciron na economía soviética tralas reformas de Stalin?

3.- Observa a imaxe da caida da Bolsa de Wall Street.


Enumera as causas e as consecuencias deste fenómeno.

4.- Pincha no seguinte enlace e responde ás cuestións:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Sufraxio_feminino

a.- Cales eran os obxectivos dos movementos polo sufraxio feminino?

b.- En que países xurdiu este movemento por primeira vez?

c.- Que feito curioso ocorreu no 1776 en New Jersey (EUA)

d.- Que países foron os primeiros en conceder o sufraxio feminino? E os últimos? En que anos.

e.- Indica algúns estados onde as mulleres non teñen dereito ao voto.

f.- Finalmente, en que ano acceden as mulleres españolas ao sufraxio?


5.- Responde as seguintes preguntas sobre a ditadura nazi:


a.- Cales eran os principios da ideoloxía nacionalsocialista?

b.- Que medidas implantou a ditadura nazi para perseguir á oposición?

c.- Completa unha táboa cos seguintes obxectivos do III Reich:

  • Política económica.
  • Política militarista

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER