martes, 31 de marzo de 2009

2º ESO: QUIZ SOBRE O RENACEMENTO

Fágovos unha proposta para repasar a parte de arte renacentista con un quiz (test) para ver en qué nivel estades. Evitade os nervos que non son bos compañeiros e confiar sempre nas propias posibilidades. Nesta avaliación, como sentenciou Xulio César, "alea jacta est", pero non vos descoidedes que o tren xa está de novo en marcha.

Podedes deixar a puntuación e o nome nos comentarios, a ser posible do primeiro intento. Boa sorte.



A ALEMAÑA NAZI

Chegamos a o derradeiro punto dun tema longo e complexo, moitos datos comprimidos nunha soa unidade. A ampliación dos temas serve para todos aqueles que teñan desexo de completar e aumentar o coñecemento de acontecementos claves na historia do s.XX., pero non para meter presión e gran cantidade de materia, polo tanto cada un escolle ata onde quere chegar.


Nesta ocasión falaremos da Alemaña nazi (1933-1945), cando os nacionalsocialistas alemáns instauran un modelo de Estado coñecido como III Reich e onde o seu líder indiscutible é Adolf Hitler.



Adol f Hitler

Hitler entra a formar parte do Partido Obreiro Alemán (DAP) e en 1920 intervén na redacción dun programa de 25 puntos onde anticipará os obxectivos da súa política (loita contra o Tratado de Versalles, cosntrucción dunha Grande Alemaña, búsqueda do espazo vital, racismo, antisemitismo e rearme). Nese mesmo ano o DAP únese con outras pequenas formacións e pasa a denominarse Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (National Sozialische Deucher Arbeiter Partei) ou NSDAP. Créase a bandeira de cruz gamada (esvástica) e forma as Sturmabteilung ou Seccións de Asalto (SA), especializada na loita violenta nas rúas.

Cruz gamada, esvástica


Aproveitando a debilidade do goberno alemán (República de Weimar) e animado polo éxito da marcha fascista sobre Roma, co apoio do exército intenta un golpe de estado que falla e é encarceado. Nos anos no cárcere escribe o Mein Kampf (Miña Loita), onde fai unha exposición ampla do seu pensamento, baseado en:

  • exaltación da raza aria.
  • busca do espazo vital.
  • dominio das razas inferiores.
  • antisemitismo.
  • desprezo á democracia.
  • subordinación do individuo ao Estado.

Mein Kampf

Serán as ideas do racismo e as do espazo vital as que diferenciarán ao nazismo do fascismo.
  1. Racismo, a diferencia de razas derívase da aceptación da desigualdade humana, no caso alemán será a superioridade da raza aria e odio aos xudeos.

  2. Espazo vital, por revanchismo contra o Tratado de Versalles, defende a necesidade de reocupar os territorios onde exista poboación xermana. Despois unha vez acadado este novo Estado baixo a dirección dos nazis, aspiran a crear un espazo de influencia reservado á raza alemana.

ASCENSO DOS NAZIS AO PODER

Entre 1924 e 1929 é un periodo dificil, contan con escasos apoios electorais e dentro do partido hai grandes enfrontamentos. Hitler para reafirmar a súa autoridade limita o protagonismo dos xefes das SA e crea as Schutzstaffel ou Sección de Protección (SS) encargada da súa seguridade persoal.

Himler dirixirá as SS


1929 crise económica que como sabedes foide ámbito mundial, afectando de sobremaneira a Alemaña, e que foi acompañada de crise política xa que o goberno alemán está en mans de coalicións débiles. Os nazis conseguen apoios necesarios na poboación e en xaneiro de 1933 Hitler é nomeado Chanceler e no 1934 os nazis establecen a dictadura.

A DITADURA NAZI

  • Hitler fai "apaños" para que se convoquen novas eleccións coas que obter maioría absoluta no Parlamento. Neste contexto aproveitan o incidente do incendio do Reichstag (provocado por eles mesmos) par acusar aos comunistas e disolver o seu partido.

  • Queima do Reichstag alemán


  • Aproveitando os poderes de Hitler, decreta a disolución de todos os sindicatos e partidos políticos.

  • A noite dos coitelos longos (30 de xuño do 1934) depura ao partido a todos os que non amosaran lealdade cega ao Führer, o guía do pobo alemán. Iníciase o III Reich (Imperio).

  • A poboación alemana é sometida a un ríxido control policíaco pola XESTAPO (policía secreta).

  • Púrganse as bibliotecas, censura os medios de comunicación que son postos á disposición dopartido nazi para difundir a súa ideoloxía.

  • Os xudeos comezan a ser presionados pola lexislación e no 1938 comezan as persecucións nos pogroms (barrios xudeos) e destrúense sinagogas (noite dos cristais rotos 9 e 10 de setembro do 1938).

  • Sinagoga queimada na noite dos cristais rotos


  • Millóns de xudeos foron levados aos campos de concentración para seren eliminados (solución final), xa que unha vez eliminada a tara que supuñan os xudeos poderíase iniciar a expansión aria.

lunes, 30 de marzo de 2009

A ITALIA FASCISTA

O fascismo xorde en Italia e desenvólvese entre o 1922 e o 1943 conducido por Benito Mussolini.

Mussolini crea os fascii italiani di combattimento (os camisas negras).

Camisas negras camiñando con Mussolini

Os fascios atacaban aos políticos de esquerdas e boiciteaban folgas e manifestacións sindicais e obreiras, en ocasións baixo a pasividade das forzas da orde pública e co agrado dos empresarios e grandes terratenentes.

O seu ascenso ao poder podémolo resumir:
  1. Os tratados de paz asinados trala IGM causaron no pobo italiano un sentimento de humillación a pesar de formar parte dos países vencedores xa que se lles outorgou unha mínima parte das reivindicacións territoriais prometidas polos Aliados.

  2. As dificultades económicas da posguerra e as consecuencias atemorizaron á burguesía que financiaron aso fascios para impoñer a orde e deter as folgas.

  3. Debilidade do poder político en Italia que conlevou unha intervención dos camisas negras realizando unha Marcha sobre Roma coa intención de establecer un goberno dirixido por Mussolini.

Marcha sobre Roma


En novembro do 1922 o Parlamento concédelle plenos poderes, grazas ao apoio do exército, os partidos conservadores e parte da burguesía agás do rei Victor Manuel III que rexeitou asinar a declaración de estado de sitio coa que se pretendía acabar coa insurrección fascista, sendo o mesmo rei quen chame a Mussolini para formar goberno.


4. En 1925 Mussolini estableceu unha ditadura persoal e o réxime totalitario.


ORGANIZACIÓN DO ESTADO FASCISTA

  • O réxime estaba presidido por Mussolini, xefe do goberno, xefe do partido fascista e Duce dos italianos (guía, mesías).

Benito Mussolini


  • A súa actuación non estaba suxeita á ningún tipo de responsabilidades.
  • Declara ilegais todos os partidos políticos agás o Fascista, establece censura de todos os medios de comunicación, controla o exército, a administración e o ensino.


  • Controla o proceso electoral encargándose de elaborar listas únicas con candidatos establecidos para a Cámara de Deputados que tiña a función de aprobar os Decretos Lei remitidos polo Duce, que no 1938 reducirase a un organo simplemente consultivo.

  • No económico presenta a súa maior singularidade, o corporativismo, que coordina a libre iniciativa da empresa privada coa intervención estatal. Autoriza só os sindicatos fascistas, declara ilegais as folgas e manifestacións así como os peches patronais.
  • Pon en marcha unha serie de plans económicos cos que pretendía estimular a producción e reducir a dependencia do exterior coñecidos na propaganda fascista italiana como batallas: a do trigo (co obxectivo de acadar o autoabastecemento), a da lira (acadar unha moeda forte e con peso internacioal) e a dos nacementos (coa finalidade de aumentar a poboación).

  • Desenvolve un ambicioso plan de obras públicas coas que se pretendía reducir o paro.



Un exemplo de mesianismo, dirixismo, control total do individuo e propaganda (coidado dos xestos, prepotencia, etc.) amósase neste video´, momento histórico no que Mussolini anuncia a declaración da IIGM á poboación. Non ten desperdicio, a pesar de estar en italiano enténdese bastante ben.





A pesar de ter o apoio da igrexa, nesta ocasión o Papa Pío XI condea a lei antisemita (contra os xudeos) de Mussolini.




Para rematar, Mussolini conseguiu rematar cun dos problemas que tiña Italia pendente dende a súa unificación: a cuestión romana en relación ao recoñecemento mútuo entre o Estrado italiano e o Papa. No 1929 asináronse os Pactos de Letrán polos que Italia recoñecía a soberanía do Papa sobre o Vaticano.

domingo, 29 de marzo de 2009

OS SISTEMAS FASCISTAS

Estamos a piques de rematar o tema correspondente ao período de entreguerras e xa deixamos atrás a revolución rusa e os anos 20 xunto á crise económica que tivo o punto álxido no crack do 29. Desta volta imos a comentar algo sobre os fundamentos ideolóxicos dos sistemas fascistas, pero antes trataremos algúns termos que a pesar de ter moitos elementos comúns convén facer matices, éstes son: dictadura, fascismo e totalitarismo.

Denomínase ditadura a tódolos rexímenes políticos nos que o poder se concentra nunha soa persoa (dictador) ou institución, non se garanten os dereitos individuais e tampouco a pluralidade política. O termo vén do latín (dictatura) e o nome dun dictador romano, Cincinato, é a orixe do topónimo da cidade norteamericana Cincinatti. Podemos decir que é unha dictadura todo sistema non democrático.

Charles Chaplin nunha escea da película O gran dictador

O totalitarismo sería unha ideoloxía ou réxime político que se caracteriza polo control absoluto do individuo por parte do Estado, coa existencia dun partido único (partido de masas) pefectamente organizado, control e represión aos inimigos do réxime, control total da economía por parte do Estado e forte apoio do exército, empregan a propaganda sistematicamente. A URSS de Stalin ou a Alemaña de Hitler son exemplos de sistemas totalitarios.

Fotomontaxe de Stalin e Hitler


O termo fascismo pode admitir diferentes acepcións, o termo que provén do latín fasces, e nun sentido estricto foi o réxime político existente en Italia entre 1922 e 1943, baseado na existencia dunha dictadura unipersoal, na presencia dun partido único de masas, exaltación nacional e na organización dun Estado de carácter corporativista, e nun senso máis amplo, denomínanse fascismo a todos os rexímenes políticos ou doutrinas de dereitas que teñen por obxecto substituir un réxime democrático por outro autoritario e nacionalista.

Benito Mussolini nunha concentración fascista en Xénova

A pesar das diferencias, podemos establecer unha serie de elementos comúns para o Fascismo e o Nazismo.

  1. O Estado por riba de todo: o estado identificado como patria e nación, todo debe estar sometido ao estado.
  2. Antidemocracia, nega as institucións democráticas coma o parlamento, a pluralidade de partidos políticos (só un partido fascista ou nazi) o sufraxio, etc.
  3. Supremacía das élites, recoñece as desigualdades dos individuos e xerarquiza a sociedade en grupos superiores e inferiores que debe ser gobernada por una minoría, unha élite, os mellor preparados.
  4. Mesianismo, un lider indiscutble, xefe supremo Duce, caudillo ou Führer, que sempre ten razón e é venerado exercendo o culto á súa persoa.
  5. Control ideolóxico e cultural, manipulando, facendo uso da propaganda, deseñan a educación dos xoves, etc.
  6. Xustificación da violencia institucioal sobre todo contra os opositores.
  7. Autarquía e dirixismo económico, proteccionismo.
  8. Expansionismo, os fascismos desenvolven unha política expansionista, a teoría do espacio vital.

ARTE RENACENTISTA. RESPOSTAS

As respostas á entrada do venres pasado son as seguintes:



A primeira imaxe feita en bronce é un detalle do David de Donatello, esta obra escultórica é representativa do quattocento italiano. Donatello foi o primeiro artista en esculpir un desnudo en época renacentista e tamén foi o primeiro facer un retrato ecuestre dende a época imperial romana (Gattamelata). Podes ampliar información pinchando eiquí.

O segundo exemplo pertence a un dos paneis das portas do Baptisterio de Florencia, as chamadas portas do Paráiso, concretamente á Historia de Abraham de Ghiberti, unha escultura en bronce dourado na que o artista emplea a técnica do schiacciato. O tema é a historia bíblica de Abraham e o estilo renacentista do quattrocento. Para ampliar información sobre esta obra e o conxunto pincha eiquí ou nesta outra.

Lorenzo Ghiberti, autorretrato en bronce




viernes, 27 de marzo de 2009

PRESENTACIÓN DA PINTURA RENACENTISTA

jueves, 26 de marzo de 2009

ACTIVIDADES 2º ESO: ARTE RENACENTISTA

1) Comenta a seguinte imaxe.



2) E por último esta outra:



  1. Cal cres que é o tema que se trata na imaxe.
  2. Arquitectura, escultura ou pintura?
  3. Eres capaz de descubrir a técnica, e o material que emprega?
  4. O nome do artista é o mesmo co anterior (imaxe superior). Quen é?
  5. Saberías recoñecer a outros artistas da mesma época. De que época?

ACTIVIDADES 1º ESO: CLIMAS

A partir do seguinte exemplo, responde ás cuestións:

  1. Explica a que medio natural pertence o climograma da imaxe xustificando a túa resposta.
  2. Cómo se denomina á paisaxe típca de este medio.

Podes deixar as respostas nos comentarios. Nuns días porei a resposta correcta nesta mesma entrada, aínda que esta actividade é sinxela ¿non?.

miércoles, 25 de marzo de 2009

ARTE RENACENTISTA

Rematamos a parte de escultura renacentista, sen complicarnos demasiado, saber tres ou catro pinceladas e recoñecer algúns artistas e as súas obras inseridas nun espacio e nun tempo (p.e.: recoñecer a Ghiberti como escultor do renacemento no século XV e autor, entre outras, dos relevos das Portas do Paraiso do Baptisterio de Florencia), se engades algo "extra" como descubrir, diferenciar e explicar a técnica do schiacciato...fantástico.


A historia de José (Ghiberti)


Se ademáis recoñeces aos mecenas como protectores dos artistas, o lugar central que pasa a ocupar o home (e a muller) debido á influencia humanista (antropocentrismo, ¿lembras esta palabrota?) por iso os artistas queren triunfar sobre a morte e pasar á posteridade a través da fama firmando as obras, a inspiración clásica - grega e romana -, a recuperación das esculturas exentas (non como subsidiarias da arquitectura ou sometidas a ela), os nús e a beleza (física non psicolóxica como era intención dos gregos), e algúns que outros detalles máis comentados na clase, pois é de sobresaínte.
Para repasar tendes a presentación e algún video para ampliación ou reforzo de conceptos, espero que vos sirva. Noutra entrada presentarei algunha actividade para que poidades ir "entrenando".




Algúns videos sobre o renacemento.



SOBRE A PERSPECTIVA


martes, 24 de marzo de 2009

O INTERVENCIONISMO ESTATAL

Rematamos esta parte coas medidas adoptadas ante a gravidade da crise, sen moitas explicacións, temos tres alternativas: o keynesianismo, o New Deal e a autarquía dos estados fascistas.
  1. KEYNESIANISMO, proposta por John M. Keynes que criticou as medidas impostas a Alemaña (él era inglés) e tamén o "laissez-faire" do liberalismo económico, por iso defende o intervencionismo estatal, e tamén propón lanzar ao mercado diñeiro abundante e renunciar ao patrón ouro se fose preciso agás de aumentar o investimento público en grandes obras públicas co fin de ofertar postos de traballo e como consecuencia aumentar o poder adquisitivo dos obreiros.
  2. John M. Keynes

  3. NEW DEAL, ou Novo Reparto, foron as medidas económias desenvolvidas polo presidente demócrata Franklin Delano Roosevelt actuando de forma contundente sobre o que consideraba as causas da depresión: o paro e a falta de demanda interna no consumo. Tenta elevar os prezos dos produtos agrícolas facendo diminuir a producción de stocks (prima aos capesiños con subvencións para reducir as súas colleitas. Permite acordos empresariais para o control de prezos e respecto ao paro pon en marcha numerosas obras públicas permitindo a creación de postos de traballo.

  4. Franklin Delano Roosevelt en 1933

  5. AUTARQUÍA DOS ESTADOS FASCISTAS (Italia, Alemaña) desenvolverán unha política económica baseada nun forte dirixismo estatal coa intención de reducir o paro e relanzar a economía. A pesar de non eliminar a propiedade privada e a iniciativa privada (a esto se acollen os burgueses e clases medias) todas as empresas estarán supervisadas polo Estado, contrólanse os prezos, salarios, intercambios monetarios e comerciais co obxectivo de eliminar a competencia no mercado nacional. Para acadar o pleno emprego favorécese a obra pública e o incremento dos efectivos militares e a indsutria de armas.

Benito Mussolini e Adolf Hitler

A GRANDE DEPRESIÓN: ACTIVIDADE

Fago unha proposta de traballo voluntario para traballar as competencias básicas tales como competencia social e cidadá (reflexionar de forma crítica sobre algúns problemas sociais), tratamento da información e competencia dixital (obter información e procesala a través de distintas fontes), competencia para aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

Analiza a seguinte imaxe e relacionándoa co estudado na aula. Podes deixar o nome e o resultado do traballo ao pé da entrada nos comentarios.



Para rematar dúas imaxes máis, unha é das "Hoovervilles" guetos marxinais que recibiron ese nome ironicamente polo presidente republicano Hoover, onde se hacinaban centos de miles de cidadáns parados e na auténtica miseria senningún tipo de condicións hixiénico-sanitarias.




A outra imaxe corresponde ao que poderíamos chamar an novas Hoovervilles, os ranchitos de Caracas, onde viven millóns de persoas na pobreza (outra cousa distinta é analisar as causas do por qué destos guetos, cecáis noutra ocasión).

Ranchitos en Caracas (pincha sobre a imaxe para ampliar)

Como películas relacioadas co tema temos As uvas da ira de John Ford (1940) basada nunha novela do mesmo nome de John Steinbeck, hai unha frase que recolle unha realidade social en EE.UU, as ofertas abusivas que facían os empresarios aos obreiros àra non perder o emprego, a fame facía que os obreiros aceptasen estas condicións con salarios que apenas chegaba para alimentar á familia mentres que os beneficios dos empresarios e terratenentes aumentaban (situación parecida á feudal).

"Un home que ten un tiro de cabalos, que os emprega para arar e cultivar e segar, a él nunca se lle ocurriría deixalos que se morisen de fame cando non están traballando.

Esos son cabalos… nós somos homes [e nos deixan morir de fame]"

Deixo a película por se alguén ten interés en pasar un par de horas vendo un clásico na historia do cinema cun valor engadido, está relacioada co tema estudado e é unha boa ocasión para visionar un filme que noutras circunstancias seguro que moitos non fariades.


LAS UVAS DE LA IRA, JOHN FORD - 1940 -


Se non funciona ou queres velo a maior tamaño pincha eiquí.

A GRANDE DEPRESIÓN

Estamos a piques de reamatar esta parte do tema, correspondente aos anos de entreguerras. Nesta ocasión falaremos do periodo coñecido como a Grande Depresión.

A crise da que falamos de EE.UU afectou a todo o mundo, con especial atención aos paises europeos e Latinoamérica dependentes dos seus préstamos e das súas inversións. Esto trouxo consigo a retirada de capitais americanos e á ruína de moitas entidades financieiras. No caso de Rusia os efectos da crise notáronse en menor medida xa que alí existía un réxime de economía planificada. As caracteríticas comúns que presentou este momento foron:
  • Retroceso dos intercambios internacionais: a necesidade dos paises de asegurarse os mercados para os seus produtos levounos a fixar elvadas taxas aduaneiras (proteccionismo).

          Colas para obter comida gratis só desempregados

        • Descenso da producción industrial debido á diminución dos intercambios comerciais que trouxo como consecuencia o aumento desmesurado do paro.

        • Incidencia social: aumenta o desemprego e a miseria con especial atención nas clases medias. Serán estas clases sociais as que se acollerán aos fascismos posteriormente.

        Comedor social con numerosos parados (observade sólo homes)

        Muller e os seus fillos nos "Hoover-villes"

        Neste contexto foron frecuentes as movilizacións obreiras, folgas e manifestacións, que foron reprimidas polas autoridades de forma contundente ante o temor do espallamento dunha revolución social.

        lunes, 23 de marzo de 2009

        A CRISE DE 1929

        Seguimos coa terceira parte deste "culebrón", e entramos en materia con algo que seguro te ha sonar con forza, xa que existen numerosas similitudes coa actualidade que de seguido verás.

        Unha das primeiras causas que os historiadores achacan ao crack do 29 foi entre outras a superproducción (poñer no mercado gran cantidade de productos moi por riba dos niveis socias de absorción dos mesmos).

        Esta sobreproducción produciuse grazas á mecanización do campo, abonos químicos, boas colleitas, cultivo de novos territorios, todo isto fixo que se acumulase producción en stock, e xa sabes o que pasa cando aparecen no mercado máis cantidade de produtos que a demanda nun libremecado como o que propugnaba Adam Smith, pois que os prezos caen porque os mercados están saturados.

        Por outra parte os salarios dos obreiros a pesar de recibiur subas, non lles chegaba para acceder aos produtos "suntuarios" (de non primeira necesidade) coma os electrodomésticos, automóbil, etc., e recurrían a créditos persoais porque tiñan un salario que respaldaba o pago.

        EE.UU prestaba cuartos aos paises europeos para a súa reconstrucción e éstes empregaban eses cuartos en inversións ás veces de risco para especular co diñeiro e obter beneficios a curto prazo.

        Esta especulación chegou tamén á Bolsa de Nova Iorque onde a abundancia de capitais e a facilidade para obter créditos favoreceu a inversión de moitos norteamericanos dos seus aforros en accións, ás veces a través de créditos. Se puñan á venda se obtiñan beneficios, así unha e outra vez, semellaba que todo ía vento en popa.

        As elevadas taxas dos intereses (9-13%) dosprétamos a curto prazo fixo que os capitais dos bancos se desprazasen cara á Bolsa, coa conseguinte dificultade de obter novos créditos cos que as empresas financiaban as súas actividades (aumentaban os beneficios e o valor das súas accións). A Bolsa comezou a fallar e os inversores perderon enormes cantidades de diñeiro en dúas xornadas nefastas para a historia económica mundial, o xoves negro (24 de outubro do 1929) e o martes negro o famoso crack do 29 (29 de outubro do 1929).

        A Bolsa de Wall Street tralo crack do 29



        O afundimento da Bolsa provocou unha serie de consecuencias:

        • o sector bancario viuse afectado: perdeu parte dos seus investimentos realizados a moitos inversores que non eran capaces de pagar os créditos e por outra parte tivo que facer fronte ás retiradas de fondos de moitos clientes que tiñan medo a perder os seus aforros depositados nos bancos, ao que moitos bancos non pideron facer fronte xa que tiñan os seus fondos invertidos en Bolsa. Moitos pequenos bancos foron á quebra e con eles milleiros de aforradores, e os que sobreviviron, faltos de liquidez, tiveron que restrinxir a concesión de créditos e eliminar os capitais invertidos en Europa.

        • o sector industrial foi o seguinte en verse afectado, ao non dispor de liquidez, moitos consumidores reduciron as súas compras e froito desta baixa demanda as industrias reduciron a súa producción co conseguinte despido de obreiros e aumento do paro.

        • No sector agrícola pasou algo do mesmo coa ruina para os xa empobrecidos agricultores obrigados a vivir nunha economía practicamente de subsistencia, dando orixe a unha crise económica global, e EE.UU entraría na chamda Gran Depresión, tema que tratarei noutra entrada.

        Esta foto de Dorothea Lange foi o icono da Gran Depresión

        OS FELICES ANOS 20_2ª PARTE

        A IGM non supuxo para os EE.UU un desastre económico e humán como para o resto dos países en guerra. Como xa dixen, convertiuse na principal potencia do mundo e este potencial aumetnará pola demanda de suministros aos Aliados e polo dominio do mercado mundial ao verse libre da competencia dos estados europeos e ao mesmo tempo o principal acreedor económico mundial.

        Trala IGM os sucesivos presidentes republicanos (Harding, Coolidge e Hoover) manterán ao país nunha situación de illamento, afastado dos compromisos internacionais (lembrar a Tratado de Versalles e a SDN fallida do presidente Wilson. Este illamento excluía a Latinoamérica, os norteamericanos cren que teñen a tarefa de gardán de América Latina e non deixan de intervir co envío de tropas e mediando nos asuntos dos países do Caribe sobre todo.

        Esta vontade de illamento viuse reforzada polo triunfo da revolución bolxevique, a extensión do socialismo, o anarquismo e o sindicalismo creando un sentimento de perigo na sociedade burguesa norteamericana. O resultado foron medidas ideolóxicas consrvadoras e puritanas tales como:
        • Represión do movemento obreiro e persecución de comunistas e anarquistas (de este periodo foi a famosa execución dos anarquistas Sacco e Vanzetti acusados dun crime que non cometeran).

          Sacco e Vanzetti

        • A Lei de Cotas de 1921, que regula a entrada de inmigrantes (sobre todo eslavos e latinos).

        • Refundación do Ku Klux Klan asociación que defendía os ideais puritanos e conservadores da ideoloxías WASP, blanco, anglo-saxón e protestante.

        Membros do Ku Klux Klan

        Foto policial de Al Capone

        No terreo económico, os anos vinte en EE.UU foron os Felices Vinte, prosperidade económica e consumismo en masa. Incremento da producción que leva a un consumo en masa. Isto foi posible aos progresos técnicos introducidos na fabricación dos productos por Ford - fordismo - e Taylor -taylorismo - (lembrar o tema 3, racionalización das tarefas, estandarización dos modelos, cadeas de montaxe, abaratamento dos custos, aumento da productividade por traballador...), vinculados sobre todo aos produtos relacionados coas novas industrias xurdidas trala II Revolución Industrial (industria química, de bens de consumo - neveras, radios, etc. - e sobre todo a automobilística. Lembra ademáis que nestos momentos para estimular o consumo se desenvolve a industria da publicidade, os grandes alamcéns, concesións de créditos a plazo e a industria do ocio (cine, espectáculos, deporte, etc.), así xa podemos entender estos momentos de felicidade e euforia.

        Imaxe dunha rúa comercial na cidade de Los Ángeles cara ao 1919

        Neste contexto se desenvolve o American Dream, o Sono Americano, aparecen novos ricos que xorden da nada e acaban acumulando grandes capitais nas súas mans agrandando o mito do Rockefeller, coméntase que na actualidade a súa fortuna superaría os 200 Billóns de dólares -200.000.000.000.000$, algo así como 14.682.380.998.623.401de € -, por poñer un exemplo de ricos en tempos de crise, estímase que o español máis rico é o banqueiro Emilio Botín e estímase a súa fortuna en 400.000 millóns de €, 14 billóns 200.000 € menos que Rockefeller (cecáis o home máis rico da Historia??).

        O rico dos ricos, John Davison Rockefeller

        OS FELICES ANOS 20_1ª PARTE

        Unha vez rematada a IGM os países contendentes intentaron volver á normalidade canto antes. A Guerra orixinou grandes perdas humanas e económicas, sobre todo a perda da importancia de Europa no panorama mundial en beneficio dos EE.UU.

        Os estados belixerantes sufriron enormes gastos intentaron sufragalos emitindo máis moeda, coa conseguinte inflacción e solicitando préstamos a EE.UU, ao remate da Guerra foi o principal acreedor do mundo.

        Por outra parte, a sinatura dos Tratados de Paz deron lugar a un novo mapa europeo (ver o tema 6) rompendo vínculos económicos tradicionais e aumentando as barreiras aduaneiras e hai que engadir o illamento de Rusia no seu intento de evitar que a Revolución se extendese ao resto do mundo. O problema alemán foi doble, a pesar das novas fronteiras que lle foran impostas non recoñecían ningún dos novos estados e tampouco aceptaban que a responsabilidade económica da Guerra recaíse exclusivamente sobre eles (máis de 130.000 millóns de marcos ouro a pagar en 42 anualidades a repartir entre diversos estados porcentualmente segundo o nivel de exportacións alemanas, 52% a Francia, 25% a Gran Bretaña, 10% Italia, etc.)

        Entre 1920-1921 produciuse unha forte crise económica, algúns pensaron que era unha crose típica de "reconversión", o paso dunha economía de guerra a unha economía de paz de libre competencia. Algunhas medidas se adoptaron nestos momentos para intentar solventar esta situación.

        1. Os problemas monetarios foron tratados na Conferencia de Xénova en 1922, se acorda estabilizar as moedas e garantir o seu valor mediante a súa convertibilidade en ouro (gold standard ou patrón ouro) ou determinar as moedas fortes directamente convertibles en ouro como o dolar ou a libra esterlina (golden echange standard) para os pagos internacionais, acordo máis tardío, cara o 1944.
        2. Pacto de Briand-Kellog en 1928 no que se renuncia expresamente á guerra como medio para solventar conflictos entre os estados, evidentemente xa sabes que a historia demostrou o contrario, pero no tema seguinte veremos a IIGM e nos xuízos de Nuremberg serviron de fundamentación para acusar a Alemaña de crimes contra a paz.

        Briand á dereita, Kellog á esquerda

        domingo, 22 de marzo de 2009

        ANINOVO PERSA

        Hoxe é día 1 de Farvardin do 1387 segundo o calendario persa, primeiro día do ano iraní, (21 de marzo do 2009 segundo a era cristiá e o calendario gregoriano, cando redactei esta entrada e no momento da publicación 2 de favardin).

        Coincidindo co inicio do equinoccio de primaveira, nos paises que se sitúan hoxe xeograficamente na zoa que ocupou o antigo imperio persa (Irán, Azerbaixán, Afganistán, Uzbekistán, Taxikistán, Turkmenistán Pakistán, partes da India e entre os kurdos), celebran o Noruz o aninovo persa.

        NORUZ significa “novo día” en iraní. A forma de felicitación habitual é “saleh noh mobarak”, o noso "Feliz Aninovo".


        Prepárase unhas horas antes da chegada do aninovo, unha mesa “haftsin” ou "haftseen" que significa mesa con sete eses, xa que se colocan sete obxectos cuxo nome empeza coa letra ese en persa, cada un dos cales simboliza algo: 1) SABZÉ (trigo ou lentellas xerminadas adornadas cunha cinta vermella símbolo do renacemento). 2) SIB (mazá), o amor e a beleza. 3) SIR (allo), a saúde. 4) SOMAG (zumaque) unha especie iraní que proven da árbore do paraíso, algo semellante ao chilí e simboliza a conquista da Luz. 5) SERKÉ (vinagre), a madurez e a paciencia ante as dificultades da vida. 6) SOMBOL (jacinto), símbolo da chegada da primaveira e 7) SEKKE (moedas de ouro), prosperidade e riqueza. Na mesma mesa colócase tamén un Corán, un espello e unha peixeira con peixes de cores, para atraer a sorte. En outros sitios atopei unha variante o Senyed: frutos secos (simbolizan o Amor), e como xa temos amor no sib (mazá) pois non vamos a tocar a mesa, supoño que será a gusto do consumidor, igual que os que toman uvas nas campanadas ou substitúen por outra cousa, que por certo nos dá para facer outra entrada o tema das tradicións do Nadal noutro momento, agora seguimos cos iraníes.


        No momento do cambio de ano, a familia, con roupa nova como manda a tradición, sitúase ao redor da mesa felicitándose a chegada do aninovo, eiquí compartimos tradicións.

        Durante os días seguintes, visítase aos demáis familiares e amigos cercanos. Ao 13º día tralo aninovo “sisdeh bedar”, todas as familias saen a pasar o día fora, para botar a mala sorte do número 13 (triscaidecafobia), curiosamente esta fobia ten relación co mundo cristiá.

        As sementes xerminadas deben botarse a un río facendo pequenos feixes anudados, pedindo desexos de aninovo, algo parecido ao que nós facemos coas uvas cada vez que comemos unha, nós 12 desexos, os iraníes un desexo...¿?¿?¿?..., vivimos nun país consumista ata en tema de desexos.


        Google adicoulle un logo especial no día de onte:

        viernes, 20 de marzo de 2009

        A PRIMAVEIRA NA ARTE

        Aproveitando o momento en 2º de ESO e xa que comezamos a arte renacentista, un dos cadros que mellor encaixan tal día coma hoxe é a Primaveira do artista florentino Sandro Botticelli, unha das obras máis coñecidas deste autor xunto ao Nacemento de Venus.


        A primaveira de Sandro Botticelli


        Representa unha alegoría da primaveira a través da interpretación mitolóxica e dentro do ambiente humanista da época.

        Ao remate do renacemento xorde unha corrente chamada marierismo, seguro que terás oido falar do Greco, un dos artistas representativos de este estilo, e ao remate do tema te sonarán con forza outros artistas do mesmo movemento artístico coma Parmigianino, Correggio, Tintoretto ou Veronés.

        Dentro de este estilo que perdurará dende finais do Renacemento ata principios do Barroco, atopou un espazo propio un artista peculiar que sempre me chamou a atención pola imaxinación e creatividade á hora de realizar as súas composicións, olvidado durante moitos anos e que redescubriu para o mundo da arte no século XX Salvador Dalí, falo do artista italiano Giuseppe Arcimboldo, que entre a súa serie de retratos deixounos esta curiosa primaveira.


        A primaveira de Arcimboldo

        Para rematar, non pode faltar neste día unha das obras asociadas á chegada da primaveira escrita por un dos músicos destacados do Barroco, Antonio Vivaldi. A primaveira é un dos catro concertos para violín e orquestra que vos deixo nun video para ambientar a entrada de hoxe.



        EQUINOCCIO DE PRIMAVEIRA

        Niste ano 2009 o equinoccio de primaveira terá lugar ás 12,44 hrs. do día de hoxe, 20 de marzo, será a hora peninsular española exacta do comezo da primaveira.

        O día do equinoccio é aquel no que a duración do día e a noite é a mesma, producíndose este feito solamente dous días ao ano, en torno ao 21 de marzo (equinoccio de primaveira ou equinocio vernal) e preto do 23 de setembro o chamado equinoccio de outono.

        A pesar de chamarse Punto Aries, actualmente non se atopa nesa constelación senon na de Piscis, esto é debido ao movement0 de "bamboleo" da Terra chamado precesión. O feito de que a data do equinoccio cambie foi descuberto polo astrónomo grego Hiparco de Nicea.

        De seguido, para axudar na comprensión deste fenómeno xunto dous videos, sobre a eclíptica e as estacións.

        A ELÍPTICA




        AS ESTACIÓNS

        domingo, 15 de marzo de 2009

        ARTE DO XIX

        Para rematar o tema e a modo de repaso ou de reforzo-ampliación para os que así o queirades, déixovos un enlace a unha web interesante sobre os impresionistas, esa corrente - principalmente pictórica - que a finais do XIX deu inicio ás vangardas do século XX, baixo o principio de que o artista debe pintar o que ve pero da maneira en que o ve, observando a luz, a cor ou a atmosfera de cada momento, empregando paletadas soltas e rápidas, manchas de cor que se fusionan na retina do espectador. Indaga máis sobre este peculiar e innovador estilo artística premendo sobre a imaxe.

        sábado, 14 de marzo de 2009

        CLIMA DESÉRTICO

        Os desertos sitúanse:
        • Nas zonas próximas aos trópicos.
        • Preto das correntes mariñas frías.
        • En zonas continentais afastadas da influencia do mar (lembra que a distancia ao mar é un dos factores que modifica aos elementos do clima).


        • Nos desertos as temperaturas son sempre moi altas e moi contrastadas entre o día - moi caluroso- e a noite - moi fría -. (Forte oscilación térmica).

        • As chuvias son escasas e a sequidade do aire é extrema. Unha das características dos desertos é a aridez, ainda que existen pequenos paraxes illados nos que se pode atopar auga e vexetación, son os oasis. Característico do deserto de Sonora en Estados Unidos de Norteamérica son uns cactus peculiares chamados saguaros.

        oasis

        clima desértico


        • Non hai cursos de auga permanente , ainda que existen algunhas plantas adaptadas á sequidade. os animais son moi escasos (reptís, insectos, mamíferos...). O que sí podemos atopar son os uadis (wadi), cauces de antigos ríos, secos.
        • Os desertos poden ser de area coas características dunas, ou pedregosos.
        • Os desertos están moi pouco poboado. Só habitan os grupos de pastores nómades, coma os tuaregs, e certa pboación estable (sedentaria) xunto aos oasis.

        Algúns videos sobre o deserto da serie da BBC, Planeta Terra.






        Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

        ACLARANDO COUSAS

        Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

        Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
        para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

        DEIXÁRONSE CAER