domingo, 29 de mayo de 2016

OBRADOIRO DIDÁCTICO: O SEGREDO DOS FRANCISCANOS.

Imaxe: fonte

O pasado venres 27 de maio, un grupo de alumnas e alumnos de 2º de ESO tivo a oportunidade de participar dun obradoiro didáctico como continuidade ao proxecto sobre o Ourense medieval realizadoao longo deste curso escolar.






O Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) organiza "Os segredos dos franciscanos", unha actividade didáctica deseñada a partir da exposición temporal "O legado de Asís" que recomendanos visitar antes de que a retiren.

Fonte da imaxe: AHPOu

O obxectivo desta actividade foi o de potenciar e reforzar o coñecemento do patrimonio ourensán, e dun xeito activo e participativo profundar no legado dunha das ordes mendicantes asentadas na cidade a mediados do s.XIII como son os franciscanos.




Neste percorrido, o alumnado descubriu numerosos aspectos do legado dos franciscanos e clarisas na provincia (Allariz, Monterrei, Ourense, Ribadavia e Trandeiras). Pretendemos que a través do coñecemento sintan o patrimonio e o poñan en valor, elas e eles son os mellores embaixadores para a difusión presente e futura do enorme potencial que atesoura a nosa cidade en particular e a provincia en xeral.

Fonte da imaxe: AHPOu

Este obradoiro consiste nunha representación teatralizada, coidada e rigorosa en canto aos contidos históricos, que a través de dous personaxes de ficción – Xoana a Lavandeira e frei Xan o Farrapeiro, arquiveiro e procurador franciscano – consiguen captar dende o primeiro minuto a atención do alumado.




Ao longo dunha hora e media achegámonos ás instalacións do propio AHPOu, praza do Trigo, praza do Correxidor, rúa da Estrela e claustro do Convento de San Francisco.











A valoración é moi positiva tanto pola atención recibida, o rigor dos datos manexados emoi especialmente porque conseguíu espertar esa emoción necesaria no alumnado para que a aprendizaxe se poida producir. Unha actividade diferente, lonxe das tradicionais e tediosas, atractiva, con toques de humor ben inseridos na trama da historia, cercana aos propios intereses do alumnado e consguindo introducir nas súas cabezas unha información que debido ao formato do obradoiro ten grandes probabilidades de converterse en conñecemento.



Agradecemos ao director do AHPOu, en representación do persoal do arquivo, a invitación realizada e o trato recibido. Grazas.

Pero o reto continúa, non hai máis que ollar con atención a imaxe aérea e fixarse nese baleiro con forma de cruz latina. Haberá que tirar dirección "Campo da Feira" e procurar solucionar o enigma que nos plantexaron neste intereante obradoiro.


miércoles, 24 de febrero de 2016

ALICERCES: EVOLUCIÓN URBANA DE OURENSE DO s.XVI AO s.XX

O luns 22 e martes 23 de febreiro, o alumnado de 2º de ESO achegouse ata a sala de Afundación na Praza do Campo (Praza Maior) para complementar o proxecto "Abrindo Portas 16" coa visita á exposición Alicerces: evolución urbana de Ourense do s.XVI ao s.XX.




"Por medio da documentación custodiada nos diferentes arquivos de Galicia e de pezas representativas dese momento, mostrase a evolución da cidade de Ourense neses cinco séculos. Completa a exposición un vídeo coa evolución urbana e recreacións en 3D de edificios que forman parte do que se coñece como arquitectura de papel e doutros xa desaparecidos."




Unha vez traballamos na aula sobre o Ourense medieval, tivemos un punto de partida para comprender mellor o crecemento da nosa cidade ao longo dos séculos e achegarnos a esta visita-taller cuns coñecementos previos que axudaron a comprender mellor esta evolución urbana.

domingo, 24 de enero de 2016

SOBRE O OURENSE MEDIEVAL


Un dos obxectivos estratéxicos do Centro é o de fomentar a participación activa das familias, vinculándoas na vida colexial a través da súa colaboración na xornada escolar.

Fonte da imaxe: enlace


Avelino Rodríguez González, xestor cultural do Museo Arqueolóxico de Ourense e pai dun alumno do noso Centro, quen recentemente vén de publicar no anexo 34 do Boletín Auriense unha investigación sobre a Casa do Concello de Ourense, accedeu a colaborar connosco.


O seminario de Ciencias Sociais, pola súa banda, contempla fortalecer o coñecemento do ámbito local para todas as etapas educativas. Isto é un dos obxectivos prioritarios do noso proxecto "Abrindo Portas 2016": coñecer o Ourense medieval.



Nesta ocasión, o alumnado de 2º de ESO participou nunha charla para profundar nesas claves do Ourense como cidade medieval que nos achegou Avelino. Lanzou moitos interrogantes para a reflexión. É o Ourense medieval unha cidade pequena e agraria? Sen dúbida, os alumnos e alumnas non esquecerán as claves que nos axudaron a comprender mellor a cidade que habitamos. Agradecemos a Avelino o tempo adicado e as súas ensinanzas.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

ACLARANDO COUSAS

Iste espazo pretende ser un lugar de aportación e intercambio de experiencias amáis dunha proposta motivadora de integración das tecnoloxías ás clases de ciencias sociais, dentro e fóra do centro educativo. Desexo que este punto de encontro virtual sexa enriquecedor e motivante para a vosa -e a miña - formación.

Tódala información, imaxes, enlaces ou contidos neste blog teñen única e exclusivamente unha intencionalidade didáctica cuxa función é meramente educativa. No caso de que calquera persoa considere que se vulneran os seus dereitos de autor pódese dirixir ao autor do blog na seguinte dirección csjguede@gmail.com
para solicitar a retirada de inmediato do material que considere da súa propiedade intelectual.

DEIXÁRONSE CAER